Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Xogade

Unidade Didáctica Deporte Orientación Curso 21-22

O ficheiro adxunto contén as actividades desenvolvidas da Unidade Didáctica deseñada para o deporte de orientación escolar dentro do programa da materia de Educación Física.

EXCURSIÓN 3º ESO SURF EN VIVEIRO

Os días 20 e 21 de xuño o alumnado de 3º de ESO participou nunha saída de actividades deportivas na natureza organizada polo departamento de EF do noso instituto. 

Desfrutaron de dúas clases de iniciación ao Surf impartidas por persoal da Viveiro Surf Escola e de dúas rutas de sendeirismo polos acantilados do Loiba e Fuciño do Porco.

O grupo de 39 alumnos e alumnas asistiu a esta actividade dirixido polos seus profesores Xose Manuel, Miguel e Luisa.

EXCURSIÓN 2º ESO A LAGO DE CARUCEDO E MÉDULAS

O alumnado de 2º de ESO participou os días 12 e 13 de Xuño nunha saída ao Lago de Carucedo e ás Médulas organizada polo departamento de EF e acompañado por Cristina, Jose Antonio e Luisa. Durante estes dous días o grupo realizou actividades físicas no medio natural: escalada e tirolina, xogos, kayak, sup e sendeirismo. Tamén fixeron unha visita á Casa do Parque e disfrutaron dunha divertida velada.

EXCURSIÓN 1º ESO A MANZANEDA

O alumnado de 1º de ESO participou os días 6, 7 e 8 de xuño nunha saída de tres días  á estación de montaña Manzaneda organizada polo departamento de EF  e acompañado por Belén, Cristina, Mª Carmen e Luisa. Durante estes días o grupo realizou actividades físicas no medio natural: multiaventura, tiro con arco, orientación, escalada, pelota canadiense, sendeirismo,…así como actividades na piscina, xogos, nós e…discoteca. Como broche final desfrutaron da subida e baixada no telesilla da estación.

FEIRA DEPORTIVA DE PRIMAVERA DO IES LEIRAS PULPEIRO

Este ano celebrouse en maio a 1ª Feira de Primavera do IES Leiras Pulpeiro. Durante os recreos o alumnado participou en diferentes actividades físicas propostas polo departamento de EF. En total 23 alumnas e alumnos obtiveron agasallos polos puntos conseguidos. Aquí podedes ver a fotos da entrega dos mesmos. Se algún dos premiados aínda non recolleu o seu agasallo, pode facelo en conserxería

 

ACTIVIDADE DE BÉISBOL CO CLUBE LUME

Dous compoñentes do Clube Béisbol Lume de Lugo, Gus e Alberto, visitaron o noso centro a semana do 10 ao 14 de Xaneiro de 2022 e impartiron unha sesión de introdución ao Béisbol a tódolos grupos de 1º a 4º de ESO. Durante a mesma aprendimos as principais normas deste xogo e disfrutamos da súa posta en práctica. Agradecemos ao Clube Lume esta iniciativa e recordámosvos que os sábados ás 16:30h entrenan no Colexio Rosalía de Castro. Animádevos!!!

 

Campionato Escolar Galego de Orientación

O 23 de Abril celebrouse o Campionato Galego Escolar de Orientación a Pé, no Monte Gaiás de Santiago de Compostela. O noso centro participou en catro categorías:

 

Felicitamos a todo o grupo de alumnas e alumnos que participaron neste campionato polo seu entusiasmo, esforzo e interese. 

En canto aos resultados, destacar a nivel individual a victoria de Sara Nogueras Porto na categoría infantil feminina e o meritorio cuarto posto de Carla Adán García en categoría cadete feminina. 

Na clasificación de equipos, o Ies Leiras Pulpeiro proclamouse Subcampión Galego na categoría Infantil Feminina e conseguiu un terceiro posto na categoría Cadete Feminina. O equipo Infantil Masculino acadou un sexto posto e o Cadete Masculino quedou quinto.

Noraboa a todo o grupo de deportistas!!!

Grande Actuación do Leiras no Campionato Provincial de Orientación

O mércores 30 de marzo un grupo de alumnas e e alumnos do noso centro participou no Campionato Provincial de Orientación. Esta competición está incluída dentro do proxecto de Promoción de Vida Activa e Saudable (Proxecta: Xogade) dirixido polo departamento de EF e no que participa o departamento de Relixión. O noso instituto competiu con 50 alumnos/as acompañados por Miguel, Nati e Luisa. A carreira, organizada pola sección de Orientación do Club Fluvial, tivo lugar no Parque da Milagrosa, cun mapa específico de orientación e catro percorridos distintos por categorías con 15 balizas cada un. Compartimos unha estupenda xornada de deporte e convivencia e felicitamos a todo o noso alumnado pola súa actitude positiva, de esforzo e aprendizaxe. Noraboa aos que ademáis acadaron resultados que lles permitiron estar nos primeiros postos das súas categorías. 

O IES Leiras Pulpeiro quedou primeiro e segundo nas dúas categorías infantil (masculino e femenino) e segundo e quinto nas categorías cadete masculino e femenino respectivamente, o que nos permitirá representar ao noso instituto no Campionato Autonómico (Gaiás, Santiago de Compostela, 23 de abril) nestas categorías. Na categoría individual, mención especial para Carla, Sara, Naira, Ángel e Álvaro polos podios acadados, e parabéns a todos os integrantes deste gran equipo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut