Visita a SOGAMA

Na visita a SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente), organizada polos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química, o alumnado de 4ºESO e 1º Bacharelato do IES de Monte da Vila realizou diferentes actividades.

En primeiro lugar, asistiron a unha charla informativa na que se lles explicou polo miudo cal é a actividade da empresa e cal é o funcionamento das súas instalacións.

A continuación, mediante xogos educativos intentaron motivar ao alumnado para a adopción de boas prácticas en relación coa separación en orixen dos residuos e o seu depósito nos distintos contedores existentes para a súa recollida selectiva e posterior reciclaxe.

Xa por último, co emprego dunhas gafas de realidade virtual puideron realizar un percorrido virtual por todas as instacións co que se pretende concienciar e sensibilizar sobre o consumo responsable e a reducción da producción de residuos.

E para finalizar a visita, o alumnado realizou unha visita por todo o complexo (en autobús) observando de primeira man como se realizan algunas das fases do proceso de separado e reciclado do lixo nas súas instalacións.

 

    

 

   

 

AdxuntoTamaño
Imagensogama4.jpg65.4 KB
Imagensogama3.jpg353.57 KB
Imagensogama2.jpg134.05 KB
Imagensogama1.jpg356.5 KB