Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Libros de texto

Lista definitiva de libros

Publicamos a continuación a lista de beneficiarios de libros de texto.

Lembramos que se repartirán a vindeira semana en horario de clase.

 

Reparto de libros para o curso 2018-2019

A lista de libros que se reparte a cada alumno publicarase como moi tarde o día 14 de setembro. Nunca antes do día 11, porque aínda está aberto o prazo de matrícula de setembro.

O reparto dos libros farase na propia clase a semana do 17.

Libros de texto 2018-2019

Lista de libros de texto para o vindeiro curso 2018-2019:

 

NOTA:

Actualizada a lista o día 3 de xullo. Elimínase a Literatura Universal de 1ºBAC

Actualizada a lista o día 19 de xullo por erro no ISBN dos libros de Historia e Inglés de 2ºBAC

   

 

    

Fondo libros 2018-2019

No DOG do 25 de maio de 2018 publicouse a orde que convoca as axudas para material e libros de texto para o curso 2018-2019.

PDF da orde: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180521/AnuncioG0164-110518-0001_gl.pdf

 

Importante: o prazo remata o día 22 de xuño en todos os casos (tanto se aproba en xuño, como se se examina en setembro ou repite curso).

 

Resume da orde aplicable ó IES Leiras Pulpeiro: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesleiraspulpeiro/?q=system/files/convocatoria_libros_2018.pdf

 

Formas de presentación:

  • Preferiblemente de forma telemática (a maioría dos datos xa os ten a Xunta, así que só terás que cubrir poucos):

 

 

 

Libros de texto 2017-2018

Nos seguintes enlaces podes consultar a lista de libros de texto para o curso 2017-2018:

 

Este ano ponse en marcha o banco de libros da ANPA. Todo aquel que non teña libros do fondo da Xunta ou quera complementalos, pode beneficiarse del.

Lembrade que en BAC non existe axudas para libros da Xunta, o único que se pode solicitar son as becas do Ministerio de Educación:

http://www.educacion.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar.html

Achegas para libros e material escolar (2016-2017)

Axudas para adquisición de material escolar

A través da Orde de 25 de agosto de 2015 convócanse axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado de Educación Primaria, ESO e Educación Especial para o curso 2015/2016.

Requisitos:

  • Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

   Son compatibles coa percepción das axudas para a adquisición de libros de texto.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

  • As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.
  • Presentarase unha solicitude por cada alumno/a matriculado (se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles).
  • As solicitudes (que se poden encher e imprimir desde esta ligazón) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno/a, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).
  • O prazo de presentación de solicitudes será do 2 de setembro ao 1 de outubro de 2015.
  • A solicitude deberá presentarse xunto coa documentación debidamente asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar que obteñan ingresos, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.
  • A documentación que hai que achegar xunto á solicitude será a seguinte:
    • Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.
    • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar.
  • Se a solicitude se presenta no centro docente onde está matriculado o alumno, presentarase orixinal e copia da documentación, co fin de que a persoa que a reciba poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais. En caso de que a presentación non se faga no centro, deberá presentarse orixinal ou copia debidamente compulsada.

 

Libros de texto ESO curso 2015-2016

Premendo nas seguintes ligazóns pode descargar o listado de libros de texto dos niveis da ESO para o curso 2015-2016:

Novidades sobre a LOMCE e a adquisición ou intercambio dos libros de texto

No vindeiro curso 2015-2016 implantaranse os cambios establecidos pola LOMCE en 1º e 3º de ESO, e en 1º de Bacharelato.

O pasado día 1 de xuño publicáronse dúas ordes que regulan, respectivamente, o fondo solidario de libros de texto en 2º e 4º de ESO, e as axudas para a adquisición de libros en 1º e 3º de ESO.

Polos anteditos motivos, nestes días enviaranse cartas informativas ás familias acerca de estes asuntos.

Poden descargar estas cartas e a normativa nas seguintes ligazóns:

 

Normativa sobre as axudas para a adquisición de libros de 1º e 3º de ESO

Normativa sobre o fondo solidario de libros de 2º e 4º de ESO

 

 

Libros de texto ESO - Curso escolar 2014-2015

Listado dos libros de texto da ESO

(Prema na imaxe para acceder a todo o listado da ESO)

Distribuir contido


by Dr. Radut