Skip to Content

Curso 2013-2014

Crónica da conferencia de Vicente Peña Saavedra por María Prieto - 1º Bach B

Crónica de María Prieto - 1º Bach B
 
O venres 31 de xaneiro, na casa do concello de Burela, o alumnado de 4º de ESO e 1º BAC do IES PERDOURO acudimos á presentación da exposición Luces de alén mar.  O encargado de explicarnos o seu contido e significado foi Vicente Peña Saavedra, que nos achegou un chisco máis ao seu traballo sobre as achegas dos emigrantes americanos para a educación galega.

Seguir lendo en Perdourando...

San Xoán Bosco - Finais 2014


Os Campionatos de San Xoán Bosco, organizados pola A.C. “Os Matos”, é unha das actividades anuais do I.E.S. Perdouro. Durante o mes de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de E.S.O. participou en diversas modalidades lúdicas e deportivas, que remataron o luns 3 de febreiro.

Os participantes puxeron ilusión e gañas nas distintas  modalidades que se ofertaban:
  •     Individuais:  Xadrez e Damas;
  •     Parellas: Construcción de Puzzles;
  •     Grupos: Baloncesto e fútbol sala.
As primeiras eliminatorias, e as finais individuais e de parellas, desenvolvéronse nas instalacións do centro durante os recreos, ata o día 31 de xaneiro. As finais de grupos disputáronse no pavillón polideportivo dos institutos o día 3 de febreiro pola tarde, rematando a xornada cunha sesión de aerobic na que participou todo o alumnado.

Da organización e coordinación dos Campionatos encargáronse as profesoras de Educación Física e o profesor de Relixión, contando co apoio do Equipo Directivo do Instituto.

Os vencedores das distintas modalidades, que recibiron as súas correspondentes medallas, son:

  • Xadrez: Artai Fernández (1º ESO A)
  • Damas: Enrique Cortiñas (2º ESO A)
  • Puzzles: María Basanta e Laura Fernández (1º ESO A)
  • Baloncesto Feminino: Equipo de 2º ESO  (Floricia, Iria, Telma, Mirella, Antía, Ana, Sara e Katia)
  • Baloncesto Masculino: Equipo de 2º ESO B (Andrés, Alberto, Pablo, Christian e Jordane)
  • Fútbol Sala Feminino: Equipo de 1º ESO A/B (Claudia, Laura, Antía, Lucía, Andrea R, Tania e Andrea S.)
  • Fútbol Sala Masculino: Equipo 1º ESO A (Cleiton, Edmilson, Aarón, Jairo, Edilson e Adilson).  

Acto de inauguración Exposición Luces de Alén Mar

Venres, 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de Burela tivo lugar a inauguración da Exposición “Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia”, promovida polo Consello da Cultura Galega. 

A iniciativa de traer esta mostra a Burela partiu da Asociación Cultural “Os Matos”, con motivo de celebrar este mes de febreiro os 20 anos da súa creación. O I.E.S. Perdouro, que neste curso escolar conmemora o XXXV Aniversario, apoiou a idea, e o Concello de Burela presta a súa colaboración nesta Exposición, onde se fai referencia á antiga escola da vila.

 A Exposición “Luces de Alén Mar – As escolas de americanos en Galicia”, que estará aberta durante o mes de febreiro, consta de 41 paneis con información e fotografías sobre a vida das escolas promovidas polos emigrantes galegos en América. Está dividida en 15 apartados: 1) Os piares humanos do éxodo (con imaxes de emigrantes embarcados rumbo á América); 2) Pioneiros: a filantropía docente dos indianos galegos (facendo referencia a persoas vinculadas á Mariña de Lugo: Pedro Murias, Manuel Candia López, Manuel Seara Martínez...); 3) Asociacionismo e intrución en destino: do prealbar á actualidade; 4) Cos ollos na Terra. O compromiso colectivo nacente.  Panorama do ensino en Galicia; 5) Xénese e floración das sociedades microterritoriais; 6) Semente educativa para tempos novos; 7) As raiolas alumean a aldea; 8) Templos de saber (mencionando escolas da nosa comarca); 9) Enxoval, programas e textos; 10) O día a día nas clases; 11) Algo máis que centros escolares; 12) Voces e reaccións coetáneas; 13) Polo ben público e do Estado; 14) Actualidades e porvires; 15) Final sen fin: as derivas dun patrimonio comunitario. 

Como complemento aos paneis informativos tamén se poderá ver  enxoval relacionado coas escolas dos anos 1920-1950, cedido polo MUPEGA (pupitres, tinteiros, mapas, libros...) 

Temos que agradecer a colaboración das persoas e institucións que colaboran coa mostra e, dun xeito especial, ao alumnado e profesorado do I.E.S. Perdouro que cede material escolar utilizado polos nosos avós na súa etapa escolar (pizarra individual, libros, revistas da emigración...), así como novas de prensa relacionadas con escolas da Mariña. 

Acto de inauguración Exposición Luces de Alén Mar

Venres 31 de xaneiro ás 13h00-  Acto de Inauguración

Animación á lectura

Para todo o alumnado,  profesorado  e persoal do centro que se anime.

A Mariña Emprende

A Mariña Emprende

Tal como se recolle na nota de prensa da Consellería, hoxe asistimos á presentación de A Mariña emprende , proxecto que forma parte do plan Eduemprende. 

Cultura e Educación, a Fundación Alcoa e El Progreso impulsan o emprendemento na Mariña lucense cun programa específico para favorecer a empregabilidade do alumnado

‘A Mariña Emprende’ desenvolverase en 8 centros educativos de Xove, Cervo, Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo; e incluirá accións de sensibilización e formación dirixidas a docentes e estudantes

O obxectivo é estimular o espírito emprendedor entre os estudantes do último ciclo de ESO, Bacharelato e FP como forma de favorecer a súa empregabilidade e de favorecer a responsabilidade e a autonomía persoal.

Máis información na web de FP EduEmprende.

A Mariña Emprende

A Mariña Emprende

Tal como se recolle na nota de prensa da Consellería, hoxe asistimos á presentación de A Mariña emprende , proxecto que forma parte do plan Eduemprende. 

Cultura e Educación, a Fundación Alcoa e El Progreso impulsan o emprendemento na Mariña lucense cun programa específico para favorecer a empregabilidade do alumnado

‘A Mariña Emprende’ desenvolverase en 8 centros educativos de Xove, Cervo, Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo; e incluirá accións de sensibilización e formación dirixidas a docentes e estudantes

O obxectivo é estimular o espírito emprendedor entre os estudantes do último ciclo de ESO, Bacharelato e FP como forma de favorecer a súa empregabilidade e de favorecer a responsabilidade e a autonomía persoal.

Máis información na web de FP EduEmprende.

Come con Cunqueiro

Presentación do novo espazo web, Come con Cunqueiro, resultado dun traballo universitario dun grupo de novos xornalistas, entre os cales se encontra Ángel Vizoso, ex- alumno noso.

"Come con Cunqueiro é o resultado do traballo de oito estudantes de xornalismo, mais tamén é o resultado da amabilidade de todas as persoas que colaboraron desinteresadamente para levar a esta plataforma parte da gastronomía galega."

Podedes seguilos polas redes sociais:

Burela Xoga Recíclase - Proxecto interdisciplinar 2013-2014

BurelaXogaRecíclase

Non deixedes de botarlle unha ollada ao blogue do proxecto interdisciplinar do Perdouro. Neste primeiro trimestre traballaron moito. Mais agora toca empezar o xogoooo!!!

Desexámolles unhas felices festas e un próspero ano novo 2014!

Capitanía marítima de Burela: as súas funcións

O 20 de decembro o I.E.S. Perdouro recibiu a visita de Fernando Otero Alonso, Coordinador de Inspección e Seguridade Marítima na Capitanía Marítima de Burela. 
O acto, organizado pola  A.C. “Os Matos”, consistiu  nunha charla dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, que seguiu con interese a intervención de Fernando Otero. 

Seguir lendo en Perdourando.

Alumnos de 3º de ESO facendo o Camiño Norte - Lourenzá

Un grupo de alumnos de 3º de ESO viaxou este xoves, día 19 de decembro, ata Lourenzá para coñecer o Mosteiro de San Salvador e percorrer un tramo do Camiño Norte acompañados polo seu profesor de Relixión, Antón Niñe, e a súa profesora de Ciencias Sociais, Maribel Crecente. Fixádevos na seguinte reportaxe fotográfica canto aprenderon!

Seguir lendo en Perdourando

Chévere: I'll be watching you: a construción do xénero a través da música comercial

A pasado 16 de decembro, alumnos de 2º, 3º e 4º ESO asistiron á representación da obra de teatro con perspectiva de xénero: I’LL BE WATCHING YOU (hei estar vixiándote) do grupo Chévere. Trátase dun proxecto pedagóxico, teatral, lúdico e musical que analiza os roles de xénero que transmiten as cancións de temática amorosa da música comercial de consumo masivo.

Seguir lendo en Perdourando.

Alumnos de 1º de Bach visitan a Fundación TIC en Lugo

O día 13 de Decembro os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato fixeron unha visita á Fundación TIC de Lugo. Antes da visita a fundación, realizamos unha visita a biblioteca intercentros do campus de Lugo, onde os alumnos poideron comprobar in situ o funcionamento da mesma, localizando libros das distintas titulacións e orientandose a través de planos para poder encontralos.

Seguir lendo en Perdourando

A nosa particular árbore de Nadal

Este curso, Mª Xosé Andión, coordinadora do proxecto interdisciplinar BurelaXogaRecíclase ideou facer unha árbore de nadal con OVEIRAS !!!

Un reto moi complicado mais convertido en realidade grazas a axuda de todos vós, alumnos e profesores...

E aí o resultado final.

Noraboa a tod@s!

Seguir lendo en Perdourando......
Distribuir contido


by Dr. Radut