Atlantis, a ciencia do mito

O pasado martes 21 tivemos connosco ao xornalista Emilio Varela, que presentou o seu proxecto “Atlantis: la ciencia del mito” ao alumnado de 4º de ESO. A través dunha abraiante viaxe que arrincou de cuestións sobre fauna e medio local, Emilio proseguiu con vulcanoloxía, arqueoloxía, historia, mitoloxía... nunha sesión na que desaparecían as barreiras entre coñecementos de ciencias ou letras, mostrando que o interese polo saber é universal.  O estímulo á curiosidade do alumnado e o ánimo para a investigación propia estiveron moi presentes.