Aulas de Divulgación da UNED

O IES Ferro Couselo incorporouse no curso 2023-2024 ao programa Aulas de Divulgación da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), programa no que participan tamén outros centros educativos da cidade. As actividades propostas abarcan varios aspectos da ciencia e consisten en conferencias e obradoiros prácticos dirixidos a estudantes de ESO e bacharelato.

 
Na primeira actividade deste curso, o 20 de febreiro, o alumnado de 4º de ESO asistiu á charla Paleontoloxía: conceptos e métodos da man do investigador doutor Adán Pérez García, paleontólogo da Facultade de Ciencias da UNED. Neste enlace podemos ler a extensa crónica que publica na súa páxina web o Centro Asociado UNED Ourense.

Acompañou e presentou ao ponente o director deste centro, Jesús Manuel García Díaz, que uns días máis tarde, o 28 de febreiro, visitou de novo o noso instituto para conversar co alumnado de 2º de bacharelato sobre as posibilidades educativas que ofrece a UNED, a forma de acceso a esta universidade, o método de estudio, etc.  Aquí podemos acceder a información detallada sobre esta actividade.

 
A continuación as imaxes de ambas xornadas.
  
 

ENTROIDO 2024

O pasado venres 9 de febreiro, o departamento de Eduación Física, en colaboración con Vicedirección, organizou Festival de Entroido. A temática escollida polo profesorado , este ano, foi Profesores de Película. Moito profesorado animouse a participar e a realizar unha coreografía grupal onde o esforzo e a implicación se viu reflexada.
O alumnado, pola súa parte, participou no concurso de compasas, xa todo un clásico no Ferro. Desta vez o equipo gañador foi "Formulación", alumnado de 4º ESO C.
Moitas grazas a todos pola colaboración e implicación no traballo.

A continuación podedes premer nos enlaces para revivir o vivido.

Manuel L LOLOLOLO (1º BAC)         https://youtu.be/Y7bVNL6q6ZY

Polis e Cacos (4ª ESO A)      https://youtu.be/4IAvO8-3mRY

BOX (4º ESO B)       https://youtu.be/h-zbT-8rbL4

"Formulación" (4º ESO C)      https://youtu.be/b4uK5CZrF-I

Los Magoquitos (2º ESO A)     https://youtu.be/Hps6QebvC28

Las Bratz      https://youtu.be/piduQ1f8So8

Vaqueros e Indios (3ºESO B)    https://youtu.be/3wS9P_-2qRY

Profes de Película    https://youtu.be/F4lUJAmEFEw

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024

Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 12/02/2024).
A solicitude destas axudas iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

Máis información no enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42358

Proceso Admisión curso 2024-2025

TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS FORON ADMITIDAS

Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.

Para renunciar a unha solicitude de admisión ordinaria anterior (do 1 ao 20 de marzo) terá que presentar unha nova solicitude ED550B en prazo na que terá que cubrir os datos que aparecen no recadro “Supostos específicos”

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

Mais información

Vacantes para admisión

Reserva de praza para o curso 2024-2025

Todas as solicitudes de reserva presentadas foron admitidas

Ábrese o o prazo de reserva para o curso 24-25 ao alumnado dos centros adscritos de primaria e secundaria. O prazo vai desde o 15 de xaneiro ao 5 de febrero ata as 23:59h

Enlace para cubrir a solicitude on-line

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Pódese consultar a documentación para a presentación no seguinte enlace

Instrucións xerais admisión para o curso 24-25

 

 

Protocolo que regula o uso dos móbiles nos centros de ensino

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2024

A Xunta de Galicia vén de publicar o protocolo para regular o uso dos móbiles nos centros educativos durante o tempo de lecer, a través do que se amplía á totalidade da xornada escolar a limitación do uso de teléfonos e dispositivos electrónicos que xa estaba vixente no interior das aulas desde 2015 en todos os centros sostidos con fondos públicos de Galicia. 

Enlace

 

Bo Nadal 2023

Enlace ao video

A comunidade educativa do IES Ferro Couselo deséxavos Felices Festas

 

Navegando polo Universo

O alumnado de 2° de ESO participou onte 20 de decembro na actividade 'Navegando polo Universo' da man de Íñigo de la Quadra-Salcedo

No interior do seu planetario móbil, unha cúpula semiesférica de cinco metros de diámetro que consta dun proxector de última xeración, realizamos unha viaxe a través do cosmos. Ademáis de contemplar a nosa galaxia, a Vía Láctea, puidemos observar a estrela polar, a Osa Maior, os movementos dos corpos do Sistema Solar, achegarnos á superficie do Sol e mesmo á cara oculta da Lúa. 

Grandes figuras do mundo da ciencia e da astronomía, como Eratóstenes, Ptolomeo, Copérnico Galileo ou Newton, tiveron tamén o seu protagonismo nesta fantástica sesión coa que rematamos as actividades de 2023 do proxecto 'Un camiño  de Santiago cheo de vida' .

Velaquí unha breve reportaxe fotográfica da xornada:

 

Encontros literarios

Encontros literarios do primeiro trimestre

Neste primeiro trimestre do curso, as profesoras de lingua castelá partiparon co seu alumnado en encontros literarios coas autoras Alba Cid, Rosa Huertas, Alba Guzmán e Mónica Rodríguez.
No blog da BiblioFerro podedes acceder a información máis detallada destas actividades e tamén a algunha imaxe.
 

Aula Newton

O alumnado de física e química de 4º de ESO, acompañado dos profesores Rafael Nóvoa e Ana Reboiro, acudiu o pasado 30 de novembro á Aula Newton situada no Parque Tecnolóxico de Galicia para realizar a actividade Volando con números: unha aventura aérea.

Nesta actividade os estudantes recibiron una misión do Centro Integrado de Atención a Emerxencias da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), que consistiu en colaborar na observación de diversas ubicacións de Ourense e Pontevedra para axudar a establecer as prioridades das misións de rescate.

O alumnado tivo que facer uso da física e das matemáticas para elaborar un plan de voo co que manexar correctamente un simulador aéreo. 

Medir distancias entre localidades, interpretar a escala dun mapa, estimar os tempos de voo e indicar o rumbo a seguir foron algunhas das tarefas que a tripulación tivo que realizar para completar de forma exitosa a misión. 

Deixamos aquí unhas imaxes da xornada.

 

Distribuir contido