DIPLOMADOS EN APADRIÑAR ROSEIRAS
O alumnado de 2ºESO foi o protagonista da actividade:”Apadriña unha roseira” no xardín do Leiras.
Unha vez que se estableceu o compromiso de coidado, durante o resto do curso, das roseiras que se ían plantar no xardín do IES, os alumnos e alumnas, plantaron, regaron e abonaron as súas roseiras, coidándoas con tal entusiasmo e atención, que o profesorado que coordenou esta actividade tomou a decisión de recoñecer este traballo concedéndolle un diploma en recoñecemento ao seu compromiso e dedicación realizando esta actividade.
No último día de clase o director do centro entregou a un representante de cada clase cadanseu diploma, o que recibiron con grande ledicia.