Novidades
Actividade interactiva para conmemorar o Día Internacional contra o Acoso Escolar
Enviado por anonimo o Mar, 27/04/2021 - 14:00Novo contido na páxina web: "Saúde Xove"
Enviado por anonimo o Xov, 22/04/2021 - 10:40Infórmase a toda a comunidade escolar de que se habilitou nesta web unha ligazón nova, Saúde Xove, no sector destinado a orientación. Este link conduce a unha páxina creada pola Asociación de Pediatría que contén diversas informacións que atinxen á saúde de adolescentes (sexualidade, alimentación, exercicio, ocio e tempo libre...), todos eles contidos moi interesantes e veraces que poden ser consultados de forma libre e gratuita. Esperamos que sexa de utilidade para toda a comunidade educativa.
Taller da Cruz Vermella: Adicións "con e sen substancias"
Enviado por anonimo o Mar, 13/04/2021 - 10:57Cancións contra a violencia de xénero
Enviado por anonimo o Ven, 05/03/2021 - 12:34Deixámosvos nesta entrada unha ligazón que leva a unha lista de cancións feita dende o concello de Valencia, de diferentes xéneros musicais (pop, rock...), contra a violencia de xénero. Neste documento non só poderedes ler as letras, senon tamén escoitar os temas:
CANCIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Actividade: A publicidade e o sexismo
Enviado por anonimo o Ven, 04/12/2020 - 13:44ACTIVIDADES SOBRE O SEXISMO NA PUBLICIDADE
A continuación, móstrase unha ligazón a un blog onde tamén se pode traballar esta temática:
Visita da Asociación Transmiño
Enviado por anonimo o Xov, 03/12/2020 - 11:39Ao longo do mes de novembro o noso alumnado da ESO estivo a partipar nuns talleres sobre igualdade e LGTBI desenvolvidos pola asociación Transmiño.
Queremos agradecer á asociación e aos relatores o seu traballo e boa disposición de cara o noso alumnado. Estades convidados a volver cando queirades:
Sabores Do Mundo
Enviado por xmal o Dom, 17/12/2017 - 16:54
Fai algúns anos, o departamento de Orientacións do noso Centro baixo a coordinación de Mª José Solleiro, estaba tentando aportar inciativas de como integrar ó alumnado de outros lugares xeograficos e convertir iso que algúns ven como un problema, a inmigración, nunha vantaxe, nunha diferenza que nos mellorara cultural e persoalmente. Nesa discusións de que podiamos ou non facer, xurdiu a idea de que o alumando levara algo típico do seu lugar de orixe e explicara o resto do alumnado porque e para que se facía. O máis doado e pracenteiro era a comida, e por ahí empezou todo. Dende entón, o alumnado foi vendo a oportunidade de coñecer mellor ó alumnado inmigrante e viceversa e foi vendo a posibilidade de aportar máis información mediante escenografía e dramatizacións, creando decorados espectaculares con materiais de refugallo e low cost total, implicando as familias na elaboración dos pratos e como non, implicando a toda a comunidade escolar na integración total de culturas e roles sociais do Centro. Así, este ano participaran no xurado por 1ª vez, alumnado, representantes da ANPA, do persoal de servizos e profesorado e contaremos tamén por 1ª vez con tres categorías e con tres premios. |
BASES
CATEGORÍAS E PREMIOS
Haberá tres categorías, polo tanto seis premios:
Categoría I: 1º e 2º ESO.
- Primeiro premio
- Segundo premio (diploma)
Categoría II: 3º e 4º ESO
- Primeiro premio
- Segundo premio (diploma)
Categoría III: Bacharelato e Ciclos Formativos
- Primeiro premio
- Segundo premio (diploma)
CRITERIOS
- Implicación do grupo-clase.
- Traballo en equipo.
- Que as receitas estean debidamente contextualizadas( lugar do que son típicas, momento do ano no que é tradicional consumilas, etc)
- Que as receitas estean correctamente explicadas(ingredientes, proceso, presentación do elaborado).
- Creatividade nas presentacións.
- Decoración.
- Valorarase positivamente que os materiais de adorno, pratos e utensilios sexan reutilizables, non só de usar e tirar.
- Escenogafía.
- Dramatización.
OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE
- Favorecer o coñecemento mutuo do grupo clase e a súa cohesión.
- Coñecer costumes e características de diferentes países e culturas.
- Identificar similitudes entre as persoas e os diferentes grupos culturais.
- Favorecer que o alumnado traballe en equipo para preparar a festa e se esforce nun obxectivo común.
O alumnado deberá traer tódolos útiles que considere precisos para cortar servir e manipular os productos elaborados.
Os/as titores/as deberán anotar os grupos que participan dentro de cada grupo-clase e entregalos ao xurado o día antes da celebración do evento.
Igualmente comunicar que o Xurado está composto polos membros do DTO de ORIENTACIÓN e VICEDIRECCIÓN, un membro do persoal auxiliar e un membro da ANPA. Se alguén quere formar parte do xurado e non é titor que o comunique a vicedirección.