Calendario fin de curso
As clases rematan o martes 22 de xuño no seu horario habitual.
ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS
As calificacións serán enviadas por abalar o día 23 de xuño.
A entrega de boletíns realizarase seguindo o seguinte horario:
- 2º bacharelato - 23 de xuño ás 12:00 h. na aula de referencia.
- Resto dos niveis - 24 de xuño ás 10:00 h. na aula de referencia.
Importante: Non haberá servizo de transporte.
O alumnado debe estar pendente os días previos ao remate das clases das instrucións que dea o profesorado titor e outros profesores e profesoras sobre a devolución de libros de texto e outros materiais, xa que algúns libros son do fondo, outros dos departamentos e outros da ANPA.
CALENDARIO DE MATRÍCULA
O día de recollida de notas entregarase ao alumnado que titule ou promocione (aprobe todas as materias) en xuño o sobre de matrícula e matricularase por niveis nas datas que figuran a continuación, para evitar aglomeracións no centro:
1 de xullo | 1º ESO |
2 de xullo | 2º ESO |
5 de xullo | 3º ESO |
6 de xullo | 4º ESO |
7 de xullo | 1º BACHARELATO |
8 de xullo | 2º BACHARELATO |
No caso de ter algún impedimento para acudir os días asignados, contacten co centro para ver cando poden facelo