Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Inclúe-T

Terceiro posto para o Leiras no Xogade Cadete de Xadrez

O equipo formado por Héctor Avalle, Arón Fernández, Nico García e Martín Casanova acadou a terceira posición ao vencer ao Clube Recatelo na última ronda da final do Torneo Xogade 2022 de Xadrez desputado o domingo 29 de maio. Pola súa banda, o equipo infantil formado por Juan López, Olmo Portomeñe, Iago Vázquez e Iago Baamonde tivo que conformarse cun cuarto posto nunha durísima categoria con varios xogadores que ostentan ranking internacional.

Lonxe da parte competitiva, o noso equipo mostrou a forza inclusiva que ten o xadrez sendo unha excelente representación do noso centro educativo, polo que lles damos as grazas polo seu compromiso, a súa ilusión e polo trofeo conseguido que pasa a formar parte das nosas vitrinas.

 

 Os nosos 8 xogadores

 Os infantís no match contra Viveiro

 Os cadetes, tamén contra os representantes da costa

Demostramos que ademais do xadrez, tamén dominamos o voleyball 

Destacada Actuación do IES Leiras Pulpeiro nos Clasificatorios para os Provinciais de Xadrez

Levamos varios anos promocionando o xadrez no noso centro educativo, máis como unha ferramenta de inclusión que polo carácter meramente competitivo. Porén, non podíamos deixar escapar a oportunidade de presentar dous equipos aos clasificatorios para os provinciais Xogade de Xadrez.

O equipo Infantil representado por Olmo Portomeñe e Iago Rodríquez quedou subcampión do torneo detrás da potente Escola Luguesa de Xadrez. O equipo cadete pola súa parte, contou coa participación de Héctor García, Arón Fernández e Nico García. Este último acadou o segundo posto individual ao vencer a un dos participantes que partía con ELO internacional.

Parabéns a todo o equipo que representou tan brillantemente ao IES Leiras Pulpeiro. Esperamos contar coa vosa presenza en vindeiras edicións.

Desde a Aula TEA, Felices Festas!

 

Traballo levado a cabo polo alumnado da aula TEA  empregando para elo a aplicación de STOP MOTION e eleborando manualmente os distintos elementos que no video aparecen

Campaña de Promoción do Xadrez

Dándolle continuidade ás actividades de promoción do xadrez destes últimos anos, contamos esta semana con presenza de Diego e Carlos, dous membros da Asociación Xaquedrum, que con este motivo colaboran habitualmente no noso instituto. Todos os cursos da ESO estiveron representados nestas sesións de divulgación, onde o alumnado aprendeu as regras do xogo ou perfeccionou algunha das súas técnicas.

O xadrez, ademais de tratar competencias emocionais e educativas como a concentración, toma de decisións, memoria, control de impulsos, respecto, visión xeométrica,... tamén ten unha forza inclusiva que queremos seguir aproveitando nas aulas e nos corredores do noso centro educativo. Por este motivo, enmarcamos esta actividade dentro do conxunto de actuacións Inclúe-t para a mellora da inclusión.

Distribuir contido


by Dr. Radut