Skip to Content
 

Normalización lingüística

A Xogadora

Vídeo elaborado polo alumnado de 2º de ESO de PEMAR no ámbito sociolingüístico durante o curso 2019-2020 (curso do coronavirus). Centrado en aspectos do mundo dos videoxogos e da educación para a igualdade.

A educación en Galicia: da Restauración á II República

Traballo elaborado no confinamento por coronavirus en colaboración co equipo da biblioteca do centro

Eu fáloa porque si

"Photocall" elaborado polo alumnado de 4º ESO do IES de Monelos na celebración do día de Rosalía.

Concurso 8 de marzo. Día da muller!

Organizado pola Biblioteca e o EDLG do IES Monelos



Xa está en marcha o I Encontro!

Encontro IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz) e IES Monelos (A Coruña)

 

Celebramos a Candeloria (entrega das cartas o luns 3 de febreiro)

Entregamos cartas para mostrar os afectos entre a comunidade educativa do Centro

 

Concurso de carteis día da paz

1. O concurso está organizado pola materia de Educación Plástica de 1º de ESO coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro. 

2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado nos valores da xustiza e da paz, implicándoos na resolución de conflitos de forma pacífica, partindo da súa realidade cotián e dos problemas de convivencia que existen no orde mundial. 
3. No concurso participará todo o alumnado de 1º de ESO. O traballo terá carácter obrigatorio dentro da área de Educación para a Cidadanía. 
4. A proba consistirá na elaboración dun cartel relacionado co tema do día da paz e da non violencia. 
5. Os carteis quedarán expostos nos corredores do instituto durante o mes de febreiro e marzo de 2020. 
6. O xurado estará formado por un representante dos departamentos de filosofía, lingua galega, educación plástica e visual; o representante do equipo de dinamización da lingua galega e vicedirección. 
7. Tamén haberá un xurado popular formado por todo o alumnado do centro. 
8. O venres 27 de marzo o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos carteis gañadores. 
9. O xurado popular votará ao longo de toda a semana (do luns 30 de marzo ao 3 de abril) polo cartel que considere mellor. 
10. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Por outro lado o xurado popular (alumnado) concederá un único premio ao máis votado. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 30 € • O segundo premio dun vale de 20 € • Un agasallo por parte do xurado popular.

Celebramos a Candeloria (2 de febreiro): día dos afectos

O día 2 de febreiro (que este 2020 cae en domingo) celébrase o día da Candeloria. Véntase a primavera e casan os paxariños a altura desta data. Cando a candeloria chora, medio inverno vai fóra; e que chore ou que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar. Velaí o refraneiro vizoso do país aplicándolle sabedoría ao inicio deste mes de febreiro. Máis alén da pegada relixiosa que o paso dos séculos lle impuxo a este día coa beizón das candeas a usar na Semana Santa seguinte, a tradición galega ofrece para este xornada outras fermosas implicacións. O feito de sentírense no aire os primeiros abrollos do que axiña será a primavera outórgalle outro simbolismo, do mesmo xeito que acostuma a dicirse que é o tempo do casamento dos paxariños e que, de Candeloria en diante, ningunha ave voa soa e ate onde a memoria da xente chega, fálase deste día como a festa da luz. O poeta Luís Amado Carballo escribiu: Na catedral do abrente/oxe casan’os paxaros,/con nubens de neve e ouro/está o ceo galanado (...)

O luns 3 de febreiro o ENDLG do IES Monelos pretende celebrar este día.

Para iso pensamos en que podiades enviar unha mensaxe por escrito nunha carta de afecto a un d@s compañeir@s de clase ou do centro que teñades en estima, amistade...

Na semana do 27 ao 31 de xaneiro podedes entregar a carta (escrita en galego) a un membro do Equipo de Dinamización que se encargará de depositala nun buzón ao longo desta semana.

No sobre poñeredes o nome e apelidos do destinatario e o curso. O luns 3 de febreiro entregaráselle a carta.

Distribuir contido


by Dr. Radut