Aula Newton
Enviado por admin o Lun, 04/12/2023 - 15:16O alumnado de física e química de 4º de ESO, acompañado dos profesores Rafael Nóvoa e Ana Reboiro, acudiu o pasado 30 de novembro á Aula Newton situada no Parque Tecnolóxico de Galicia para realizar a actividade Volando con números: unha aventura aérea.
Nesta actividade os estudantes recibiron una misión do Centro Integrado de Atención a Emerxencias da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), que consistiu en colaborar na observación de diversas ubicacións de Ourense e Pontevedra para axudar a establecer as prioridades das misións de rescate.
O alumnado tivo que facer uso da física e das matemáticas para elaborar un plan de voo co que manexar correctamente un simulador aéreo.
Medir distancias entre localidades, interpretar a escala dun mapa, estimar os tempos de voo e indicar o rumbo a seguir foron algunhas das tarefas que a tripulación tivo que realizar para completar de forma exitosa a misión.
Deixamos aquí unhas imaxes da xornada.
25 de novembro
Enviado por admin o Dom, 03/12/2023 - 11:15A programación do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres ten como lema Encarar TODAS as formas de violencia de xénero.
Con este lema, a Concellería de Igualdade do Concello de Ourense desenvolverá diferentes propostas, como Escape Room e contacontos para alumnado de Primaria e Secundaria, unha exposición fotográfica e un curso de autodefensa.
Días 20, 21 e 22 de novembro.
· Escape Room contra a Violencia de Xénero: Rexeita o maltrato, nos IES Ferro Couselo, O Couto e Prieto Nespereira. Dinamiza: Territorio Comanche.
Coa axuda do videoclip da canción "PICANME OS OLLOS" da artista galega Guadi Galego & Depedro, o noso alumnado reflexionou sobre a necesidade de actuar ante as situacións de violencia ou inxustizas para construir o futuro que queremos.
Tomando como referencia a letra da canción , uniron todos os espazos do centro educativo, mostrando o seu compromiso en contra da Violencia de Xénero. #25N#aFERRateanOnviolencia
Exposición AstrónomAs
Enviado por admin o Ven, 01/12/2023 - 12:17Esta historia comezou hai miles de anos, cando as nosAs antepasadAs miraron cara o ceo e observaron o Sol, a Lúa e as estrelas. Durante anos, outras mulleres seguiron observando o universo facendo interesantes e importantes descubrimentos.
Vas iniciar unha viaxe da man destas mulleres que te levará a descubrir moitos dos misterios da Astronomía que elas desvelaron con bravurA, Alegría e Afán.
Con este texto comeza a exposición virtual AstrónomAs, centrada en máis de trescentas mulleres dedicadas ao estudo da Astronomía e da Astrofísica e que traballan nalgún dos catorce temas arredor dos que se estrutura a mostra, entre eles, os cúmulos estelares, a física de astropartículas e a cosmoloxía.
Estes días podemos visitar nos corredores do instituto o formato físico imprimible desta exposición, que xorde como unha continuación de Con A de AstrónomAs nacida no Ano Internacional da Astronomía 2009 e que percorreu durante doce anos museos e centros educativos de todo o país.
A renovación daquela existosa mostra foi realizada por un equipo interdisciplinar de profesionais de diferentes ámbitos, coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a Sociedade Española de Astronomía (SEA).
Con esta exposición continuamos as actividades do proxecto Camiño de Santiago cheo de vida, no que participan as profesoras Ana López, Salud Gago, Ana Reboiro e María José González, xunto con profesorado de centros de Almería, Tenerife e Murcia.
Este curso, no noso instituto, ademais de traballar co alumnado aspectos do patrimonio histórico, cultural e natural das vilas polas que transcorre o Camiño de Santiago ao seu paso pola provincia de Ourense, realizaremos varias actividades arredor da astronomía e do Camiño das estrelas.
Nesta ocasión, o alumnado de 2º e de 3º de ESO resolveu un tríptico-cuestionario sobre a exposición AstrónomAs. Tivo que ler polo miúdo e seleccionar a información dos paneis, redactar correctamente as respostas e tamén indagar no formato virtual da exposición.
Velaquí unha mostra da actividade:
Coñece Ourense
Enviado por admin o Ven, 01/12/2023 - 12:14

Boletíns de cualificacións
Enviado por admin o Xov, 23/11/2023 - 09:01Por decisión do claustro de profesorado e co obxectivo de reducir o consumo de papel no centro, os boletíns de cualificacións entregaranse únicamente en formato dixital, a través da aplicación ABALAR.
A entrega das notas en papel quedará unicamente para aquel alumnado que non dispoña da aplicación ABALAR ou o solicite enviando un e-mail ao centro.
As notas finais (ordinarias e extraordinarias) sempre se entregarán nos dous formatos, papel e dixital.
A entrega de notas farase como se indica no cadro:
YAM: PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO NA MOCIDADE 2023-2028, COFINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA.
Enviado por admin o Mér, 22/11/2023 - 11:26O noso centro foi seleccionado para participar no proxecto Youth Aware of Mental Health (YAM) centrado na creación de grupos de discusión e de resolución de conflitos e apoio por parte dos propios pares (menores entre 12 e 16 anos) nos centros escolares, dirixidos por persoal instrutor con experiencia no traballo con persoas mozas.
Neste curso o programa vai dirixido ao alumnado de 3º ESO. Dito alumnado LEVOU A CASA O MARTES 21 unha carta con información para as familias e o impreso de consentimento.
O consentimento de participación será solicitado por un mebro /a do equipo de investigación do proxecto que a maiores informará e resolverá calquera cuestión ou dúbida nunha reunión a que quedan invitados tantos as familias como o alumnado de 3º ESO que o desexe.
DATA DA REUNIÓN: MARTES 28
HORA : 20:000H
LUGAR: AULA DE MÚSICA
PONENTE: Persoal INSTRUCTOR do YAM
Para máis información podedes consultar a web do proxecto que atoparedes na ligazón: https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/YAM
e no QR do díptico para os pais /nais /titores legais
Proxecto agrupacións escolares: Un Camiño de Santiago cheo de vida
Enviado por admin o Ven, 17/11/2023 - 08:36Digital Week 2023
Enviado por admin o Ven, 10/11/2023 - 08:50Para ver imaxes das actividades do alumnado participante, preme no enlace á páxina web:
Accede ao blog, escolle a semana 6 e introduce o contrasinal 6Dixpe.
SAMAÍN 2023
Enviado por admin o Xov, 02/11/2023 - 08:45O luns 30 e o martes 31 de outubro, co gallo da celebración dun terrorífico Samaín, o alumnado de 1º e 2º ESOparticipou nun Scape Roomno que tiñan 30 minutos para indagar polo laboratorio de ciencias, resolver probas, averiguar códigos e mesturar os compoñentes adecuados para librarse de que as profesoras zombies os atacaran e lles CHUCHARAN o cerebro, evitando así converterse en ZOMBIES das súas materias. Todos os grupos o intentaron pero solamente algúns acadaron a chave que os salvaron dos canibales zombies. A experiencia non defraudou, foron 30 minutos de terrorífica diversión para todos os presentes. GANAS DE MÁIS!!
https://youtu.be/rHqIVOlaqBc?si=lJbLUAn6PBUrw2cJ
Tamén, durante os recreos do xoves 26, venres 27 e luns 30 de outubro, houbo sesión de cine no que se proxectaron unhas curtas de medo, en colaboración co EDLG.
Verónica Sofía Lucas
GAÑADORES DO CONCURSO "O misterio do anel dourado"
Valentina e Laura Iker
Un camiño de Santiago cheo de vida
Enviado por admin o Lun, 30/10/2023 - 11:37O mércores 26 de outubro, como actividade do proxecto Camiño de Santiago cheo de vida: cultura, natureza e ecoloxía, visitamos a estación meteorolóxica do IES Chamoso Lamas do Carballiño, fixemos unha pequena ruta camiñando e rematamos o chuvioso día no Mosteiro de Oseira.
Unha actividade nun chuvioso día de outono que resultou ser moi enriquecedora.
