Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Becas MEC ensinanzas post-obrigatorias 24-25

Acaba de saír publicada a convocatoria das becas  MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2024/25 dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias (BAC, FP grao básico, medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, ensinanzas artísticas profesionais e superiores, ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores e Universidades).

Achegamos un documento informativo elaborado pola sección de becas

 

Venres musicais - Música francesa (15-03-2024)

Programa dedicado á música francesa, para acompañar ao instituto Saint Marie les Champs de Toulouse, que se despediron xusto agora para voltar á súa terra.

Dirección: José Manuel e Xabi
Locutores: José Manuel e Xabi
Control: Xabi

Despedida Erasmus+ (14-03-2024)

O alumnado Erasmus+ despídese dos compañeiros franceses que nos viñeron visitar esta semana.

Dirección: Manuel
Locutores: alumnado Erasmus+ do Leiras e de Toulouse
Control: Xabi

Concerto recepción centro Lycée Sainte-Marie des Champs (11-03-2024)

Presentación Toulouse

Deixamos aquí a presentación que fixeron os alumnos e alumnas do Lycée Sainte Marie des Champs de Toulouse do seu centro educativo.

Día Internacional da Muller - 8 de marzo de 2024

Este ano, coa axuda de todos os departamentos, quixemos empapelar as portas das aulas do IES Leiras Pulpeiro con mensaxes e citas para enfatizar a importancia do feminismo hoxe en día (ver o adxunto).

Necesitamos educar en igualdade, crear espazos seguros libres de violencias machistas, onde as mulleres sexan o que queiran ser, ocupando espazos, sen medo a ser xulgadas e sen o mandato de ser perfectas. E con esta idea desde o Equipo de Igualdade formado por Rosalía Bernárdez, Doaae Ait Ai Ou, Inés Orozco, Noa Rodríguez, Marta Rodríguez, Estela Díaz, Jorge Vázquez e Iolanda Seoane, coordinado por Cristina Gómez, coa axuda inestimable de Xabi Díaz, a xenerosidade de Miguel Neira, Luisa Felpeto e María Cabo e moitas máis participantes, creamos un video que agardamos vos inspire tanto como a nós facelo, e animamos a que máis xente se apunte a vir os venres ás 11h á biblioteca para seguir proxectando un mundo libre de machismo. Agardámosvos! 

 

 

Venres musicais - Febreiro (08-03-2024)

Programa dedicado ao 8M, cunha selección de mulleres cantantes con letras reivindicativas.

Dirección: María Cabo
Locutores: Fran, Brais, Doaee, Ángeles (3º ESO), María, Xabi
Control: Xabi

XORNADA DE PRELANZAMENTO CANSAT 2024

Emocionante e intenso día o que viviron os equipos LASA e TecnoLeiras na Xornada de Prelanzamento Cansat 2024 na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Xunto con outros 23 grupos procedentes de 20 centros de toda Galicia, os estudantes do Leiras presentaron os seus proxectos CanSat nos que levan traballando con gran ilusión nos últimos meses, durante o seu tempo libre. Uns proxectos nos que non só están a aplicar e ampliar os seus coñecementos nas áreas STEM, senón que lles permiten adquirir toda unha serie de competencias, habilidades e destrezas que lles serán de gran proveito de cara a súa carreira profesional, que se augura prometedora.

 Foi unha xornada repleta de actividades que lles serviu para estreitar lazos con outros participantes, na que xurdiron novas ideas e sinerxias e na que, ademais, tiveron a oportunidade de asistir a catro interesantes relatorios:

  • Relatorio 1. Proxecto NOSA e MarumaSat: aventuras e experimentos na terra e na estratosfera. Raquel Veira do CPI O Cruce.
  • Relatorio 2. Como comunicar. Miguel Ángel Cajigal.
  • Relatorio 3. Cazadores de sondas. Manuel Gómez Martínez e Andrés Justo López. 
  • Relatorio 4. De Galicia ao espazo. UVigo SpaceLab. Estela Lima González e Andrés Justo López.

Agora toca seguir perfeccionando o CanSat de cara a xornada de lanzamento que se celebrará o 23 de abril.

A seguir traballando así de ben rapazada! 

 

 

Campionato Provincial de Orientación 2024 - Xogade

O mércores 28 de febreiro un grupo de alumnas e e alumnos do noso centro participou no Campionato Provincial de Orientación. Esta competición está incluída dentro do proxecto de Promoción de Vida Activa e Saudable (Proxecta +: Xogade) dirixido polo departamento de EF e no que participa o departamento de Relixión.

O noso instituto competiu con 54 alumnos/as acompañados por Miguel, Moncho e Luisa. A carreira tivo lugar no Parque da Milagrosa (Frigsa), cun mapa específico de orientación e catro percorridos distintos por categorías.

Compartimos unha estupenda xornada de deporte e convivencia e felicitamos a todo o noso alumnado pola súa actitude positiva, de esforzo e aprendizaxe. Seguimos mellorando ano a ano e cada vez sodes máis alumnos/as os que con concentración e persistencia rematades o percorrido sen erros.

Noraboa aos que ademáis acadaron resultados que lles permitiron estar nos primeiros postos das súas categorías. Amosamos a continuación a clasificación individual de todo o alumnado.

Mención especial para Sara Nogueras, Hugo Castro, Dani Fernández, Candela Costa, Noa Cupeiro, Iria Castro, Saúl García e Daniel Díaz polos podios acadados!!!

Achegamos no documento anexo as clasificacións e as fotos do evento.

Semana de Acollida Erasmus+

A semana do 10 ao 15 de marzo recibiremos a visita do alumnado do Lycée Sainte-Marie des Champs de Toulouse, que tan ben nos acolleu no mes de outubro deste mesmo curso escolar. O programa é o seguinte:

Domingo 10 de marzo: Recepción do alumnado e profesorado visitante.

Luns 11 de marzo:

  • Acto de benvida no Salón de Actos.
  • Actuación Musical.
  • Kahoot intercultural.
  • Asistencia ás clases.
  • Visita á cidade de Lugo pola tarde.

Martes 12 de marzo:

  • Proba de Orientación Deportiva.
  • Radio Leiras.
  • Visita o CEIP de Casás.

Mércores 13 de marzo:

  • Etapa Camiño de Santiago, Cebreiro-Triacastela

Xoves 14 de marzo:

  • Visita a Santiago de Compostela

Venres 15 de marzo:

  • Acto de despedida e entrega de diplomas

Con certeza será unha semana chea de emocións e aprendizaxes para o alumnado de 1º de BAC participante.

Distribuir contido


by Dr. Radut