MATRÍCULA PARA O CURSO 2021-2022

Prazo extraordinario de matrícula:  do 1 ao 10 de setembro.  Entrega de documentación no centro, de 9:00-14:00 horas.  Recoméndase formalizar a matrícula o antes posible.

Seleccione o curso no que se vai matricular o alumno/a e siga as instrucións.  Lembre que non é preciso acudir ao centro a solicitar os impresos de matrícula. No instituto non se facilitan os formularios nin se poden facer fotocopias. Todo o necesario está nos seguintes enlaces:

Instrucións e impresos de matrícula para:

1º ESO  Impresos de matrícula

2º ESO  Impresos de matrícula

3º ESO  Impresos de matrícula

4º ESO  Impresos de matrícula

1º BAC  Impresos de matrícula

2º BAC  Impresos de matrícula

 

Servizo de comedor:

Coa situación sanitaria actual motivada pola COVID, e mentres non haxa novas instruccións por parte da Consellería de Educación, o servizo de comedor manterase en suspenso durante o curso 2021-2022.

PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO CURSO 2021-2022

Estimadas familias:   na seguinte ligazón podedes atopar información sobre o inicio do curso.  LIGAZÓN

A recepción dos grupos será o 15 e 16 de setembro.  O martes 14, ás 20:00 horas, publicarase nesta páxina web a distribución do alumnado por grupos.  Rógase comprobar o grupo asignado para a ubicación do alumnado no patio o día da presentación.

O día da presentación o alumnado ten que traer asinada a declaración responsable (SÓ ESE DÍA)

Enquisa de autoavaliación clínica do COVID19 (recoméndase facela antes de saír da casa. NON TRAELA, NIN ENVIALA AO CENTRO)

LISTADO DE LIBROS CURSO 2021-2022

Prema no enlace para ver o listado.  Non acuda ao centro a solicitar a lista.  O centro non fai fotocopias.

Enlace

Información importante:  non mercar ata falar co profesor/a en setembro os seguintes libros de bacharelato que figuran no listado 

MATEMÁTICAS 1, Anaya  ISBN 9788467826883

MATEMÁTICAS 2,  ANAYA ISBN 9788469813515

ACTIVIDADES NAÚTICAS EN CASTRELO DE MIÑO

 O 24 e o 31 de maio do 2021, o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato e 3º ESO respectivamente, participaron na actividade “Xornada de vela e kaiak” en Castrelo de Miño organizada polo Departamento de Educación Física.

 Pola maña, a chegada ao Parque Naútico, o alumnado participou nun xogo de orientación recreativa “O gran xogo dos espías”.

Despois de xantar comezaron as actividades acuáticas e as ordenes dos monitores do Club Naútico se dividiron en  tres grupos  e así, participar na rotación das actividade propostas como barco de vela, kaiak, pedaleta, taboa de paddel surf e windsurf.

 Cabe destacar o marabilloso comportamento do alumnado e a súa participación activa e máxima implicación en cada unha das actividades propostas.

 A continuación deixamos uns enlaces de fotos de cada unha das xornadas.

"Xornada Naútica” 24 de maio de 2021 , alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato     https://photos.app.goo.gl/bt9DfeN7DWjbGMhR9

"Xornada Naútica” 31 de maio de 2021 , alumnado de 3º ESO     https://photos.app.goo.gl/kKb13jwPvNdHkqJ5A

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Xela Arias

Intempériome, poema de Xela Arias recitado polo profesorado do instituto

https://youtu.be/2ynjzzRyoUE

 

E por parte do alumnado https://youtu.be/x8d1XEJrkgQ

Tolerancia e Respecto

Un grupo de 8 alumnos de 2º Bacharelato interesados en facer Educación Social, Psicoloxía, Enfermería... prepararon unha charla de 45 minutos aproximadamente sobre o tema TOLERANCIA e RESPECTO. 

Os días 13 e 27 de abril, martes, na hora de Titoría e divididos en grupos de 2, impartiron a charla nos 4 grupos de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bach.

DÍA DO LIBRO 2021

Ao longo do último ano, cando a maioría dos países viviron períodos de confinamento e a xente tivo que limitar o tempo que pasaba ao aire libre, os libros convertéronse en poderosas ferramentas para combater o illamento, para reforzar lazos entre persoas, para expandir os nosos horizontes, ao tempo que estimulaban as nosas mentes e a nosa creatividade. 

 

Durante o mes de Abril e durante todo o ano, é vital celebrar a importancia da lectura, fomentar o crecemento como lectores dos nosos nenos e nenas, promover entre o alumnado o amor pola lectura.  Non hai mellor vacina para as nosas mentes que a lectura dun bo libro.

Actividades do día do libro 2021:

https://laboresvarios.blogspot.com/2021/04/dia-do-libro-2021-i.html

https://laboresvarios.blogspot.com/2021/04/dia-do-libro-2021-ii.html

 

A Orixe do Día do Libro remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Tamén nun 23 de abril naceron – ou morreron – outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural.  No noso centro temos esta exposición para conmemorar o día.

Saint Patrick's Day

Dezasete de marzo de 2021: no instituto celebramos o día de San Patricio, patrón de Irlanda. Os rapaces e rapazas vestiron de verde ou trouxeron un trébol da sorte como di a tradición, pero adémais deixaron plasmadas as súas mensaxes expresando os motivos polos que se sinten afortunados. “May your day be touched with a bit of Irish luck, brightened by a song in your heart and warmed with smiles by the people you love” Happy St. Patrick’s day!!

                             

Outras imaxes

FACEMOS AS MALETAS

Os días 9 e 12 de marzo realizamos a actividade "FACEMOS AS MALETAS! ", organizada polo departamento de Xeografía e Historia para 1⁰ da ESO.
Un percorrido guiado interactivo polo castro de San Cibrao de Las no que foi Montse a especialista encargada de explicarlles detalladamente a "cidá" a vista de paxaro, por medio de videos realizados con drones, así como a demostración de como facían lume cunha técnica castrexa e, incluso mostrou unha réplica da ara votiva que da nome á citania de San Cibrao de Las.
Foi Unha actividade moi interesante e proveitosa para o alumnado de 1⁰ da ESO xa que estamos estudiando nestes intres a cultura castrexa de Galicia.

Outras fotos da actividade:  ligazón

Masterclass Virtual de Física de Partículas

Participación na Masterclass virtual de Física de Partículas.

Setenta estudantes do último curso de bacharelato de 28 centros de Galicia participaron o 11 de marzo de 2021 na Masterclass virtual “Física de Partículas coas mans” organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), en colaboración coa Sociedade Europea de Física, o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) e Fermilab (Laboratorio Nacional Fermi), e promovida polo Grupo Internacional de Divulgación de Física de Partículas (IPPOG). Cabe destacar que a participación feminina foi dun 47%.

 En representación do IES Ferro Couselo participaron Rebeca Baliña Rodríguez e Sara González Vázquez. Debido á situación sanitaria, esta edición levouse a cabo dende o centro educativo.

Tras a benvida do director do IGFAE, Carlos Salgado, a clase maxistral consistiu nunha introdución á Física de Partículas por parte do director executivo asociado e investigador do IGFAE, Néstor Armesto, e nunha charla sobre detectores de partículas  a cargo do investigador predoutoral Marcos Romero. A continuación tivo lugar unha sesión práctica por ordenador na que se identificaron eventos ‒colisións de partículas subatómicas‒ empregando datos reais do experimento CMS do Gran Colisionador de Hadróns (LHC) do CERN.

 Pola tarde, os estudantes puxeron en común os resultados do exercicio práctico e conectáronse por videoconferencia co CERN para discutilos con outros centros europeos que organizan simultaneamente unha xornada idéntica.

Imaxe: Selección de participantes e membros da organización durante a benvida á masterclass. Crédito: IGFAE

 

 

Distribuir contido