Skip to Content

Convocada folga de transporte indefinida a partir do 8 de maio.

DESCONVOCADA

A ORDE do 21 de abril de 2023 pola que se establecen os servizos mínimos que se prestarán durante a folga convocada pola Confederación Intersindical  Galega (CIG), a Confederación Sindical de Comisións Obreiras (CC.OO.) e a Confederación Sindical Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores de España (UGT) no sector do transporte de viaxeiros en autobús por estrada na Comunidade Autónoma de Galicia para os días 27 e 28 de abril, que será indefinida a partir do 8 de maio(DOGA do 26 de abril) espefica no Artigo único, 2 como servizos mínimos:

"Servizos de transporte público regular de uso especial-escolares: os servizos de entrada aos centros desde as 7.30 ata ás 10.30 horas, e os de saída desde as 13.30 ata ás 19.00 horas, nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio cuxa lonxitude total sexa superior a 4 quilómetros".

Todas as liñas do Díaz Pardo cumpren esa condición polo que é previsible que o servizo de transporte funcione con normalidade, aínda que non se pode descartar que se produzan incidencias.

 



page | by Dr. Radut