Transporte escolar

Aviso:

 Solicítase que os/as alumnos/as usuarios do transporte de bacharelato ( IES Ferro Couselo) accedan ao autobús na parada máis próxima o enderezo que indicaron na solicitude.

 Gracias.

 

CURSO 2024-2025

Información sobre o inicio do curso

 

 

 

Mais información aquí

 

Entradas e saídas ESO:

Dende o xoves 12 de setembro, as entradas e saídas faranse no horario normal de 8:30 a 14:10 pola mañá e de 16:00 a 17:40 na tarde do luns
pola parte do PATIO POSTERIOR

 

Entradas e saídas BACHARELATO:

Dende o xoves 12 de setembro, as entradas e saídas faranse no horario normal de 8:30 a 14:10 pola mañá e de 16:00 a 17:40 na tarde do luns

pola PORTA PRINCIPAL

 

 

Para acceder á aula virtual por primeira vez, preme no seguinte enlace e segue as instrucións deste documento

Aviso sobre comedor escolar para o curso 2024-2025

Informamos ás familias de que todas as solicitudes de comedor escolar foron admitidas. Como todos os usuarios de transporte escolar tienen derecho a comedor, no caso de non estar interesados neste servizo de comedor, deberán solicitalo por escrito, comprometéndose a recoller ao alumno durante o tempo de comedor (luns ao mediodía) e a traelo de volta ao instituto para a xornada da tarde. Dita solicitude asinada polos pais/nais deberá ser entregada no centro antes do inicio do novo curso. O servizo de comedor empeza o primeiro luns lectivo.

HORARIO DE VERÁN

XULLO

  • Do 1 ata o 8  de 9:00-14:00 (Matrícula)

  • O resto dos días do mes de xullo 9:00-13:00

 AGOSTO

  • Durante o mes de agosto o centro estará pechado a nivel administrativo.

  • No caso de urxencia o contacto co centro poderá ser por e-maiL   ies.ferro.couselo@edu.xunta.es

            ou telefónico chamando de 10:00 a 13:00 a calquera dos  teléfonos seguintes:

     Tlf.: 692628585 Tlf.: 662523554

Libros de texto curso 2024-2025

Publicación e entrega de boletíns de cualificacións finais

Día 25 de xuño (martes):  1º Bacharelato: publicación de cualificacións en Abalar, ás 12:00 horas.

                                                         entrega de boletíns, ás 12:00 horas.

                                  ESO:  publicación de cualificacións en Abalar, ás 21:00 horas.

Día 26 de xuño (mércores): ESO: entrega de boletíns, ás 11:00 horas.

Lembramos que, unha vez coñecidas as cualificacións do curso actual, todo o alumnado que teña pensado seguir no centro ten que matricularse para o curso 2024-2025, entregando en secretaría a documentación que poden atopar nesta páxina web.  O feito de ser alumnado do centro non supón estar xa matriculado para o curso seguinte.

O prazo para entregar a documentación remata o día 8 de xullo.

MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025

Comedor escolar para alumnado de ESO:  Publicadas con data 1 de xuño as Instrucións de xestión de comedores para o vindeiro curso 2024-2025, é necesario que todos os usuarios do servizo cubran e entreguen no centro o seguinte modelo de autodeclaración debidamente cuberto. Modelo de autodeclaración aquí

Enderezo electrónico do instituto: ies.ferro.couselo@edu.xunta.gal

Prazo ordinario de matrícula: do 23 de xuño ao 8 de xullo . Lembramos que non hai período extraordinario de matrícula en setembro. Entrega de documentación no centro, de 9:00-14:00 horas.  Recoméndase formalizar a matrícula o antes posible.

Seleccione o curso no que se vai matricular o alumno/a e siga as instrucións.  Lembre que non é preciso acudir ao centro a solicitar os impresos de matrícula. No instituto non se facilitan os formularios nin se poden facer fotocopias. Todo o necesario está nos seguintes enlaces:

Instrucións, impresos de matrícula e outra documentación para:

1º ESO:  Impresos de matrículaANPAautorización uso de imaxes

2º ESO:  Impresos de matrícula,  ANPAautorización uso de imaxes

3º ESO:  Impresos de matrícula,  ANPAautorización uso de imaxes

4º ESO:  Impresos de matrícula,  ANPAautorización uso de imaxes

1º BAC: Impresos de matrícula,  ANPAautorización uso de imaxes, Anexos

2º BAC:  Impresos de matrícula,  ANPAautorización uso de imaxes, Anexos

 

FONDOLIBROS Curso 2024-2025

 

LIGAZÓN a Fondolibros

Prazo de presentación de solicitudes:  do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos

Solicitudes: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Texto da convocatoria: Orde do 7 de maio de 2024

Publicación de listaxes provisionais: 12 de xullo de 2024

Publicación de listaxes definitivas: 26 de xullo de 2024

Publicación de actos

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade: á listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; á listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e á relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar nas que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación da que carezan.

Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

 

Devolución dos libros de texto do curso 2023-2024 FONDOSOLIDARIO

DEVOLUCIÓN: o último día lectivo, ao remate da xornada.

Ligazón ao procedemento

Distribuir contido