Filosofía

2023-2024 CRITERIOS CUALIFICACIÓN-AVALIACIÓN 1º e 2º de BACHARELATO FILOSOFÍA

Os criterios de cualificación de 1º bacharelato serán os seguintes: 

1. As probas escritas, calquera que sexa o seu formato (exames, probas escritas de lecturas, comentario de texto, composición, argumentación escrita...), suporá o 90 % da cualificación de cada trimestre (solamente haberá unha proba por trimestre). 

2. O caderno de aula (que pode presentarse tamén como follas de archivador), cos apuntes diarios da materia, suporá un 10%. Consideradase completo si o alumnado recolle as anotacións diarias ofrecidas polo profesor.

3. A nota final de cada trimestre será o resultado de sumar a nota do exame (ata unha cualificación de 9) á nota do caderno (ata 1). 

4. As actividades voluntarias (lecturas e traballos na aula virtual) servirán para redondear ou/subir a nota sempre que o alumno xa tivera acadada previamente nas probas escritas unha nota mínima dun 4,5.

A nota da avaliación final será calculada como a media aritmética das notas das tres avaliacións parciais(non é necesario que aproben as tres avaliacións si en conxunto acadan uns coñecementos mínimos).

Á nota de cada avaliación se lle aplicarn as seguintas regras de redondeo: (1) Ao enteiro superior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa igual ou superior a 5 (un 4.5 ou un 4.6 se redondean ao 5). (2) Ao enteiro inferior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa inferior a 5 (un 4.4 ou un 4.3 se redondean ao 4) . 

Entenderase superada a avaliación cando o alumnado obteña unha cualificación igual ou superior ao 5, unha vez aplicados os criterios anteriores.

 Os criterios de cualificación de 2º de bacharelato:

As probas escritas co formato da proba de acceso á universidade suporán o 100 % da cualificación global (poderá haber máis dunha proba por trimestre; nese caso se fará unha media aritmética das probas). O alumno poderá presentarse voluntariamente a probas de recuperación -e de repetición de exames- para subir nota.

Este criterios serán avaliados mediante rúbrica con indicadores claros diferenciados, comprensibles e traballados na aula co o alumnado.

A nota da avaliación final será calculada como a media aritmética das notas das tres avaliacións parciais.

Á nota de cada avaliación se lle aplicarán as seguintes regras de redondeo: (1) Ao enteiro superior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa igual ou superior a 5 (un 4.5 ou un 4.6 se redondean ao 5). (2) Ao enteiro inferior máis próximo no caso de que a cifra das décimas sexa inferior a 5 (un 4.4 ou un 4.3 se redondean ao 4) .

Entenderase superada a avaliación cando o alumnado obteña unha cualificación igual ou superior ao 5, unha vez aplicados os criterios anteriores.

 O procedemento de recuperación será por trimestre ou por exames individuais a través dunha proba.

Cando un alumno/a teña dúas ou tres avaliacións suspensas, terá a oportunidade de facer unha proba extraordinaria baseada nos criterios mínimos das unidades correspondentes. A avaliación será superada cando a súa nota sexa igual ou superior a 5.

A cualificación da avaliación extraordinaria estará composta exclusivamente polo resultado dunha proba escrita diseñada polo departamento de Filosofía dacordo cos criterios das probas de acceso á universidade (aplicarase ao resultado final o redondeo xa detallado na programación). O alumnado supera a materia cando acada una cualificación igual ou superior a 5, unha vez aplicado o redondeo.

CURSO 2022-2023 Adenda as programacións de 2º e 4º da ESO, na materia Valores

En documento adxúntase a Adenda á programación de Valores éticos, 2º e 4º da ESO

Distribuir contido