Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Complementarias

Actividades desenvolvidas dentro do horario lectivo habitual e nas instalacións do centro.

Masterclass física de partículas

Durante a mañá participamos nunha masterclass de Física de Partículas.

A iso das 11:30 faremos unha práctica en liña, e pola tarde un test en colaboración co CERN en Xenebra.

Grupo traballando

Analizando trazas de colisións

Analizando trazas de colisións

Momento no que atopamos o Bosón de Higgs

Enquisa 8M

Vídeo divulgativo feito polo alumnado de 1ºBAC de Historia do Mundo Contemporáneo.

Enlace UNICEF

Videoconferencia no Leiras

O xoves día 12 de novembro contactamos con Gloria González dende Italia, e o luns 16 de novembro con Iria González-Dopeso dende Francia.

Ciencia no Leiras

O xoves día 12 de novembro e o luns 16 de novembro, desde a materia de Aprendendo a facer Ciencia e Cultura Científica de 1º BAC, teremos a oportunidade de contactar con Gloria González Fortes e Iria González-Dopeso Reyes, dúas científicas que nos achegarán a súa carreira investigadora desde Italia e Francia, respectivamente.

   Gloria González naceu en Pontevedra, é xenetista, traballa na Universidade de Ferrara, como investigadora e profesora de xenética. Ocúpase da análise xenética de restos antigos, paleontolóxicos (por exemplo, do oso das cavernas, como especie extinta) e arqueolóxicos (restos humanos antigos, desde 37000 a 9000 anos de antigüidade, pero tamén algúns máis recentes, como os de Ricardo III, duns 500 anos).Perfil investigador:
https://www.researchgate.net/profile/Gloria_Fortes
Prehistoria:
https://elpais.com/espana/galicia/2020-08-29/la-primera-mujer-del-mesolitico-estudiada-en-espana-era-de-piel-negra.html
Ricardo III:
https://www.bbc.com/news/uk-england-leicestershire-21063882
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2015/07/19/genetista-pontevedresa-identifico-polemicos-restos-rey-ricardo-iii/0003_201507P19C2991.htm
Oso das cavernas:
https://www.nature.com/articles/536376b
https://www.gciencia.com/ciencia/os-osos-cavernarios-eran-fieis-ao-seu-fogar-natal
   Iria González-Dopeso naceu en Santiago de Compostela, aínda que se criou en Lugo principalmente, ata que comezou a estudar na Universidade cando se tivo que marchar. A súa especialidade é a Bioloxia Celular, Histoloxía e Neuroanatomía e a súa tese realizouna sobre o Sistema Nervioso, o que a conectou á Neurociencia ata a día de hoxe. Actualmente está no Instituto de Xenética Molecular de Montpellier en Francia, e nun laboratorio de viroloxía. Alí investiga sobre como mellorar os vectores virais para aplicar a terapia xénica a curar doenzas no cerebro.

https://orcid.org/0000-0003-1866-6305

 

 

Radio Leiras

29/03/2019 18:05
Retomamos as emisións de Radio Leiras, e agora farémolo en streaming en directo, tanto en Facebook como en Youtube.
O programa tratará sobre as mulleres compositoras esquecidas na historia da música.

Scape Room

O venres 21 de decembro, pechamos baixo chave a varios grupos de 3ºESO. Algúns deron saído dalgunha habitación, outros custoulles máis, pero todos o pasaron de medo. Tanto é así, que algúns quedaron unha hora máis dende a hora de saída do centro, para pasar a experiencia.

Noraboa ó profesorado organizador e ó alumnado participante.

Máis fotos na galería:

https://photos.app.goo.gl/1upgTcvatNuWNKee6

TEATRO EN GALEGO

24/04/2018 11:30

Teatro organizado polo Departamento de Lingua Galega para o alumnado de 4º da ESO

TENIS DE MESA o 11 e 12 de abril

11/04/2018 11:28
12/04/2018 11:30

Demostración de tenis de mesa durante o recreo no polideportivo, organizado pola AMPA

CONFERENCIA SOBRE VICTORIA MORENO

13/04/2018 11:30

CURSOS AOS QUE VAI DIRIXIDA: 2º BAC

Distribuir contido


by Dr. Radut