Sabores Do Mundo

Fai algúns anos, o departamento de Orientacións do noso Centro baixo a coordinación de Mª José Solleiro, estaba tentando aportar inciativas de como integrar ó alumnado de outros lugares xeograficos e convertir iso que algúns ven como un problema, a inmigración, nunha vantaxe, nunha diferenza que nos mellorara cultural e persoalmente. Nesa discusións de que podiamos ou non facer, xurdiu a idea de que o alumando levara algo típico do seu lugar de orixe e explicara o resto do alumnado porque e para que se facía. O máis doado e pracenteiro era a comida, e por ahí empezou todo.

Dende entón, o alumnado foi vendo a oportunidade de coñecer mellor ó alumnado inmigrante e viceversa e foi vendo a posibilidade de aportar máis información mediante escenografía e dramatizacións, creando decorados espectaculares con materiais de refugallo e low cost total, implicando as familias na elaboración dos pratos e como non, implicando a toda a comunidade escolar na integración total de culturas e roles sociais do Centro. Así, este ano participaran no xurado por 1ª vez, alumnado, representantes da ANPA, do persoal de servizos e profesorado e contaremos tamén por 1ª vez con tres categorías e con tres premios.

BASES

CATEGORÍAS E PREMIOS

Haberá tres categorías, polo tanto seis premios:

Categoría I: 1º e 2º ESO.

- Primeiro premio

- Segundo premio (diploma)

Categoría II: 3º e 4º ESO

- Primeiro premio

- Segundo premio (diploma)

Categoría III: Bacharelato e Ciclos Formativos

- Primeiro premio

- Segundo premio (diploma)

CRITERIOS 

  • Implicación do grupo-clase.
  • Traballo en equipo.
  • Que as receitas estean debidamente contextualizadas( lugar do que son típicas, momento do ano no que é tradicional consumilas, etc)
  • Que as receitas estean correctamente explicadas(ingredientes, proceso, presentación do elaborado).
  • Creatividade nas presentacións.
  • Decoración.
  • Valorarase positivamente que os materiais de adorno, pratos e utensilios sexan reutilizables, non só de usar e tirar.
  • Escenogafía.
  • Dramatización.

OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE

  • Favorecer o coñecemento mutuo do grupo clase e a súa cohesión.
  • Coñecer costumes e características de diferentes países e culturas.
  • Identificar similitudes entre as persoas e os diferentes grupos culturais.
  • Favorecer que o alumnado traballe en equipo para preparar a festa e se esforce nun obxectivo común.

O alumnado deberá traer tódolos útiles que considere precisos para cortar servir e manipular os productos elaborados.

Os/as titores/as deberán anotar os grupos que participan dentro de cada grupo-clase e entregalos ao xurado o día antes da celebración do evento.

Igualmente comunicar que o Xurado está composto polos membros do DTO de ORIENTACIÓN e VICEDIRECCIÓN, un membro do persoal auxiliar e un membro da ANPA. Se alguén quere formar parte do xurado e non é titor  que o comunique a vicedirección.

 

AdxuntoTamaño
Sabores do mundo 2018.png184.54 KB