Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Club de lectura

Radio Leiras: Lecturas dramatizadas de Núñez Singala

Lectura dramatizada sobre relatos de Manuel Núñez Singala.
Actividade do Club de Lectura.

Dirección: Suso Coucheiro
Locutores: César, Leire, Victoria, Déborah, Nico e Christian (2º ESO D)

 

Mulleres como autoras e protagonistas de novela gráfica e banda deseñada en xeral

En coordinación co CLUB DE LECTURA do centro organizamos unha charla para presentar materiais da nosa BIBLIOTECA, relacionados coa novela gráfica e a banda deseñada en xeral, ao alumnado de 4º de ESO.

Todas as obras presentadas compartían como eixos da narración a muller e as súas circunstancias e, a maior parte delas, tamén tiñan a mulleres por autoras.

@s presentes na charla amosaron coas súas preguntas interese polas obras e pola temática abordada nalgunhas delas, das que tamén destacaron a súa calidade plástica.

 

O Club de lectura no cemiterio de San Froilán

Alumnado  pertencente ao Club de Lectura participou no acto dedicado a A NAI organizado polo Concello de Lugo no cemiterio da cidade. Recitaron poemas de Cabanillas e  Darío Xohán Cabana, entre outros.

Preme na imaxe para acceder á información e ás fotos.

 

 

Lecturas leirantes

No noso centro funciona dende hai uns anos un club de lectura. Chámase "Lecturas Leirantes" e os seus membros o pasan pero que moi ben lendo interesantes libros e comentando cousas sobre eles.

Podes participar connosco, se queres. Fala cos responsables da biblioteca e te informarán.

Se queres botar unha ollada ao que facemos, pincha aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut