Skip to Content
 

Normalización lingüística

Concerto de Zënzar no IES Monelos

 O 2 de novembro algúns membros do grupo Zënzar actuarán na aula de música do centro para o alumnado de 3º de ESO C

Convocatoria de constitución do EDLG do IES Monelos (2021-2022)


 

15 de outubro: día das escritoras

 Concurso exposición elaborado pola biblioteca en colaboración co EDLG do IES Monelos

Camiño do Corgo 2020//2021

 A revista do EDLG do IES Monelos


 

Hoxe poño a miña lingua!

Xa chega o verán e non sei que poñer.

Que poñerei hoxe? Hoxe poño a miña lingua!

Presentámosvos este proxecto interdisciplinar coordinado polo EDLG do IES Monelos e no que participan os Departamentos de Inglés, Lingua Galega e Tecnoloxía, coa colaboración de Vicedirección. Moitos dos alumnos e profesores deste centro usan camisetas e suadoiros con frases escritas en inglés e pensamos…

Que tal se lle damos unha volta a isto e vemos como soarían estas frases na nosa lingua, o galego? Ou mellor…

Que tal soarían nas linguas autonómicas, catalán, éuscaro e galego?

E se usamos a moda para poñer en valor as nosas linguas autóctonas?

Así que nos puxemos mans á obra para facer un proxecto no que integrar esta industria coas linguas e este é o resultado. Contamos coa participación do alumnado do IES Monelos que aportou as camisetas e participou na tradución dos textos ao galego e tamén co alumnado do IES Urbi de Basauri (Biscaia) e do IES Son Rullan de Palma de Mallorca (Baleares), que participaron nas traducións ao éuscaro e catalán respectivamente. Ademais tivemos a colaboración de Teo, na súa primeira tarefa escolar.

Pasa o rato polo collage para ver o resultado do traballo. Quedarás abraiado!

Este proxecto non rematou…ten outra fase máis da que vos iremos informando.

Grazas a todas e todos por participar!

Camiño Solidario

 3º ESO de PMAR remata o seu camiño solidario en Santiago. O realiza o 26 de maio de 2021 despois dun curso cheo de tarefas e cousas aprendidas.

 

Proxecto Terra: excursión a Allariz (21-05-2021)

 Ecoespazo O Rexo

Vila de Allariz

 Santa Mariña de Augas Santas

 
Castro de Armea

Entrega de premio gañadores concurso "Hai debate"

Marco Castro Fontela (1º bac C) Campión do concurso "Hai debate"
 

Nerea Lema Pailos (1º bac A) Subcampiona

 

Entrega de premios gañadores concurso "Galego con Ciencia"

 

Amalia García Blanco (2º ESO A) 1º premio da modalidade 1º e 2º da ESO

 María Rodríguez Blanco (2º ESO A) 2º premio da modalidade 1º e 2º da ESO

Laura Mato de la Iglesia (1º bac. B) 1º premio da modalidade de Bacharelato
 

Distribuir contido


by Dr. Radut