Concursos

CONCURSO FOTOGRÁFICO

Ampliado o prazo para presentar fotografías para o concurso.  Animádevos a participar ata o día 12 de abril.  Podedes ver algunha foto participante na galería de imaxes.
Neste concurso participan os centros: CEIP O Ruxidoiro, CEIP Filomena Dato, IES Xesús Ferro Couselo.

 

   

 

Concurso de deseño para a creación do Logotipo Institucional do I.E.S. Xesús Ferro Couselo

A Vicedirección coa colaboración do Departamento de Educación Plástica e Visual

do IES Xesús Ferro Couselo convocan:

 Concurso de Deseño para a creación do Logo Institucional do Instituto.

 Se che gusta o deseño gráfico, es creativo, con iniciativa, tes imaxinación e capacidade para reducir unha mensaxe á mínima expresión... esta é a túa oportunidade para demostralo. 

Lembra: deseñar o logo do centro ten unha responsabilidade, debes transmitir os valores e funcións esenciais do noso centro educativo. 

Preme no seguinte enlace para consultar as Bases: Concurso Logo. pdf

O prazo de entrega de deseños remata o 10 de abril de 2016.

Aquí tes algúns exemplos de logos oficiais da Xunta de Galicia:

               

Concurso de tarxetas de Nadal

  

“Desexa un Bo Nadal en GALEGO”

 

O prazo de presentación remata: 11 de decembro.

O fallo do xurado darase a coñecer durante o Festival de Xoves Intérpretes, 18 de decembro, venres, día da entrega de premios.

Bases do concurso: Blog O galego do Quinto

Samaín 2015. Concurso de Cabazas e obxectos decorativos

O Departamento de Dinamización Lingüística convoca:

 Concurso de cabazas e obxectos de decoración para Samaín

(morcegos, esqueletos, arañas... e toda clase de cousas terroríficas)

Preme na seguinte ligazón para coñecer as bases do concurso:

Samaín.pdf

O prazo de entrega de traballos é o 28 de outubro de 2015.


No blog do ENDL podes consultar os alumnos premiados: http://laboresvarios.blogspot.com.es/ 

Distribuir contido