Formación e orientación laboral

Formación e orientación laboral

Actividade de Blindaxe Sport

Este mércores 18 de novembro tivo lugar ás 9:00 unha charla dirixida a Ciclo Medio e Formación Profesional Básica sobre o emprendemento. O poñente, Simón Cabarcos, da empresa Blindaxe Sport S.L. [https://www.blindaxe.com] explicou como emprendeu dende os inicios ata hoxe.

Simón Cabarcos, foi futbolista e actualmente é emprendedor. Fundou a súa empresa adicada á fabricación de proteccións de fibra de carbono hai máis de 10 anos. A idea era innovadora: Facer proteccións cómodas de fibra de carbono que ata ese momento non facía ningunha empresa.

Coñecendo o mundo do deporte e o proceso de fabricación con fibra de carbono, logrou posicionarse no sector de xeito notable. Tanto é así, que a súa pequena empresa situada en As Pontes, surte a futbolistas de primeira división e deportistas ao redor de todo o mundo sendo unha referencia galega a nivel mundial.

Os estudantes tiveron oportunidade de preguntar, a través de videochamada co poñente, as súas inquedanzas tanto sobre a empresa, o funcionamento, fabricación e cuestións relacionadas co emprendemento.

A través de este caso de éxito, os estudantes puideron coñecer de primeira man aspectos importantes a ter en conta de cara a montar unha empresa.

A actividade foi organizada a través de eduemprende [http://www.edu.xunta.gal/fp/eduemprende].

A realización de actividades por videochamada ven a tratar de suplir as dificultades de organización das mesmas neste curso no contexto da pandemia do COVID19.

Proxectos e iniciativas emprendedoras

O xoves día 12 de xaneiro celebrouse unha charla que correu a cargo de BIC-Galicia sobre "Proxectos e iniciativas emprendedoras" organizada conxuntamente polos Departamentos de Economía e FOL.

Distribuir contido