Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas de departamentos

PowerPoint edu-sostibilidade

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño e tamén o día 6, o alumnado de 2º ESO realizou unha excursión organizada polo Departamento de Educación Física á Illa de Ons, situada no Parque Natural das Illas Atlánticas.

Esta actividade fixo consciente ao alumnado do noso centro educativo da importancia de coidar os nosos ecosistemas e a conservación da biodiversidade e así como do fomento do respecto polo Medio Ambiente.

 

EXCURSIÓN DE 4ºESO Á RIBEIRA SACRA

O 18 de maio o alumnado de 4ºESO de Relixión Católica coñeceu o CIMAR (Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana) en San Clodio Ribas de Sil, despois, xa no concello de Quiroga, dirixiuse ao túnel romano de  Montefurado e tamén alí visitaron a igrexa de San Miguel, onde unha técnica de turismo enviada pola Diócese de Lugo explicóulles a importancia que ten este templo no camiño de inverno a Santiago de Compostela.

A continuación achegáronse ao Castelo dos Novaes a partires do cal comezaron a pé a ruta do camiño de inverno ata chegares ao pobo de Caspedro, para despois xantar na Praia fluvial de San Clodio Ribas de Sil e así disfrutar deste privilexiado entorno natural.

 

 

 

EXCURSIÓN DE 3º ESO AO XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL

O 13 de abril o alumnado de Relixión Católica de 3ºESO coñeceu o Museo Etnográfico Municipal de Quiroga e despois o Museo Xeolóxico, complementando esta visita achegándose ao Pregamento Xeolóxico de Campodola-Leixazós, dentro do Xeoparque Montañas do Courel.

Pola tarde visitouse a Igrexa de San Martiño de Quiroga onde recibiron explicacións sobre a importancia artística do templo e das distintas manifestacións da relixiosidade popular galega que alí se manifestan.

CONECTANDO COA NATUREZA

 

Para facer consciente ao alumnado da necesidade do coidado do Medio Ambiente na materia de Relixión Católica temos como un obxectivo educar nos valores naturais. Os alumnos de 1º e2º ESO realizaron accións que os conectaron coa Natureza a través de actividades con árbores do xadín do noso centro educativo.

Con actividades como: abrazar árbores, rodealos, xogos e outras distintas accións, os alumnos convertéronse así en axentes activos e concienciados da importancia da protección do medio ambiente e do desenvolvemento sostible, tendo foco a inclusión, a xustiza o respecto pola natureza.

 
 

ENCHENDO O COMPOSTEIRO

Outra actividade que volvemos realizar este curso en colaboracón co PROXECTA+ ALIMÉNTATE BEN na feira da primavera consistiu en que o alumnado de tódolos cursos e o profesorado, despois de consumir a froita no periodo de lecer, recollemos as mondas e levámolas ao composteiro que hai no xardín do Leiras para facer un compost que logo servirá de abono natural para as prantas e arbustos do xardín.

SEMENTAR SEMENTAREI

Chega a feira da primavera e realizase un ano máis esta actividade con dedicación e entrega por parte do alumnado de 3º e 4ºESO.

Esta actividade consiste en en acondicionar a terra na que se vai facer unha sementeira de prantas de ¨mirabilis jalapa¨, popularmente chamadas ¨pericos¨ ou ¨don diego de noche¨. Logo regaron en abundancia para asegurar que prendan e dean as súas fermosas flores. Por último comprométense a coidalas o resto do ano.

 
 

RECUPERAMOS PRANTAS MURCHIÑAS

Unha das actividades que realizamos desde o Departamento de Relixión Católica dentro das propostas feitas para a feira de primavera foi recuperar e revitalizar prantas algo murchiñas do xardín.

Con esta actividade o alumnado de 2º e 3º ESO fíxose consciente da necesidade de coidar a Natureza que nos rodea e así mellorar o espazo no que habitamos.

APADRIÑA UNHA ROSEIRA

Apadriñar significa guiar, acompañar, coidar e protexer. Desde esta perspectiva pretendemos incorporar a paisaxe e a súa posta en valor como obxecto de aprendizaxe na materia de Relixión Católica. Así o alumnado de 2º ESO organizado en pequenos grupos, plantan, regan e coidan roseiras despois de poñerlle un nome nunha etiqueta e comprometerse a coidalas o resto do ano.

Deste xeito o alumnado faise consciente da importancia que teñen as pequeñas accións para procurar un entorno sostible, coidado e sobre todo inclusivo.

BRIGADAS DE LIMPEZA NO XARDÍN

Comezamos  curso facendo unha revisión do estado do xardín que rodea o noso IES. O alumnado utilizou recolledores feitos por eles con botellas de auga de plástico recicladas para recoller o lixo e refugallos que poida haber. Logo depositan o recollido e fan unha selección antes de botalos nos contenedores adecuados.

Ao final do curso volveron facer a mesma operación para que o xardín quede en boas condicións.

O alumnado de 3º ESO realizou esta actividade con moito entuiasmo e ilusión por contribuir, na medida das súas posibilidades, na construcción dun mundo mellor entre todos.

Na materia de Relixión Católica o alumnado toma conciencia da importancia que ten ter claro que o que é de todos, coidámolo todos.

Distribuir contido


by Dr. Radut