Aula Newton

O alumnado de física e química de 4º de ESO, acompañado dos profesores Rafael Nóvoa e Ana Reboiro, acudiu o pasado 30 de novembro á Aula Newton situada no Parque Tecnolóxico de Galicia para realizar a actividade Volando con números: unha aventura aérea.

Nesta actividade os estudantes recibiron una misión do Centro Integrado de Atención a Emerxencias da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), que consistiu en colaborar na observación de diversas ubicacións de Ourense e Pontevedra para axudar a establecer as prioridades das misións de rescate.

O alumnado tivo que facer uso da física e das matemáticas para elaborar un plan de voo co que manexar correctamente un simulador aéreo. 

Medir distancias entre localidades, interpretar a escala dun mapa, estimar os tempos de voo e indicar o rumbo a seguir foron algunhas das tarefas que a tripulación tivo que realizar para completar de forma exitosa a misión. 

Deixamos aquí unhas imaxes da xornada.