Aulas de Divulgación da UNED

O IES Ferro Couselo incorporouse no curso 2023-2024 ao programa Aulas de Divulgación da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), programa no que participan tamén outros centros educativos da cidade. As actividades propostas abarcan varios aspectos da ciencia e consisten en conferencias e obradoiros prácticos dirixidos a estudantes de ESO e bacharelato.

 
Na primeira actividade deste curso, o 20 de febreiro, o alumnado de 4º de ESO asistiu á charla Paleontoloxía: conceptos e métodos da man do investigador doutor Adán Pérez García, paleontólogo da Facultade de Ciencias da UNED. Neste enlace podemos ler a extensa crónica que publica na súa páxina web o Centro Asociado UNED Ourense.

Acompañou e presentou ao ponente o director deste centro, Jesús Manuel García Díaz, que uns días máis tarde, o 28 de febreiro, visitou de novo o noso instituto para conversar co alumnado de 2º de bacharelato sobre as posibilidades educativas que ofrece a UNED, a forma de acceso a esta universidade, o método de estudio, etc.  Aquí podemos acceder a información detallada sobre esta actividade.

 
A continuación as imaxes de ambas xornadas.