Nesta 2ª sesión, o alumnado que participa neste proxecto comezou a acción! Que ganas tiñamos!
Despois de facer un breve repaso do tratado na sesión anterior, nesta ocasión Cristina de la Torre quixo introducir ao alumnado no mundo audiovisual:
- Coñeceron a importancia do escenario, da luz, do enfoque, do son, etc.
- Tamén recibiron pautas imprescindibles para facer unha boa entrevista.
Cando tiveron todo a punto, comezaron a parte práctica do obradoiro entrevistando a dous dos nosos profesores de Formación Profesional, da rama de Electricidade: Cristina Rey e Manuel Vázquez, que responderon ás súas cuestións colaborando así co noso proxecto. A rapazada desenvolveuse de marabilla, coas preguntas que prepararon previamente, pero tamén traballaron a improvisación a partir das respostas que lle ían dando Cristina e Manuel. Moi bo traballo xornalístico e audiovisual.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes:
Unha gran xornada!