Skip to Content

Premios 2008-2009

CERTAME DE RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO

QUEN SON AS ESTRELAS?

Julia Novoa Vázquez (San Clodio-Quiroga, 1942), sobriña dun "emigrante" do interior que chegou a Burela para traballar na fábrica dos alemáns (lavadeiro de caolín). Ao parente foille ben e despois "tirou" para traer a familia. Julia Novoa, viúva de Melitón García Trobo, vinculado á abertura da vía do tren da costa. Costureira primeiro e quiosqueira despois. Mai de cinco fillas; avoa de cinco netas. Entre elas, Tania Menéndez García, autora de Ben merecido o tiñan, relato co que conseguiu o segundo premio do Certame Trapero Pardo, do Concello de Lugo.

 

Carmen López Conde (Trabada, 1915). Agricultora, esposa de zapateiro. Mai de dúas fillas e bisavoa de catro netos, entre eles Pablo Luís Santomé Izquierdo, autor de Memorias dunha bisavoa, relato co que gañou o terceiro premio no mesmo certame.

 

Julia e Carmen teñen algo en común: son persoas con grande sensibilidade e prodixiosa memoria. Teñen moitas e ricas vivencias... e saben transmitilas. Como os seus neta e bisneto escriben como os anxos, a colaboración dá resultados extraordinarios. Felizmente, ambas poden comprobalo, pois gozan de boa saúde.

 
máis información:
presenza na prensa:

CONCURSO DE MICRORELATOS SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

O microrelato "Cadencia auténtica" de Lucía Barrera, acadou o segundo premio do concurso de microrelatos sobre a violencia de xénero que convocou o Concello de Burela co galo da celebración  do día internacional contra este tipo de violencia.
 
presenza na prensa:

CONCURSO DE CONTOS. ASOCIACIÓN CULTURAL LEDICIA

Cristian Pernas e Antía Yañez ganaron o concurso de contos organizado pola Asociación Cultural Ledicia.

 

presenza na prensa:

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA 2007-2008

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, consciente da importancia de recoñecer e valorar publicamente os comportamentos excepcionais dos alumnos e alumnas dos niveis da educación básica, de seguir avanzando na consecución dunha igualdade de oportunidades efectiva, e de procurar un ensino comprensivo e integrador, convocou segundo a orde 17 de abril de 2008, (DOG do 24 de abril) os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria correspondentes ao curso 2007-2008.

Una vez resoltos os premios, e publicados no DOG, entre os premiados e premiadas, atópase unha alumna do IES PERDOURO, Antía Saá del Río.

O acto de entrega de premios tivo lugar o pasado 12 de decembro, no salón de actos do Conservatorio de Música Profesional de Santiago

A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, trasladou os seus parabéns aos 30 alumnos e alumnas galardoados nos Premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) correspondentes ao curso 2007-2008, que a Administración educativa galega convocou por primeira vez este ano. O acto, que se celebrou no Conservatorio Profesional de Música de Santiago, tamén contou coa participación do director xeral de Caixanova, José Luís Pego Alonso, así como do secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Benito Fernández Rodríguez, e da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Mª José Pérez Mariño.

Laura Sánchez Piñón subliñou que estes galardóns constitúen un “recoñecemento ás mellores traxectorias e talentos nesta etapa educativa, tendo en conta que tanto o bacharelato coma a FP e a universidade contan con premios equivalentes desde hai tempo”. Así, o obxectivo destes premios é dar recoñecemento público ao esforzo e dedicación do alumnado desta etapa educativa, reforzar aqueles aspectos que inciden na mellora do sistema educativo e xuntar excelencia con equidade, igualdade de oportunidades e posibilidades de desenvolvemento persoal.

Ao mesmo tempo, a máxima responsable do departamento educativo galego felicitou aos directores e profesorado dos centros aos que pertencen os alumnos premiados, así como ás súas familias. Ademais, Sánchez Piñón salientou que “a educación posobrigatoria precisa de exemplos e modelos” como o destes alumnos “para que todos os que o desexen continúen os estudos unha vez rematada a ESO”. Neste senso, a conselleira afirmou que “co tesón e a ilusión que amosades, estou convencida de que Galicia será quen de conseguir ese 85% de alumnado que remate con éxito a educación posobrigatoria, unha porcentaxe que nos marca a Unión Europea como obxectivo común”.

A convocatoria consta de dúas modalidades. A primeira, dotada de 10 premios extraordinarios ao esforzo e superación persoal, diríxese ao alumnado que demostrou ao longo desta etapa a súa constancia e capacidade para superar as especiais condicións de desvantaxe persoal, familiar ou social. A segunda consta de 20 galardóns, e premia o rendemento académico, polo que se destina ao alumnado que teña destacado pola excelencia dos seus resultados académicos ao longo da educación secundaria obrigatoria.

Os estudantes premiados recibiron un diploma acreditativo, un ordenador portátil e unha impresora multifunción. Esta actividade finánciase a través dun convenio subscrito entre a Xunta de Galicia e Caixanova para a colaboración educativa na etapa de educación secundaria obrigatoria.

Os requisitos para optar a estes premios foron cursar durante o 2007-2008 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade galega; estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria obrigatoria; e estar proposto polo centro escolar.

máis información:

presenza na prensa:

noticias relacionadas:

 

PREMIO NO CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA

Jonatan Díaz Murados e Juan Cancela González Moirón alumnos do Ciclo Medio de Equipos Electrónicos de Consumo acadaron o primeiro premio no Concurso Galego de Robótica na categoría de Bacharelatos e Ciclos Formativos de Formación Provisional.

O concurso celebrouse en Lugo, dentro da Semana da Ciencia, entre os días 17 e 21 de novembro, organizado por IGACIENCIA (Institución Galega de Ciencia).

  O acto de entrega de premios tivo lugar o día 22 de novembro ás 12:00 horas, no Centro de Educación do Parque infantil de Tráfico, e estivo presidido pola concelleira de Educación de Lugo, Dolores Vieiro, e o Presidente de IGACIENCIA, Manuel Díaz Regueiro.

Presenza na prensa:

NOVO PREMIO EN INNOVACIÓN

A Xunta de Galicia premiou de novo o proxecto de innovación educativa do IES Perdouro.

A Consellería de Educación premiou por terceira vez consecutiva o IES Perdouro pola súa innovación educativa. O noso centro, como outros oito de toda a comunidade, recibirá 2.000 euros para desenvolver a proposta elaborada por un grupo de traballo formado por 40 profesores e profesoras.

A iniciativa premiada pola Xunta ten como finalidade completar o Arquivo Documental de Burela e avaliar o grao de influencia da intervención educativa que, centrada no conxunto da localidade, deseñou o Seminario de Lingua e Literatura Galegas.

O proxecto, iniciado durante o curso 2005-06, foi premiado por vez primeira en novembro de 2006 e recibiu tamén o recoñecemento da Consellería de Educación nas edicións de 2007 e 2008.

A Consellería de Educación premiou tamén os proxectos en materia de innovación presentados polos institutos Félix Muriel (Rianxo), Rodeira (Cangas), As Bizocas (O Grove), A Sangriña (A Guarda); os colexios de Aguiño (Ribeira) e Figueroa (A Estrada); e a Escola de Idiomas de Ferrol. Todos

eles foron xa cumprimentados pola coordinadora do Equipo de Traballo de Innovación, en representación do equipo directivo e da comunidade educativa do IES Perdouro.

Máis información en: http://elprogreso.galiciae.com/nova/17038.html

Distribuir contido


by Dr. Radut