Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Aliménta-T ben

Conferencias sobre alimentación

No IES Leiras Pulpeiro seguimos co  firme propósito de promover unha alimentación saudable entre o noso alumnado. Desta volta tivemos a sorte de contar coa endocrinóloga do HULA, Rosa Argüeso Armesto. Esta gran profesional da sanidade pública explicoulle ao alumnado de 1° da ESO os principais tipos de alimentos, os nutrientes que nos aportan e as proporcións diarias e semanais recomendadas. Ademais, resolveu numerosas dúbidas e transmitiulles unha serie de consellos para levar unha dieta variada e equilibrada. Consellos que esperemos que apliquen no seu día a día, mellorando a súa saúde e a das súas familias.

 

Alimentación e Saúde

Cales son os cánones de beleza e saúde da sociedade actual? Como a nosa alimentación se pode ver influenciada polas redes sociais? En que grado a percepción da nosa imaxe corporal vén marcada por estereotipos e prexuízos? Para dar resposta a estas e outras cuestións, esta semana contamos coa presenza de Alba Costoya, educadora social de Cruz Roja. O alumnado de 2° de ESO debatirá e tomará conciencia sobre aspectos relacionados coa Alimentación e a Saúde.

Concurso "Aliméntate Ben"

Xa temos logo gañador do "Aliméntate be co Leiras Pulpeiro". A súa autora é Sara Nogueras Porto de 3° da ESO C, quen fixo un magnífico traballo dirixido pola súa profesora de Plástica. E como non podía ser doutro xeito, recibiu un agasallo moi saudable. 

Podedes ver todos os logos nas redes sociais do Aliméntate ben (@alimentatebencoleiraspulpeiro). Síguenos!
 
Logo Gañador
 
Sara co seu Premio Saudable

+AZUCRE – VIDA

O consumo excesivo de bebidas enerxéticas, refrescos, lambonadas e bolería industrial, todos eles con altísima cantidade de azucre, son un dos malos hábitos alimentarios que conforman o día a día da alimentación de moitos adolescentes. A ciencia demostrou que hai unha relación directa entre un elevado consumo de azucre e enfermidades como a obesidade, o cancro ou enfermidades autoinmunes. 

 Para facer visible esta problemática, organizamos a exposición: +AZUCRE – VIDA. Os estudantes de 4º da ESO montaron esta exposición cunha selección de bebidas e alimentos procesados máis consumidos polo noso alumnado (cunha recollida previa de envases) e os rapaces e rapazas de 3º da ESO completárona cunha serie de carteis alertando sobre as consecuencias do consumo excesivo de azucre. 

 

CHARLAS DE NUTRICIÓN

Durante a última quincena do mes de marzo e principios do mes de abril, o alumnado de 1º da ESO, asistiu a unha conferencia, impartida pola nutricionista Susana Viso González, sobre as consecuencias de levar unha mala alimentación, tanto a curto como a longo prazo. Os nosos estudantes recibiron unha valiosa formación, afondando no coñecemento de enfermidades como a obesidade/sobrepeso, a diabetes tipo 2, a hipertensión, a caries ou problemas de saúde mental asociados, e, sobre todo, nas medidas para previlas. Ademais, tiveron a oportunidade de resolver moitas das súas dúbidas coa profesional convidada. 

 

O PRATO SAUDABLE

 A obesidade, o sobrepeso e enfermidades como a diabetes tipo 2, son algúns dos problemas de saúde pública máis graves do século XXI, tanto polas consecuencias inmediatas nunha idade temperá como polas súas repercusións futuras. Adquirir uns hábitos alimentarios axeitados dende moi pequenos é fundamental para manter unha boa saúde e previr moitos problemas asociados. No IES Leiras Pulpeiro somos conscientes desta realidade, e por iso no marco dos proxectos  Edu-Saúde e Aliménta-T ben, estamos a impulsar actividades para afondar na importancia dunha alimentación saudable e unha vida activa.

Despois de traballar os conceptos básicos sobre alimentación e nutrición co alumnado de 1º e 3º da ESO, fixemos unha exposición fotográfica sobre o prato saudable. O nosos alumnos e alumnas enviaron, dende as súas casas, numerosas fotografías dos seus pratos, que logo foron analizados e valorados polos seus compañeiros.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut