Skip to Content

3 ESO





3º ESO. TECNOLOXÍAS

Indice de contidos:

Unidade 1. Plásticos

Unidade 2. Materiais de construción

Unidade 3. Mecanismos e máquinas

Unidade 4. Electricidade

Unidade 5. Enerxía

Unidade 6. Deseño gráfico con computador

Unidade 7. A folla de cálculo

Unidade 8. Redes informáticas: Internet

Unidade 9. Internet e comunicación

 






Materiais e recursos didácticos: 

Libro de Tecnoloxías 3ºESO, de Ed.Anaya.





Avaliación e cualificación:

A cualificación do alumnado será continuada ó longo do curso, xa que o proceso de ensino - aprendizaxe en tecnoloxía é o bastante interactivo como para que nos poidamos dar unha idea precisa de cada alumno e alumna así como de cada grupo. Avaliaranse e valoraranse os tres tipos de contidos, actitudinais, conceptuais e procedimentais.

► No relativo a o cómo e cándo avaliar, as ferramentas a utilizar son:

a) Observación na clase: Comportamento, participación, actitude e traballo persoal.

b) Caderno e documentos elaborados polos alumnos e alumnas: A través destes elementos pódese avaliar directamente unha serie de datos importantes, como a expresión gráfica e escrita, a orde, a limpeza, a capacidade para elaborar documentos técnicos sinxelos, o uso das distintas fontes de información, etc.

c) Probas e exercicios escritos: As aprendizaxes que se pretenden facer pódense afianzar mediante a realización de exercicios escritos, probas orais, manexo do ordenador e comprobación do uso correcto dos instrumentos de medida.

d) Proxectos técnicos e traballo de aula-taller: Respecto polas normas de seguridade, comportamento e convivencia, traballo persoal e de grupo, actitude e interese.

► No relativo á cuantificación de cada un dos aspectos da programación na avaliación o criterio a seguir será:

a) Probas escritas, cadernos e documentos relativos ós contidos teóricos da programación: 40%
b) Probas escritas e traballo de aula relacionados cos contidos de informática: 30%
c) Proxectos técnicos e traballo de aula-taller: 30%

Cabe destacar que a nota media da asignatura non será nunca superior a 4 si a cualificación nalgún destes apartados non chegara a 3.

 




 

Mínimos esixibles: 

 

  • Plásticos. Obtención. Clasificación.
  • Operadores mecánicos: pancas, poleas e polipastos. Plano inclinado, cuña e parafuso. Elementos e función.
  • Mecanismos de transmisión. Engrenaxes, correas e cadeas. O parafuso sen fin. Trens de mecanismos. Relación de transmisión. Resolución de problemas simples.
  • Mecanismos de transformación de movementos: mecanismo piñón-cremalleira. O mecanismo biela-manivela. O mecanismo leva-seguidor. Excéntrica e cigüeñal.
  • As máquinas térmicas. A máquina de vapor.
  • O motor de explosión.
  • O circuíto eléctrico: voltaxe, intensidade e resistencia. Potencia e enerxía eléctrica.
  • Resolución de circuítos sinxelos (en serie, paralelo e mixto).
  • Illantes, conductores e semiconductores.
  • Características da corrente alterna.
  • Compoñentes electrónicos básicos: resistencia, condensador, díodo e transistor.
  • O transistor. Símbolo. Funcionamento.
  • Identificación dos distintos compoñentes electrónicos, función e símbolo.
  • Realización de cálculos de intensidade, voltaxe, potencia e enerxía, en circuítos de corrente continua.
  • Realización de montaxes elementais usando resistencias, condensadores, díodos e transistores a partir dun esquema determinado.
  • Realización de medidas de tensión, de intensidade e de resistencias, nas montaxes realizadas comparando os resultados obtidos cos cálculos teóricos.
  • Significado de enerxía. Formas de enerxía, medición e unidades.
  • Fontes de enerxía. Clasificación segundo distintos criterios.
  • Centrais eléctricas, tipos e funcionamento. Vantaxes e desvantaxes de cada unha delas.
  • Mapas de puntos. Debuxos vectoriais.
  • Aplicacións para o tratamento de imaxes. Funcións básicas do GIMP.
  • Calidade das imaxes dixitais.
  • Formatos de arquivos gráficos.
  • Compresión de imaxes dixitais.
  • Manexo básico de QCad.
  • A folla de cálculo OpenOffice.org Calc. Formatos. Fórmulas e funcións. Gráficos.
  • Resolver problemas empregando follas de cálculo.
  • Correo electrónico, webmail. Arquivos adxuntos.
  • Descarga de arquivos via web.





 



book | by Dr. Radut