Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Quéda-T

Exposición Historia do Pobo Xitano

Temos instalada nos corredores do noso centro a exposición Historia e Cultura do Pobo Xitano que se poderá visitar entre os días 18 e 27 de outubro de 2023 dentro do noso horario de apertura.

A exposición, que consta de 18 paneles, foi creada pola Asociación Enseñantes con gitanos e conta cunha unidade didáctica orientada ao alumnado dos últimos cursos de educación Primaria e alumnado da ESO. Nela, faise un repaso pola historia dos xitanos en España, dende a súa chagada no 1425 ata a actualidade, profundizando nos pilares fundamentais da cultura deste pobo e analizando as principais dificultades ás que se enfrentan como grupo minoritario. É un material realizado por docentes que pode servir para o traballo nas aulas así como para a inclusión dos alumnos e alumnas xitanos nos centros e o fomento da interculturalidade.

Campaña Mundial pola Educación

O pasado 14 de xuño varios alumnos e alumnas de diferentes cursos da ESO participaron nun obradoiro sobre ciberactivismo que tivo como parte práctica unha aplicación á Campaña Mundial pola Educación.

Esta sesión deu lugar a unha peza radiofónica que agora nos chega xa maquetada.

Moitas grazas ás ONGs EDUCO e AGARESCO por facer posible esta actividade.

 

 

 

Festa de Fin de Curso

Para despedir o curso, fixemos unha celebración final divida en 2 partes:

11h-13h Feira da Diversidade con:

     - Espazo Flamenco

     - Espazo de Escritura Árabe

     - Espazo de apoio LGTBI

     - Espazo do Equipo de Mediación

     - Xadrez

     - Papiroflexia

     - Obradoiro de hoteis de insectos para o xardín

     - Ginkana con móbiles sobre plantas no xardín

     - Entrega de Premios do Día da Terra

     - Especial Radio Leiras Fin de Curso

     - Competicións deportivas

 

13h-14h Despedida coa flash mob colectiva TanxuLeiras dirixida polo gran bailarín Xabi Iglesias

 

 

 

Día Internacional do Pobo Xitano

O 8 de abril conmemorouse o Día Internacional do Pobo Xitano. Esta data lembra o Primeiro Congreso Mundial Xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971, no que se instituíu a bandeira e o himno xitano.

A bandeira é verde e azul, simbolizando o ceo e o campo, cunha roda de carro vermella no centro, simbolizando o camiño da India e a liberdade. O himno xitano, Gelem, gelem (caminei, andei), foi composto por Jarko Jovanovic e conmemora os xitanos que foron vítimas do nazismo.

No noso centro educativo celebramos este día cunha exposición no taboleiro de cortizas situado na planta baixa e coa actuación musical dun grupo de alumnos/as que animaron o período de lecer co noso tambor flamenco.

 

Visita á exposición "Historia y Cultura del Pueblo Gitano"

Unha representación do noso alumnado de primeiro da ESO achegouse á Facultade de Formación do Profesorado para tomar parte desta iniciativa da Asociación para a Promoción e Integración Gitana de Lugo, que pretende achegar ao alumnado do sistema educativo, e á cidadanía en xeral, a información real e documentada da historia do pobo cigano, esa historia que nunca aparece nos libros de texto. Sabemos que o seu descoñecemento axuda a reforzar os prexuízos e estereotipos que se teñen dos nosos concidadáns ciganos, ademais da desigualdade que se consolida ao non estar incluída a historia e a cultura cigana nos contidos escolares. Foi desenvolvida e promovida por toda España grazas ao Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

Parabéns por esta iniciativa á APIG, que entendemos con carácter transversal e de interese para toda a nosa comunidade, que ademais axuda a fortalecer a nosa dinámica de facer da diversidade un valor educativo positivo.

Distribuir contido


by Dr. Radut