O Programa A Ponte no IES Monte da Vila

Os días 23, 24 e 29 do pasado mes de xaneiro recibimos a visita de varios poñentes da Universidade de Santiago de Compostela que, dentro do programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, prepararon charlas para o noso alumnado de bacharelato: 

  • Angel Antonio Vizoso García explicoulle ao alumnado de 2º de Bacharelato métodos para confrontar a enorme cantidade de información que recibimos no día a día, distinguir as noticias enganosas das verdadeiras, e como verificar os datos que aparecen nos medios, cuestións todas elas de grande importancia para o día a día. Insistiu precisamente na necesidade de formación da xeración do alumnado, como nativos dixitais, para trasladar este tipo de coñecementos ás familias.   
  • Belén Méndez Naya explicoulle ao alumnado de 1º de Bacharelato os diferentes cambios que se teñen producido na lingua inglesa, empezando por unha breve introdución histórica e logo centrándose máis nos cambios recentes, que na súa maior parte veñen da man da xente nova e dos adolescentes, e comparándoos cos cambios que tamén se están a producir nas nosas linguas nai. A esta primeira parte, en inglés, seguiulle un debate con interesantes cuestións do alumnado. De feito, a relatora transmitiunos os seus parabéns polo boa actitude do alumnado e polo interese amosado. 
  • Germán Vargas Callejas mostroulle ao alumnado de 1º de Bacharelato o modo, moitas veces fascinante, en que distintas linguas en contacto inflúen unhas nas outras, levando a unha evolución múltiple e ao enriquecemento das sociedades onde esta interacción ten lugar. As reflexións expostas invitaron á valoración da propia cultura e identidade, onde a lingua xoga un papel destacado. 

En conxunto, as charlas permitiron abordar cuestións de actualidade dende o prisma da universidade, achegando ao alumnado o tipo de cuestións e temáticas nas que, tal vez nun futuro próximo, poderían ser os seguintes expertos