Skip to Content

Que está acontecendo?

AUGUSTIN FERNÁNDEZ PAZ REXEITA O PREMIO DA CULTURA GALEGA DAS LETRAS

 
Augustín Fernández Paz rexeita o Premio Cultura Galega das Letras logo da serlle outorgado. Acóllese aos motivos de Prolingua para argumentar a súa negativa a aceptar o galargón:
 
  Ante a convocatoria da Consellería de Cultura e Turismo dos «Premios da Cultura Galega», manifestamos que nin a actual Xunta nin o seu Presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, e polo tanto contra o marco xurídico e fronte ao consenso que posibilitou a súa presenza pública, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega.
 

 
 
 
Coñecer máis sobre os premios outorgados no Xornal.com

BIBLIOTECA - PRESENTACIÓN

III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia

  Karina Parga e Mª José Andión participaron este pasado fin de semana (29 e 30 de outubro) os III Encontros de Bibliotecas Escolares que se celebraron en Santiago no Pazo de Congresos.

Variación sobre a lectura

No seguinte espazo Moodle, podedes acceder como convidato a toda a información e presentación dos ponentes.

 

MALETA VIAXEIRA ESPECIAL BANDA DESEÑADA

A MALETA VIAXEIRA XA ESTÁ CONNOSCO!
 
 
Os alumnos/as de 2º da ESO do IES PERDOURO son os/as encargados/as, durante todo o mes de novembro, de mostrar o contido da maleta viaxeira, unha estupenda selección de cómics, a todos os seus/súas compañeiros/as.

Achégate ao noso quiosco sobre rodas; estamos no patio, na hora do recreo, todos os días dende o pasado xoves ata finais deste mes.
 
Agardamos a túa visita!
 
 

ACTO DE INAUGURACIÓN DE BIBLIOPERDOURO - LUIS RAMILO MACHADO

Hoxe, 25 de outubro, damos por inaugurado a nosa biblioteca, BiblioPerdouro. Contamos coa persoa e compañeiro e membro do equipo de biblioteca, Luís Ramilo (docente do Departamento de Imaxe Persoal) que nos presentou o seu libro  Soños chuchados en apreixos furtados.

 
Soños chuchados en apreixos furtados on PhotoPeach

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES - 24 DE OUTUBRO

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES - 24 DE OUTUBRO
A Consellería de Educación leva xa dous anos difundindo aos centros o cartel que potencia a biblioteca como un espazo educativo cheo de recursos e oportunidades para toda a comunidade escolar. Marina Seoane, ilustradora madrileña pero xa asentada en Galicia, foi a encargada de realizar o cartel deste ano 2010, ano do libro.

"Biblioteca Escolar: Un mundo de oportunidades" é o lema deste ano. Preténdese resaltar o importante papel que acadaron as bibliotecas escolares e o traballo dos profesionais implicados nesta tarefa.

A biblioteca é un medio facilitador da aprendizaxe porque nos permite acceder a múltiples recursos, de coñecer o traballo de persoas diversas e tamén de dar a coñecer o noso: unha canle colaborativa e desinteresada, UN MUNDO DE OPORTUNIDADES á nosa disposición.

Para inaugurar as actividades de BiblioPerdouro, este luns 25 de outubro, contamos coa persoa e compañeiro, Luís Ramilo (docente de Imaxe Persoal) , que nos deleitou coa compañía do seu Pregoeiro e coa maxía do seu libro Soños chuchados en apreixos furtados.

Ademais deste acto de inauguración, imos preparar unha exposición de recomendacións de libros que nos deixaron pegadas.
 
 
 

Maruxía nº 16 estrea novo formato

 

 Maruxía 16

                                                     

O pasado venres 18 de xuño, na biblioteca, Juan Sama, director do IES Perdouro, Miruca Parga, coordinadora do EDNL, Antón Niñe, presidente da Asociación Os Matos, e os alumnos, Yaiza Pernas e Daniel Otero de 1º de bacharelato presentaron a revista Maruxía nº 16.

Esta publicación,  editada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e pola Asociación Cultural “Os Matos”, ten periodicidade anual e recolle traballos e actividades realizados no centro durante o curso académico. Nesta ocasión, a revista estrea formato e conta tamén cun novo equipo de redacción e maquetación formado por alumnado de 1º de Bacharelato. Este ano eles foron os principais responsables da elaboración da revista.

Esta publicación,  editada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e pola Asociación Cultural “Os Matos”, ten periodicidade anual e recolle traballos e actividades realizados no centro durante o curso académico. Nesta ocasión, a revista estrea formato e conta tamén cun novo equipo de redacción e maquetación formado por alumnado de 1º de Bacharelato. Este ano eles foron os principais responsables da elaboración da revista.

 

Revista Maruxía en PDF aquí.

 

Ademais disto, entregaronse os premios do concurso de poesía, relatos e imaxes convocado anualmente no IES Perdouro pola Asociación Cultural “Os Matos”. As obras gañadoras aparecen publicadas no número de Maruxía deste curso e os premiados recibiron un diploma e uns agasallos.

 
"IV Concurso de Poesía e Relatos Curtos"   - Tema "Burela: a súa diversidade social e cultural"
Poesía:
 

Na categoría ESO:

  • 1º Premio: Leo Cayo Mescco (1º ESO)
  • 2º Premio: Tamara Soto Rodríguez (1º ESO)

Na categoría Bacharelato e Ciclos Formativos:

  • 1º Premio: José Casas Pernas (1º Bacharelato)
  • 2º Premio: Laura Claro Tellado (1º Bacharelato)
  • Mención de Honra: Lucía Barrera López (2º Bacharelato)
Relatos Curtos:  

Na categoría 1º e 2º ESO:

  • 1º Premio: Gabriel Bermúdez Álvares (1º ESO)
  • 2º Premio: Andrea Rega Villarejo (1º ESO)

Na categoría Bacharelato e Ciclos Formativos:

  • 1º Premio: Laura Ramos Cuba (1º Bacharelato)
  • 2º Premio: María Santiago Cañizal (1º Bacharelato)

Na categoría 3º e 4º ESO:

  • 1º Premio: Gorety Pérez Díaz (4º ESO)
  • 2º Premio: Laura Trelles Díaz (4º ESO)
 
"II Concurso de Imaxes"  

Na categoría ESO:

  • 1º Premio: Cristina Fernández Blanco (1º ESO)
  • 2º Premio: Xiana Fernández Díaz (1º ESO)
Na categoría Bacharelato e Ciclos Formativos:
  • 1º Premio: Iago Villarino Coto (2º Bacharelato)

   

IN MEMORIAM - JOSE SARAMAGO

 

Finou o Premio Nobel de Literatura, Jose Saramago, este pasado 18 de xuño, aos 87 anos na súa casa de Lanzarote.

Ímoste  botar moito de menos.

 

LETRAS GALEGAS 2010

LETRAS GALEGAS 2010

 

  Actividade realizada polo grupo de traballo da Biblioteca do CEIP Condesa de Fenosa do Barco  de Valdeorras coa que se pretende que nos acheguemos un pouco á vida e obra de Uxío Novoneyra, a quen se lle adican as Letras Galegas deste ano 2010.

Ademais podedes ver estos 2 vídeos didácticos sobre a figura de Uxío Novoneyra elaborado polo CPI dos Dices (Rois) e o CPI da Baña.

 

 

 

 

 

Aquí tedes unha webquest sobre Uxío Novoneyra realizada pola biblioteca do CEIP de Andrade.

Na seguinte ligazón, atoparedes actividades elaboradas por varias bibliotecas escolares de Galicia. Aquí.

23 DE ABRIL, DIA DO LIBRO

 
 
 A elección do día 23 de abril como día do libro e do dereito de autor, procede da coincidencia da morte dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616, aun que realmente non fose no mesmo día, debido a que a data de Shakespeare corresponde ao calendario xuliano, que sería o 3 de maio do calendario gregoriano e que Cervantes moreu o 22, sendo enterrado o 23. 

 

 

2 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

 

 

O IBBY leva promovendo dende 1965 a celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil o 2 de abril, día en que conmemoramos o nacemento do escritor danés de contos clásicos, Hans Christian Andersen.

 

Con motivo de achegar os valores da lectura á infancia de todo o planeta, cada ano elaboran un cartel cunha mensaxe deseñado por un escritor e un ilustrador do pais onde se celebra o Congreso Internacional IBBY. Este ano tocoulle a España e celebrarase en Santiago de Compostela. Baixo o lema Un libro espera por ti, búscao!, o encargado da mensaxe foi o escritor Eliecer Cansino e a encargada da ilustración, Noemí Villamuza.

 

Podedes ler o tríptico premendo aquí nas catro linguas oficiais.

 

Na páxina da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) hai actividades programadas para esta celebración.

No Segrel atoparedes os carteis dos últimos anos e os seus textos correspondentes. Paga a pena botarlles un ollo!

 

27 DE MARZO, DÍA DO TEATRO

Cada 27 de marzo, dende 1961, o International Theatre Institute celebra o Día Mundial do Teatro e cada ano encarga a mensaxe conmemorativa da xornada a unha personalidade vencellada ao mundo teatral. A autora da mensaxe no presente ano é a actriz Judi Dench, moi popular no Reino Unido polos seus traballos en teatro, cine e televisión. Esta é a súa mensaxe:

O Día Mundial do Teatro é unha oportunidade para celebrar o teatro dun milleiro de formas.

O teatro é unha fonte de entretemento e inspiración, e ten a habilidade de unificar as diversas culturas e ás xentes de todo o mundo. Pero o teatro é moito máis que iso e tamén brinda oportunidades para educar e informar.

O teatro represéntase en todo o mundo e non sempre nos escenarios tradicionais. As representacións poden suceder nun pequeno pobo de África, nunha montaña en Armenia ou nunha pequena illa do Pacífico. Todo o que necesita é un lugar e un público.

O teatro ten a habilidade de facernos sorrir, de facernos chorar, pero tamén debería facernos pensar e reflexionar.

O teatro xorde a partir do traballo en grupo. Os actores son as persoas que se ven, pero hai un gran número de persoas ás que non se ve. Son tan importantes como os actores e as súas variadas e especializadas habilidades fan que unha produción sexa posible. Tamén deberían compartir os triunfos e os éxitos que poidan lograrse.

O 27 de marzo é oficialmente o Día Mundial do Teatro. Por moitos motivos todos os días deberían ser considerados días do teatro, porque temos a responsabilidade de continuar a tradición de entreter, de educar e de iluminar as nosas audiencias, sen as que non existiriamos.
 
 
 

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

Celebrando o día da Poesía

 

Dende o ano 2001, a UNESCO decretou o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía, co obxetivo de soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e para preservar este xénero literario, fortalecendo o diálogo entre a poesía e outras formas de arte, como a música, a pintura e o teatro.

Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, na súa mensaxe para o Día Mundial da Poesía 2010, dicho: «A diversidade poética bríndanos outra maneira de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquer punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa libertade, é a nosa humanidade. Mediante ao acceso á poética do mundo enteiro os rapaces poden dispor dun vector máis, diferente, sutil e fluido para mellorar o seu coñecemento e comprensión do outro».

Para ler a súa declaración prema aqui.

 

 

 

15 DE MARZO, DÍA DO CONSUMIDOR

Distribuir contido


by Dr. Radut