Skip to Content

2º trimestre

Visita ao campus de Lugo da USC

11/02/2016
Europe/Madrid

Alumnos de 1º e 2º de BAC do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes desplazanse ao campus de Lugo da USC para recibir información de primeira man sobre a oferta educativa da USC na nosa vila.

Xornadas "Na procura da dimensión internacional da educación" - 2ª Xornada

02/02/2016
Europe/Madrid

Os martes 26 de xaneiro e 2 de febreiro de 17:00 a 18:30 hh., no salón de actos do centro vanse celebrar unhas xornadas sobre a dimensión internacional da educación nas que docentes do IES, participantes en actividades de formación no estranxeiro financiadas pola Xunta de Galicia e a Unión Europea a través do programa Erasmus+, expoñerán  o resultado da súa experiencia.

As xornadas son de acceso libre  e están dirixidas a todos aqueles interesados na perspectiva internacional da labor educativa.

Xornadas "Na procura da dimensión internacional da educación" - 1ª Xornada

26/01/2016
Europe/Madrid

Os martes 26 de xaneiro e 2 de febreiro de 17:00 a 18:30 hh., no salón de actos do centro vanse celebrar unhas xornadas sobre a dimensión internacional da educación nas que docentes do IES, participantes en actividades de formación no estranxeiro financiadas pola Xunta de Galicia e a Unión Europea a través do programa Erasmus+, expoñerán  o resultado da súa experiencia.

As xornadas son de acceso libre  e están dirixidas a todos aqueles interesados na perspectiva internacional da labor educativa.

Abaixo podedes atopar as presentacións utilizadas durante a xornada.

 

Visita á catedral de Lugo

20/01/2016
Europe/Madrid

O alumnado de 2º de bacharelato visitará a catedral de Lugo dentro da actividade, Itinerarios histórico-artísticos 2015-2016.

Obradoiro de bacterioloxía

19/01/2016
Europe/Madrid

O alumnado de Cultura Científica de 1º de bacharelato asistirá a un obradoiro de bacterioloxía na Casa das Ciencias - Domus de A Coruña.

Viaxe a Djakovo (Croacia)

28/02/2016
05/03/2016
Europe/Madrid

Viaxe a Djakovo (Croacia) con alumnado de 4º da ESO no desenvolvemento do proxecto europeo Erasmus+ "Working in Europe - Skills for success".

Conferencia “O inglés como lingua franca da ciencia”

12/01/2016 10:15
Europe/Madrid

Actividade organizada polos departamentos de Inglés e Orientación, dentro do programa “A Ponte da USC”, dirixida a 1º bacharelato.

 

Conferencia a cargo do profesor Javier Fernández Polo.

Conferencia “Nuevos materiales” Programa “A Ponte” USC

11/01/2016 12:35
Europe/Madrid

Actividade dos departametos de Física e Química e Orientación dirixido a alumnado de 1º bacharelato.

Viaxe "Iniciación ao esquí - 2016" e "Semana Blanca 2016"

24/01/2016
29/01/2016
Europe/Madrid

O departamento de Educación Física do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes organiza a actividade de “Iniciación ao Esquí”, dirixido a alumnado de 3º da ESO e a "Semana Blanca 2016" dirixida a alumnos do ciclo TSAFD.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut