Skip to Content

NOVEMBRO 2016

 

  • Educando en Igualdade. Proposta do Concello de Sada que conecta co tema de Violencia de Xénero. Actividade destinada alumnado de 2º de ESO. Empezou no mes de Outubro e remata en Novembro, na data na que se conmemora o Día da Violencia de Xénero (25 de Novembro).

  • Roteiro Oteriano. Departamentos de Lingua Galega e Dinamización realizaron esta actividade que percorre terras de Ourense. Destinada ao alumnado de 4º de ESO.

  •  Visita á Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo de Sada. Actividade programada pola Biblioteca do instituto co fin de que o alumnado de novo ingreso coñeza ese espazo, nun desexo de que poidan utilizar os recursos que ten o pobo e que estarían ao seu alcance.

  • Visita á Escola de Arquitectura. Departamento de Plástica organiza unha visita a esta Escola para o alumnado de 1º e 2º Bacharelato que estuda Debuxo Técnico.

  • Obradoiro de PREHISTORIA: o lume. Organizada polo Departamento de Xeografía e Historia. Destinada a alumnado de 1º de ESO. 

  • Actividade interdisciplinar: Os departamentos de Ciencias Naturais, Xeografía e Historia e o propio Centro dende a Vicedirección, organizan unha saída conxunta e de diversos niveis para realizar tres actividades:

Patinaxe sobre xeo
Visita á Casa das Ciencias, destinadas a 1º de ESO,  e
Visita ao Muncyt e Centro Meteorolóxico para alumnado de 2º de Bacharelato.

  • Teatro na Casa da Cultura Pintor LLoréns de Sada. Alumnado de  3º e 4º de ESO asistirán a unha representación teatral na Casa da Cultura e con motivo do Día contra A violencia de Xénero.

 

 



page | by Dr. Radut