Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Cansat

Somos noticia!

 Na recta final do proxecto, e como parte da labor de difusión que os equipos LASA e Tecno-Leiras están levando a cabo, esta semana saímos na prensa local para dar a coñecer o proxecto CanSat aos lucenses. Grazas á La Voz de Galicia e El Progreso por colaborar con nós!

Podedes ver as novas nos seguintes enlaces:

https://www.elprogreso.es/gl/articulo/lugo/ciencia-mais-refrescante/202404171746361748319.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/lugo/2024/04/17/br-construir-satelite-do-tamano-dunha-lata-refresco-niso-consiste-programa-europeo-participa-ies-leiras-pulpeiro/00031713372221223776649.htm

LOGOS GAÑADORES DO PROXECTO CANSAT

Xa temos os logos definitivos para cada un dos equipos do Proxecto CanSat:
 
- O logo do equipo LASA foi deseñado por Aitana Sofía Sastre de 3º ESO D.
 
- O logo para o equipo Tecno-Leiras foi deseñado por Noelia Mera, Carla Pérez, Derek Jain Pérez e Sergio Varela de 1º ESO D.

Moitas grazas a todos os/as participantes, os gañadores teredes unha pequena sorpresa nos vindeiros días.

Bo traballo!
 

 Logos

 

XORNADA DE PRELANZAMENTO CANSAT 2024

Emocionante e intenso día o que viviron os equipos LASA e TecnoLeiras na Xornada de Prelanzamento Cansat 2024 na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Xunto con outros 23 grupos procedentes de 20 centros de toda Galicia, os estudantes do Leiras presentaron os seus proxectos CanSat nos que levan traballando con gran ilusión nos últimos meses, durante o seu tempo libre. Uns proxectos nos que non só están a aplicar e ampliar os seus coñecementos nas áreas STEM, senón que lles permiten adquirir toda unha serie de competencias, habilidades e destrezas que lles serán de gran proveito de cara a súa carreira profesional, que se augura prometedora.

 Foi unha xornada repleta de actividades que lles serviu para estreitar lazos con outros participantes, na que xurdiron novas ideas e sinerxias e na que, ademais, tiveron a oportunidade de asistir a catro interesantes relatorios:

  • Relatorio 1. Proxecto NOSA e MarumaSat: aventuras e experimentos na terra e na estratosfera. Raquel Veira do CPI O Cruce.
  • Relatorio 2. Como comunicar. Miguel Ángel Cajigal.
  • Relatorio 3. Cazadores de sondas. Manuel Gómez Martínez e Andrés Justo López. 
  • Relatorio 4. De Galicia ao espazo. UVigo SpaceLab. Estela Lima González e Andrés Justo López.

Agora toca seguir perfeccionando o CanSat de cara a xornada de lanzamento que se celebrará o 23 de abril.

A seguir traballando así de ben rapazada! 

 

 

VOTA POLO TEU LOGOTIPO FAVORITO!

Se había algunha dúbida de que entre o alumnado do Leiras se atopaban auténticos artistas, aquí vos deixamos os logos propostos para o proxecto CanSat por parte dos rapaces e rapazas de Plástica de 1º e 3º da ESO. Grazas á profesora Marta Chao por esta excelente colaboración co proxecto.

Agora necesitamos que nos axudedes a elexir os dous mellores votando polo voso favorito no Instagram dos equipos LASA e TecnoLeiras.

https://www.instagram.com/lasacansat/

 https://www.instagram.com/tecnoleiras/

 

 

CONCURSO: O LOGOTIPO DO CANSAT 2024

Dende o proxecto CanSat estamos organizando un concurso para elixir un logotipo para cada un dos equipos participantes: LASA e TecnoLeiras.

Coa colaboración do Departamento de Plástica, o alumnado de 1º e 3º da ESO xa se puxo mans á obra, coa axuda da súa profesora Marta Penalonga.

Nas seguintes imaxes podedes ver como traballan e os primeiros bosquexos presentados, que, por certo, teñen moi boa pinta!

 

 

Presentación Cansat TecnoLeiras

Presentación Cansat LASA

Proxecto CanSat 2024

Este ano no Leiras estamos a participar no Proxecto CanSat: unha iniciativa da Axencia Espacial Europea que reta a estudantes de toda Europa a construír e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco.

 Como indica o Proxecto, o desafío CanSat está deseñado para simular todos os aspectos dunha misión real de lanzamento dun satélite, incluído o seu deseño, desenvolvemento, posta a proba, lanzamento, funcionamento e análise de datos a través dun traballo en equipo. Todos os equipos deben cumprir unha misión primaria e unha misión secundaria.

 - Misión primaria: tras a liberación e durante o descenso, o CanSat debe medir temperatura do aire e presión atmosférica, e transmitir os datos obtidos por telemetría á estación en terra polo menos unha vez por segundo. Debe lograr unha aterraxe sen danos e analizar os datos obtidos e plasmalos en gráficas.

 - Misión secundaria: debe ser seleccionada polo equipo. Os equipos poden inspirarse en misións de satélites reais, recompilar datos científicos para un proxecto específico, facer unha demostración de tecnoloxía para un compoñente deseñado por estudantes, ou calquera outra misión que caiba dentro do CanSat e mostre as súas capacidades. Esta misión, está destinada a darlle un propósito ao CanSat.

 Contamos con dous equipos que están traballando arreo no proxecto e para os que pedivos todo o voso apoio:

 

- O equipo LASA constituído por: Martín, Diego, Samuel, Pablo, Uxío e Rubén. Alumnos de 1º de Bacharelato.

 

- O equipo Tecno-Leiras constituído por: Iria, David, Rolfy, Olmo e Adrián. Alumnos de 4º da ESO.

 

Animámosvos a todos e todas a que os sigades nas súas redes sociais:  

 

https://www.instagram.com/lasacansat/

 https://www.instagram.com/tecnoleiras/

 

Distribuir contido


by Dr. Radut