|
EL ÚLTIMO MUERTO
Fernando Alalana
Editorial Bambú
978-84-8343-114-6
|
Han pasado los años y Fermín Escartín, el peculiar y desastroso detective privado, se enfrenta al que posiblemente sea el último caso de su carrera: una doble investigación que se inicia con un crimen espeluznante, continúa con un misterio inexplicable, nos devuelve a algunos personajes de casos anteriores y podría desembocar en su propia muerte. Un viaje divertido y aterrador que nos va a trasladar desde lo más profundo de los Monegros a la Suiza de las cuentas millonarias. |
|
EL PALACIO DE LA NOCHE ETERNA
José María Latorre
Ediciones Alfaguara
978 84 204 0072 3
|
Tras una prolongada estancia en Suráfrica, los Mortimer vuelven a ocupar su antiguo y destartalado palacio en las afueras de Kensfield... Poco después, una serie de extraños y horribles sucesos comienza a alterar la quietud de la apacible ciudad británica: en el cementerio, las sepulturas más recientes han sido profanadas y los cuerpos que en ellas reposaban han desaparecido... Desconcertada, la policía se muestra incapaz de ofrecer una explicación convincente. Sólo el joven Christopher Travers, ayudado por sus amigos, será capaz de enfrentarse a un peligro real que, sin embargo, no tiene nada de humano. Espoleada por claustrofóbicos escenarios y misteriosos personajes magistralmente descritos, la narración avanza, sin treguas ni fisuras, hacia un desenlace no menos sorprendente. |
|
Llamando a las puertas del cielo
Jordi Serra i Fabra
Editorial Edebé
84-236-8072-X |
Silvia, estudiante de Medicina, marcha a la India para trabajar como cooperante durante el verano en un hospital ubicado en un recóndito lugar lejos del mundo. Siguiendo su instinto y su corazón, una decisión que cambiará su vida y su forma de pensar. |
|
Marica Campo
Ilustración: Noemí López Vázquez
EditoriaL Alfaguara Obradoiro
Santiago, 2009
978-84-8224-891-2
|
Un rapaz de 13 anos, Xoel, que apenas ten vida fóra da PSP e da rede. O misterio de Merlo Branco. Paco e Carme, uns pais demasiado atarefados. Eunice, a moza brasileira pola que suspira o protagonista. Daniel, Fabio e Sara, os outros amigos que secundarán as andainas de Xoel. Don Santiago, o avó que constrúe un motoveleiro e vive os remorsos dunha gran mentira. Estes e outros personaxes ao servizo dunha novela que mantén o interese e a intriga ata o final. Entretido e interesante. |
|
Nassima á sombra dos talibán
Merçé Rivas Torres
Traducción: Mercedes Pacheco Vázquez
Ilustracións: María Lires
Editorial Ir Indo
84-7680-360-5
|
Nassima é unha nena de dez anos, nacida no Afganistán dos talibán, que decide vivir unha apaixonante aventura antes de verse obrigada a fuxir do seu país, envolta nunha alfombra do xeito que lle propón o seu pai.
O seu amigo Mohamed será quen a acompañe nesta historia dos nosos días, arriscada e valente.
|
|
MORNING STAR
Xosé Miranda
Ed. Xerais
978-84-8302-330-3 |
O alumnado de 4º lemos un libro de Xosé Miranda Morning Star. É esta unha novela de aventuras que trata dun rapaz, Lourenzo Tasende, que vive cos seus pais nunha taberna cerca de Pontevedra, illado case por completo da sociedade, sen saber ler e tendo que atender o negocio familiar. Un día chega á súa casa para quedar Lázaro Rivadulla, antigo amigo de seu pai que lle descobre parte do seu pasado, e dende entón a súa vida cambia por completo; a nai ponse enferma e morre, e tras este suceso o pai retorna a formar parte dunha gavela na que participara na súa xuventude e que toma como centro de operacións a taberna da Disputa. Pouco a pouco Lourenzo vaise involucrando máis e máis neste grupo ata participar nalgún dos seus asaltos, e ao mesmo tempo vai descubrindo que o obxectivo principal da gavela é un tesouro pirata que supostamente está enterrado nesa zona e que o enfronta a outra gavela.
Queres saber máis???? Hai tamén unha rapaza que ….............................................
|
|
DÉIXAO MEDRAR
Silvestre Gómez Xurxo Ilustracións: Creus Dalgá
Xerais
Colección Merlín
84-8302-520-5
|
Paio ten catorce anos e é moi bo xogando ao fútbol. As persoas que están ao seu carón manteñen diferentes formas de pensar: o seu pai cre que pode chegar ata o máis alto e facerse rico e famoso; súa nai, o mesmo que Suso -o adestrador do equipo- desexa que Paio xogue e se divirta sen pensar en condicionantes extradeportivos. E ademais está Ana, a rapaza coa que anda a vivir unha tenra e emotiva historia de amor, de quen o raparigo non ten ningún interese en separarse. O conflito xorde cando un equipo 'dos grandes' se interesa seriamente pola súa fichaxe. |
|
USHA
María Reimóndez
Editorial Xerais
Colección Merlín
84-9782-442-3
|
Uxía, Usha para os amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega que acompañaba á súa nai, membro dunha ONG, remora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepark, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela.
Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa luz do amencer. Nunca o esquecerá.
|
|
O CHÁPIRO VERDE
Marilar Aleixandre
Anaya
Colección Sopa de libros
84-8302-917-7
|
Fa, a protagonista desta historia, invoca sen querer a un chápiro verde que sae de súpeto do seu bote de lapis e vese envolta nunha aventura. Este ser fantástico ten a capacidade de conceder desexos e a Fa, que ten problemas na escola por ser zurda e polo seu "estraño" nome, ocórreselle a idea de pedir non ter que ir a clase durante dous meses.Finalmente, aconsellada polo chápiro, a rapaza cambia este desexo polo reto de ir na busca do lagarto de dous rabos á Fraga das Eiroas.
Para resolver o enigma conta coa axuda de tres obxectos cotiáns: un lapis, unha agulla de coser e un pano de man. Gracias ao seu enxeño e á colaboración doutros personaxes que vai atopando no camiño -a nai do xigante chosco da Casa do Rueiro Pequeno ou o Cabalo Boligán que fala en zig-zag- e que complican a trama, Fa resolve o enigma que dominaba a vida na fraga, libera ao lagarto e o resto de personaxes sen soños atrapados no Pazo dos Apagos e vence o malvado Devorador de Soños. Á vez consegue aceptar as súas peculiaridades persoais substituíndo o seu devezo de cambiar pola aceptación de si mesma.
|
|
O XEGREDO DA PEDRA FIGUEIRA
Mª Xosé Queizán
Xerais
Colección Fóra de xogo
84-7507-884-2
|
Lazo, unha rapaza de doce anos, emprende viaxe coa súa tribo dos Amala dende a illa de Rocasul cara o Sur. No barco, a avoa Sensatanai cóntalle a historia dos terroríficos Lurpios que botaron a tribo da illa de Tule. Na perigosa travesía avistan a caverna dos Tesouros, na costa da Morte, coñece as mulleres da Illa Lobeira e chegan por fin a Findasol, onde acoden peregrinos de todo o mundo para ver morrer o sol no mar. Camiñando polo monte, Lazo atopa un día tres pedras que darán paso ao Segredo da Pedra Figueira.
|
|
AS LÁGRIMAS DE SHIVA
César Mallorquí
Rodeira
Colección Periscopio
84-8116-870-X
|
En certa ocasión, hai disto xa moito tempo, vin unha pantasma. Si, un espectro, unha aparición, un espírito; podemos chamalo como queiramos, o caso é que o vin. Ocorreu o mesmo ano en que o home chegou á Lúa, a pesar de que houbo momentos nos que pasei moito medo, esta historia non é o que poderiamos chamar unha novela de terror. Todo comezou cun enigma: o misterio dun obxecto moi valioso que estivo perdido durante sete décadas. |
|
DIARIO CRUZADO DE XOÁN E XOANA
Ana Magalhães e Isabel Alçada
Alfaguara/Obradoiro
84-8224-650-X
|
Xoán está horrorizado co verán que lle espera. Ademais de romper coa súa moza, ten que ir un mes con seus pais, nun intento máis de reconciliación con eles, ao que cre o lugar máis aburrido do planeta.
Xoana está de vacacións con seus pais nun lugar paradisíaco, peros séntese mal. Neste ambiente idílico descobre novos problemas.
Xoán e Xoana coñécense dende sempre, teñen unha relación moi profunda e o costume de se contaren todo un ao outro. Nas vacacións de verán, sepáranse pero manteñen a conversa a distancia. E a conversa vólvese interesantísima porque os dous viven experiencias fortes.
|
|
COMETAS EN EL CIELO
Khaled Hosseini
Publicaciónes y Ediciones Salamandra S.A.
978-84-7888-885-
|
Sobre el telón de fondo de un Afganistán respetuoso de sus ricas tradiciones ancestrales, la vida en Kabul durante el invierno de 1975 se desarrolla con toda la intensidad, la pujanza y el colorido de una ciudad confiada en su futuro e ignorante de que se avecina uno de los periodos más cruentos y tenebrosos que han padecido los milenarios pueblos que la habitan. Cometas en el cielo es la conmovedora historia de dos padres y dos hijos, de su amistad y de cómola casualidad puede convertirse en hito inesperado de nuestro destino. Obsesionado por demostrarle a su padre que ya es todo un hombre, Amir se propone ganar la competición anual de cometas de la forma que sea, incluso a costa de su inseparable Hassan, un hazara de clase inferior que ha sido su sirviente y compañero de juegos desde la más tierna infancia. A pesar del fuerte vínculo que los une, después de tantos años de haberse defendido mutuamente de todos los peligros imaginables, Amir se aprovecha de la fidelidad sin límites de su amigo y comete una traición que los separará de forma definitiva. Así, con apenas doce años, el joven Amir recordará durante toda su vida aquellos días en los que perdió uno de los tesoros más preciados del hombre: la amistad. |
|
UN MARCIANO NESTE MUNDO
Conchi Regueiro
Editorial Baía
Colección Meiga Moura
ISBN: 84-96128-76-8
|
Nerea, a protagonista desta novela, é unha moza superdotada que, xunto a situacións propias da súa idade: amizade, familia, solidariedade, namoramento e desengano, vive emocionantes e perigosas peripecias a través de viaxes no tempo para rescatar da morte a un familiar desaparecido no ano 1936 e situalo nun mundo, o actual, en completa contradición co que estaba vivindo.
|
|
O NENO DO PIXAMA DE RAIAS
Jhon Boyne, Tradución: Daniel Saavedra
Editorial Faktoría K
Colección Narrativa K
978-84-9695-720-6
|
A pedimento do autor, non podemos contarche o miolo deste libro.
Porén, queremos avisarte de que lerás a historia dun neno de nove anos, que se atopará cun aramado. No mundo hai milleiros de aramado coma este. Agardamos que ti nunca te atopes con ningún e que, se o fas, teñas forza para librarte del.
|