ACTIVIDADES LECTIVAS DURANTE O PERÍODO DE SUSPENSIÓN DAS CLASES
Aula virtual
Durante o período de suspensión das clases presenciais con motivo da crise do coronavirus, o Departamento de Francés colocará semanalmente na aula virtual do instituto as actividades correspondentes aos distintos niveis da ESO e de 1º de Bacharelato, para que o alumnado poida facer o seguimento da materia.
Dúbidas ou consultas
En caso de ter algunha dúbida ou consulta que facer, podedes poñervos en contacto co voso titor ou titora, quen vos facilitará un correo electrónico para contactar coas profesoras da materia.
Matriculación na aula virtual
Os alumnos e alumnas de 1º ESO que non entregaron unha dirección persoal de correo electrónico no momento de matricularse no instituto ou que figuran co correo dun irmán ou dunha irmá, non poden ser matriculados na aula virtual.
Estes alumnos deben poñerse en contacto coa Secretaría do centro enviando un correo a:
secretaria.leiras@gmail.com
Nesa mensaxe deberán indicar unha dirección de correo electrónico propia para poder así ser dados de alta na aula virtual.