Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Outras

Proxecto Educativo do IES Leiras Pulpeiro

Ao longo deste curso académico 2015-2016 rematamos de refacer toda a documentación académica e organizativa do centro. Toda ela integra o Proxecto Educativo. Pódese acceder ao documento nesta ligazón:

PROXECTO EDUCATIVO

 

 

 

Noraboa ao alumnado polos resultados na PAU

Dende o IES Leiras Pulpeiro queremos dar os nosos máis emocionados parabéns ao alumnado que acaba de realizar as Probas de Acceso á Universidade na convocatoria de xuño.

Os resultados son excelentes. De 32 alumnos e alumnas presentados:

  • Case A QUINTA PARTE de vós (un 19%), acadastes máis de 9 na nota de acceso.
  • Case UN TERZO (un 28%), máis de 8.
  • MÁIS DA METADE (un 53%), máis de 7.
  • Un 84%, máis de 6.
  • E todos e todas, o 100%, máis dun 5.

E, ademais, na fase específica, coa que podedes subir esa cualificación, houbo:

  • 3 exames cualificados cun 10
  • 12 con máis dun 9
  • 21 con máis dun 8
  • 26 con máis dun 7
  • etc.

Estamos moi orgullosos de vós.

Moita sorte no camiño que se vos presenta por diante. O futuro é voso.

Probas de clasificación EOI de Lugo

Convocadas Probas de clasificación na Escola Oficial de Idiomas de Lugo.

As probas de clasificación teñen por obxecto facilitar a incorporación a calquera curso e nivel dun idioma do alumnado que dispoña de coñecementos previos del.

Data de inscrición para a proba de clasificación: 30 de maio de 2016.

Toda a información en: http://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/node/588

Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato 2015-2016

O día 26 de abril, saíu publicada no DOG a Orde do 11 de abril de 2016 pola que se convocan os premios expraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015-2016 (pdf da orde) (pdf do extracto da orde). A dita orde presenta algunhas novidades que xa foron incluidas na convocatoria do ano pasado e que se sinalan a continuación, xunto con outra información de interese:

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 3 de maio de 2016 (artigo 4. da orde de convocatoria). O prazo rematará o 3 de xuño de 2016.

2. O alumnado interesado (ou os seus representantes legais) presentarán a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, tamén poderán presentarse en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

  Para estes efectos, os rexistros dos centros educativos non se consideran incluídos dentro das dependencias enumeradas no dito artigo. Os centros educativos non están autorizados a presentar as solicitudes do alumnado. Estas deberán ser presentadas directamente polos alumnos ou alumnas dentro de prazo a través das canles anteditas.

3. En todo caso, o alumnado entregará unha copia da instancia na Secretaría do centro, para que a Dirección do mesmo poida informatizar os datos da súa solicitude na aplicación informática https://www.edu.xunta.es/premiosbac/ e facer a transferencia de eses datos á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Para máis información, poden preguntar na Secretaría ou na Vicedirección do centro.

Convocadas axudas económicas para FCT

Convocadas actividades de inmersión lingüística para alumnado de ESO e Bacharelato

No DOG do luns 28 de marzo, publicouse a convocatoria de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016 (inmersión lingüística para alumnado de ESO e Bacharelato).

Beneficiarios:

Alumnado de centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2015/16, na Comunidade Autónoma de Galicia, e que estea cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato.

Convocatoria:

Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Número de prazas: 682

Importe individual: pódese consultar no extracto da orde de convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes: un mes, contado a partir do 29 de marzo.

Inmersion 1
Inmersion 2 Inmersion 3

Convocados os premios extraordinarios FP de grao superior (curso 2014/2015)

Orde do 18 de febreiro de 2016 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2014/15

Prazo de presentación de solicitudes: vinte días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

ADMISIÓN 2016-2017: PRAZOS E NORMATIVA

Información na categoría "Admisión e matrícula", dentro do menú Secretaría (na parte esquerda da web).

Convocadas as probas de acceso a ciclos formativos

  • Ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 4 ao 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 ao 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.

ORDE do 2 de febreiro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2016. (DOG 11 febreiro 2016)

Acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral. Convocatoria 2016.

Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

  • A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacionEsta aplicación estará activa a partir do 11 de xaneiro de 2016.
  • A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento. Na provincia de Lugo estes centros son o CIFP Politécnico (Lugo), CIFP as Mercedes (Lugo) e CIFP Porta da Auga (Ribadeo).
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • prazo de presentación de solicitudes será desde o 11 de xaneiro de 2016 ao 5 de febreiro de 2016.

 Toda a información no portal de FORMACIÓN PROFESIONAL

    

Distribuir contido


by Dr. Radut