Como cambia o significado das palabras

O venres 22 de xaneiro tivemos a charla con Xulio César Ponte, da USC.

Foi unha charla na que se mostrou a evolución das palabras.

Nun primeiro momento resumiunos un traballo de filólogo, posto que a investigación neste campo non está tan recoñecida como a nivel científico; aínda que non ten menos valor.

Un exemplo da mostra da funcionalidade da investigación filolóxica son as aplicacións que manexamos a diario, tales como tradutores, correctores de texto...

A evolución das palabras pode ser pola forma, polo significado; mediante metáforas, metonimias... Foi unha charla moi amena e que se pasou de maneira moi rápida. Ao alumnado resultoulle atractiva á par que útil, posto que están traballando con estes temas na aula.