Skip to Content

blogue deiesdesada

Visita ao Parlamento: Fotos

Os alumnos de 4º da ESO visitaron o Parlamento Galego en Santiago

De varios

Visita ao Muncyt e a Fundación Barrié da Maza

 

ACTIVIDADE 4º  ESO: Visita ao Muncyt e  a Fundación Barrié da Maza en A Coruña.

DEPARTAMENTOS DE TECNOLOXÍA E EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL

 

O pasado día 31 de xaneiro o alumnado de 4º da ESO visitaron o MUNCYT, Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, situado no edificio Prisma de Cristal de a Coruña, un cubo de vidro galardoado cun Premio nacional de Arquitectura. No Museo puideron ver unha grande cantidade de obxectos científicos: instrumentos, aparatos tecnolóxicos, vehículos de transporte, máquinas e ferramentas industriais.

 

De Muncyt e Fundación Barrié

A continuación participaron na actividade didáctica “Compañeiros de oficio. Arquitectura para todos” na Fundación Pedro Barrié da Maza en A Coruña, na que visitaron a exposición de arquitectura. Moitos alumnos/as manifestaron interese nas maquetas e nos deseños arquitectónicos alí expostos, posteriormente tiveron unha actividade práctica en grupos, consistente na construción de estruturas sinxelas de vivendas con tubos de cartón no taller da Fundación.

 

 

San Valentín

Aqui unhas pouquiñas fotos do San Valentín

De Entroido

E maís fotos do entroido

 

De Entroido

Fotos Fragas do Eume

Aquí tedes as fotos da Ruta das Fragas do Eume dos de 2º ESO. Nuns días imos por mais fotos do Entroido..... pouco a pouco Sorriso

 

De Ruta Fragas Eume 2013 2º ESO

Comenza o entroido

CHARLAS SOBRE COOPERACIÓN

 

CHARLAS SOBRE COOPERACIÓN EN 2ºBACH

 

OS PASADOS 11 E O 28 DE XANEIRO ACUDIU AO NOSO INSTITUTO PERSOAL DA OFICINA DE COOPERACIÓN E VOLUNTARIADO DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA PARA DAR UNHAS CHARLAS INFORMATIVAS SOBRE COOPERACIÓN.

 

De varios

ACTO NA CASA DA CULTURA PINTOR LLORENS DE SADA

Fontes e Lavadoiros de Sada

O pasado venres 18 de xaneiroDE 2013 ÁS 20.00na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada tivo lugar a presentación pública do curto FONTES E LAVADOIROS NO CONCELLO DE SADA, auspiciado polo EDlG do noso centro, realizado por GALLAECIA FILMES, a productora de audiovisuais  creada no instituto ao abeiro do proxecto DCine,  que se está a levar a cabo no centro.

Parabéns a tódolos alumnos que dalgún xeito participaron na súa elaboración e ao seu profesor e compañeiro noso, Xosé Seoane polo traballo ben feito. Esperamos que sigan con ese entusiasmo e ilusión o seu labor e nos obsequien este curso con algún outro. 

As fotos do Nadal

 

Todas as Fotos do derradeiro Nadal

De Nadal 2012-13

 

 

Último día antes do nadal

Bo Nadal e feliz 2013!!!

De curso12-13

 

“Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de memorias dun neno labrego”

 

LUNS 26 DE NOVEMBRO ÁS 12H tivo lugar no noso centro a inauguración oficial da exposición itinerante:

“Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de memorias dun neno labrego”

 

UBICADA NO PATIO CENTRAL DO NOSO INSTITUTO,  

CONTAMOS COA PRESENCIA DE XOSÉ NEIRA VILAS, O ALCALDE DE SADA E A CONCEILLEIRA DE CULTURA AMÉN DE OUTRAS AUTORIDADES.

 

Durante estes días o noso instituto acolle a exposición itinerante “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego” coa finalidade de achegarlle á comunidade educativa a vida e obra de Xosé Neira Vilas. A mostra chega a Sada por medio da colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Concello e co impulso da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e a nosa ex-bibliotecaria pero compañeira e colaboradora nos labores da nosa biblioteca: Marisa Naveiro.

 

Contidos da exposición

‘Querido Balbino’ articúlase en torno a dous eixos que guían ao espectador a través dun túnel de vitrinas. Dun lado, aparece representada a traxectoria vital do escritor a partir de fotografías, documentos e correspondencia que serven para marcar diferentes momentos relevantes da súa biografía. Doutro, diversos documentos e materiais amosan o periplo seguido polo propio libro e polo protagonista. Así, a mostra lembra as edicións, as adaptacións teatrais e audiovisuais que tomaron como referencia Memorias dun neno labrego -da que se levan sacado do prelo máis de 600.000 exemplares a día de hoxe- e conta cunha parte audiovisual na que se proxecta un documental sobre Balbino.

A mostra-homenaxe presenta tamén trece obras pictóricas de autores galegos, inspiradas no protagonista de Memorias dun neno labrego, concretamente de Paco Lareo, Chema Pazos, Rofer, Siro López, Damian Paio, Esperanza Lema, Antón Pulido, Xoán Domato, Xaquín Marín ou Sabela Arias entre outros. A visita inclúe un catálogo explicativo ilustrado por comentarios aparecidos ao longo destes 50 anos de vida da obra e exhibe un documento único: a Carta a Balbino que Xosé Neira Vilas lle dedicou ao seu “fillo” literario.

Achegarlle as letras galegas á cidadanía

A exposición fai parada en Sada tralo seu paso -dende abril de 2011- polas bibliotecas e museos de Galicia e mais por localidades como Celanova, Verín, Lalín, A Estrada, Ponteceso, Betanzos, Ribeira ou Oleiros. A través da súa itinerancia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística quere seguir dinamizando a lingua a través das nosas letras e tamén impulsar o gusto pola lectura entre a cidadanía, nomeadamente entre as persoas máis novas, redescubrindo a que xa é unha das pezas máis emblemáticas da literatura galega.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut