8M IES Ferro Couselo

O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, tivo lugar no IES Ferro Couselo un pequeno acto para marcar este día no noso calendario.

Consistiu nunhas breves palabras da Directora, Ana María Gómez, que quixo pór en valor o traballo non remunerado das mulleres na casa. Para facer visible este traballo varias profesoras e algunha alumna puxemos o mandil.

A música correu a cargo de Nicolás Montero, de 4º ESO B.

O centro vestiuse con exposicións elaboradas polos diferentes departamentos (EDLG, Matemáticas, Física, Educación Física e Música) sobre mulleres que destacaron nos diferentes ámbitos.

Todas estas actividades son unha forma de  sensibilizar ao noso alumnado  e de apostar por unha educación en igualdade.

Adxunto fotos e un vídeo de Nicolás Montero ao piano: https://www.youtube.com/shorts/tV6KtRbd8y4

Grazas aos que vos implicastes nas diferentes actividades.

Alberto García Ferreiro, poeta de Barbadás

A Asociación Cultural Porta da Cadea , de Sobrado do Bispo, quere pór en valor a figura do poeta de Barbadás Alberto García Ferreiro, discípulo de Curros Enríquez, difundindo a súa obra  co  obxectivo de que a RAG o elixa para ser homenaxeado polo Día das Letras Galegas.

A Asociación pediunos que fixeramos algunha actividade arredor da obra do poetas e o EDLG con  alumnos de 1º e 2º de Bacharelato elaborou este vídeo do poema Ergueuse coa aurora, da obra Chorimas (1890).

Foi visionado no evento público que tivo lugar en Sobrado do Bispo, Barbadás, o 12 de marzo deste ano no que andamos.

É a nosa pequena contribución á difusión da obra do poeta Alberto García Ferreiro.

https://youtu.be/yuupfd6K8dQ

TODO CIENCIA NO FERRO

Hoxe 24 de febreiro o alumnado de 3° de ESO do #IESFerroCouselo realizou a pé a ruta matemática "Ourense Histórico" con #MathCityMap . Matemáticas, arte e ciencia únense ao fomento de hábitos saudables. Noraboa ao Dpto. de Matemáticas e agradecementos a@Iriaffonte polo deseño da ruta.

 

DÍA DA PAZ 2023

Segundo a lenda, as relacións humanas estarían predestinadas por un fío vermello que os deuses atan ao dedo maimiño daqueles que teñen como obxecto atoparse na vida. A lenda é firme: se o destino ten preparado que che atopes cunha persoa en concreto, así será. A lenda afirma que aqueles que estean unidos polo fío vermello están destinados a converterse en almas xemelgas, e vivirán unha historia importante, e non importa canto tempo pase ou as circunstancias que se atopen na vida. O fío vermello pode enredarse, estirarse, tensarse ou desgastarse… pero nunca romper.

O fío vermello do Ferro

Reserva de praza para o curso 2023-2024

Todas as solicitudes de reserva presentadas para 1º ESO ou 1º Bacharelato   foron admitidas.

PUBLICADA A ORDE POLA QUE SE REGULA O PROCEDEMENTO DE RESERVA DE PRAZA PARA ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS PARA O CURSO 23/24.

Prazo: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro

Enlace para cubrir a solicitude: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

NOTA; Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Instrucións xerais admisión para o curso 2023-2024

Calendario admisión alumnado 23-24

Admisión alumnado 23-24

PROBAS DE NIVEL DE CERTIFICACIÓN DE COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN INGLÉS

Unha vez realizadas as probas de nivel para a certificación de competencia lingüística nos niveis B1 ou B2 do Marco Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL), os 21 alumnos e alumnas de 2º de bacharelato matriculados nas mesmas obtiveron a súa certificación: 

10 alumnos en nivel B1

11 alumnos en nivel B2

            

PARABÉNS A TODO O ALUMNADO

 

A Consellería financiou a proba con 2.000€, polo que foi de balde para alumnado e familias, cunha contía de 100€ por proba e alumno (20),  para a realización das probas das destrezas orais e escritas e a certificación correspondente.  Co obxecto de que todo o alumnado interesado tivera as mesmas posibilidades, pois foron 21 os alumnos interesados,  o centro asumiu as taxas dun alumno.

25 de Novembro: Bolboretas contra a violencia

 cartel              bolboretas

   enlace ao video

 

DÍA INTERNACIONAL DA TOLERANCIA

Actividades do día 16 de novembro: Día internacional da Tolerancia
TRATA AOS DEMAIS COMO QUERES QUE TE TRATEN A TI

Preme no enlace para ver mais imaxes:  Enlace

O Ferro Couselo na San Martiño 2022

 O profesorado e alumnado do noso centro estivo presente na edición nº45 da carreira popular San Martiño. Este evento levaba dende 2019 sen celebrarse con normalidade, pero puidemos ver que trala pandemia segue a congregar a milleiros de persoas dispostas a pasar unha mañá divertida e saudable.  Visita o blog activateferrocouselo para ver mais fotos.

 

Distribuir contido