Skip to Content

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES - 24 DE OUTUBRO

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES - 24 DE OUTUBRO
A Consellería de Educación leva xa dous anos difundindo aos centros o cartel que potencia a biblioteca como un espazo educativo cheo de recursos e oportunidades para toda a comunidade escolar. Marina Seoane, ilustradora madrileña pero xa asentada en Galicia, foi a encargada de realizar o cartel deste ano 2010, ano do libro.

"Biblioteca Escolar: Un mundo de oportunidades" é o lema deste ano. Preténdese resaltar o importante papel que acadaron as bibliotecas escolares e o traballo dos profesionais implicados nesta tarefa.

A biblioteca é un medio facilitador da aprendizaxe porque nos permite acceder a múltiples recursos, de coñecer o traballo de persoas diversas e tamén de dar a coñecer o noso: unha canle colaborativa e desinteresada, UN MUNDO DE OPORTUNIDADES á nosa disposición.

Para inaugurar as actividades de BiblioPerdouro, este luns 25 de outubro, contamos coa persoa e compañeiro, Luís Ramilo (docente de Imaxe Persoal) , que nos deleitou coa compañía do seu Pregoeiro e coa maxía do seu libro Soños chuchados en apreixos furtados.

Ademais deste acto de inauguración, imos preparar unha exposición de recomendacións de libros que nos deixaron pegadas.
 
 
 


page | by Dr. Radut