Skip to Content

Que está acontecendo?

Saída literaria de 3º de ESO: Quixote e Manuel María

Con galo do cuarto centenario da publicación da Segunda Parte do Quixote como do falecemento do Fénix das letras castelás, o alumnado de 3º de ESO viaxou o 22 de febreiro ata Santiago para asistir no teatro principal á representación das obras La española inglesa e Las dos doncellas das Novelas ejemplares de Miguel de Cervante, dúas historias protagonizadas por mulleres. As vivencias que Cervantes acumulou na súa vida reflíctense aquí nun despregue de localizacións e de belas historias relacionadas con elas. Guía didáctica.
 
Xa pola tarde, o alumnado foi visitar a Casa Museo de Manuel María, en Outeiro de Rei, para coñecer a vida e obra do autor homenaxeado das Letras Galegas deste ano.

A actividade foi organizada conxuntamente polo departamento de Lingua Castelá e Lingua Galega.

Acto de presentación de "Nefelibata" de Maka Ledo na biblioteca do IES Perdouro

Esta mañá tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro a presentación do primeiro libro da nosa alumna de 2º de Bach. Macarena Ledo Vázquez. Abriu o acto o director, Santiago Pérez. A continuación tomou a palabra Mónica Filgueira Formoso, artista ourensá, quen fixo a portada do libro "Nefelibata". Logo, Macarena Ledo explicou o significado de "Nefelibata"...... Seguir lendo no blogue de Perdourando.
Quedaron moitas cousas por contar máis xa sabemos que o vindeiro venres 26 de febreiro ás 20h15 na libraría Nobel de Burela, Maka Ledo presentará novamente ao público "Nefelibata".

Maka Ledo presenta "Nefelibata", o seu primeiro libro.

A biblioteca do IES Perdouro acollerá mañá venres, día 12 de febreiro ás 11h, a presentación do libro Nefelibata da nosa alumna, Macarena Ledo Vázquez. No acto de presentación contaremos ademaís coa presenza da artista ourensá, Mónica Filgueira Formoso, ilustradora da portada. Esperámosvos!!
 
.

Alumnado de 4º de ESO visitan a rotativa do Progreso e a Casa museo de Manuel María.

O martes, día 27 de outubro, o alumnado de 4º ESO viaxou ata Lugo para visitar a rotativa do xornal O Progreso de Lugo.

Xa pola tarde, os alumnos achegaronse ata a Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei, para coñecer a vida e obra do autor homenaxeado das Letras Galegas 2016.

A actividade foi organizada conxuntamente polo departamento de Relixión e o EDLG. Ver a completa reportaxe fotográfica no blogue de Perdourando.

Entrega de premio dos certames da A.C. Os Matos

O pasado venres 12 de xuño,  entregáronse na biblioteca do IES Perdouro os premios do IX Concurso de relato curto e do VII Concurso de imaxe convocados anualmente pola Asociación Cultural "Os Matos" cuxo lema foi “Xogos e xoguetes”.

Na modalidade de relato curto, as composicións gañadoras foron “Xogos e xoguetes” de Marta Porto Rodríguez (4º ESO B) como primeiro premio e “O neno e os xogos do xogueteiro” de Pablo García Cobas (4º ESO A) como segundo premio.

Na modalidade de imaxe, as obras gañadoras foron "A praia dos recordos” de Sara López Alvariño (1º Bach. A) como primeiro premio e "Escapada da infancia” de Lourdes López Pérez  (1º Bach. B) como segundo premio.

.. Ver fotografía no blogue de Perdourando.

Acto de presentación de Maruxía nº21

A asociación cultural Os Matos do IES Perdouro de Burela presentou o nº 21 da publicación Maruxía
 

Noa Expósito e Eva Pernas, alumnas de 1º de Bacharelato e no nome dos seus compañeiros de clase, foron as encargadas de introducir o labor do alumnado no acto de presentación do número 21 da revista escolar Maruxía da Asociación Cultural Os Matos do IES Perdouro.

Un ano máis, os principais responsables da elaboración dos contidos da revista foron alumnos de ESO, de bacharelato e docentes do centro. Este ano contouse cunha colaboración moi especial: Luis Ramilo, exprofesor do centro, foi o responsable da portada. Miruca Parga, coordinadora do EDLG, traballou co seu alumnado de 1º de bacharelato de Tecnoloxía da Información e da Comunicación na maquetación e elaboración da revista de publicación anual que recolle algunhas das moitas actividades realizadas no centro durante o curso académico.

 
 
Revista Maruxía en PDF aquí.

Acto presentación Maruxía nº 21

O vindeiro venres 12 de xuño no recreo, os alumnos/as de 1º de Bach. TIC liderado pola súa profesora Miruca Parga, convídannos a achegarnos ata a biblioteca para asistir ao acto de presentación do novo número da revista escolar dos Matos. Desvelarannos os contidos do nº 21 asi como os momentos gratificantes deste traballo colaborativo. Maruxía 21 recolle unha moi pequena mostra de todas e tantas actividades que se celebraron e desenvolveron durante este viguroso ano académico mais aí permanecerán plasmadas para o recordo algunhas delas.
 
Ademais farase entrega dos premios dos concursos de relato curto e imaxe da A. C. Os Matos coa temática deste ano "Xogos e Xoguetes".

12 de maio, Día Escolar das Matemáticas

E se queres aprender matemáticas xogando e divertíndote, pásate pola biblioteca do centro. Temos libros divulgativos, divertidos, curiosos, (xogos, trucos de maxia, etc...), biografías e lindas historias noveladas en torno aos números e outras enigmas. Gustaranche!!

“Xogando coas Matemáticas” é o lema do XVI Día Escolar das Matemáticas.


Para celebrar o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas, a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), organiza unha feira matemática no Hall de Proa de Palexco na Coruña, o vindeiro 16 de maio de 2015.

 

 

Feliz Día Do Libro!!!

Bo Día  do Libro !!!!

 

Novidades na biblioteca

Velaquí as últimas adquisións da biblioteca respondendo a demanda dos nosos lectores. Boa lectura!!

 

Premio Literario Minerva 2015

Xoel Xeada Xeada, alumno de 2º de Bach. recibe un accésit nos Premios Minerva na modalidade de Poesía. 

Parabéns Xoel!!!

Novidades Lecturas - Banda Deseñada

Entrega de Premios do Concurso da A. C. Os Matos

Os premios do VIII Concurso de relatos curtos, poesía e debuxo convocado anualmente pola Asociación Cultural Os Matos cuxo lema nesta ocasión foi “As plantas da nosa paisaxe” foron entregados este venres 13 de xuño na biblioteca do IES Perdouro. O presidente da A.C. Os Matos, Antón Niñe;  a coordinadora do EDLG, Miruca Parga, e o director, Santiago Pérez, entregaron os diplomas e uns agasallos aos premiados. As obras gañadoras están publicadas na revista escolar.
 
Ver reportaxe fotográfica no blogue de Perdourando.
 
 

Presentación Maruxía nº 20

A asociación cultural Os Matos, do IES Perdouro de Burela, presentou o nº 20 da publicación Maruxía
 

María Prieto Casares, alumna de 1º de Bacharelato e no nome dos seus compañeiros de clase, foi a encargada de  introducir o labor do alumnado no acto de presentación do número 20 da revista escolar Maruxía da Asociación Cultural Os Matos do IES Perdouro. Asistiron ao acto Santiago Pérez Docobo, director do centro educativo; Antón Niñe, Presidente da A.C. Os Matos e Miruca Parga, coordinadora do EDLG. Un ano máis, os principais responsables da elaboración dos contidos da revista foron alumnos de ESO, de bacharelato e docentes do centro. Miruca Parga traballou co seu alumnado de 1º de bacharelato de Tecnoloxía da Información e da Comunicación na maquetación da revista. Despois de 20 anos de publicación continuada en papel,  a revista escolar dos Matos segue recollendo unha mostra das actividades e traballos realizados no centro durante o curso académico.

Ver reportaxe fotográfica no blogue de Perdourando.
 
Revista Maruxía en PDF aquí.

Acto de presentación do nº 20 da revista escolar "Maruxía 20"

O vindeiro venres 13 de xuño no recreo, os alumnos/as de 1º de Bach. TIC liderado pola súa profesora Miruca Parga, convídannos a achegarnos ata a biblioteca para asistir ao acto de presentación do novo número da revista escolar dos Matos. Desvelarannos os contidos do nº 20 asi como os momentos gratificantes deste traballo colaborativo. Maruxía 20 recolle unha moi pequena mostra de todas e tantas actividades que se celebraron e desenvolveron durante este viguroso ano académico mais aí permanecerán plasmadas para o recordo algunhas delas.
 
Ademais farase entrega dos premios dos concursos de poesía, relato curto e imaxe da A. C. Os Matos coa temática deste ano "As plantas da nosa paisaxe".
Distribuir contido


by Dr. Radut