Skip to Content

FEBREIRO 2017

  • O alumnado de 4ºde ESO, nunha actividade promovida pola Biblioteca, visita á Biblioteca González-Garcés  e o  MAC en A Coruña.
  • Olimpiada de Xeoloxía. Participación do alumnado acompañado pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía.
  • Visita á Fábrica de Coca-Cola en A Coruña. O alumnado de 2º de ESO acompañados dos titores correspondentes e de profesores que lles imparten clase, realizarán a visita esperando que sexa a base para que se animen a participar no Concurso de Relato convocado poloa mencionada empresa.
  • O alumnado de 2º de ESO fai a preceptiva visita á Biblioteca da contorna; neste caso será Rialeda en Oleiros.
  • Os Departamentos de Linguas Clásicas organizan unha visita co alumnado de 3º de ESO a A Coruña; a idea é subir á Torre de Hércules e seguidamente visitar o Castelo de San Antón
  • O Departamento de Tecnoloxía e xunto con alumnado de 1º Bacharelato asiste a unha charla  na Universidade Laboral (Programa LANZADEIRAS)
  • O EDLG e o Departamento de Lingua Galega organizaron a asistencia á obra de teatro Bicos con Lingua,que terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada. Vai alumnado de 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato.


page | by Dr. Radut