Tolerancia e Respecto

Un grupo de 8 alumnos de 2º Bacharelato interesados en facer Educación Social, Psicoloxía, Enfermería... prepararon unha charla de 45 minutos aproximadamente sobre o tema TOLERANCIA e RESPECTO. 

Os días 13 e 27 de abril, martes, na hora de Titoría e divididos en grupos de 2, impartiron a charla nos 4 grupos de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bach.

DÍA DO LIBRO 2021

Ao longo do último ano, cando a maioría dos países viviron períodos de confinamento e a xente tivo que limitar o tempo que pasaba ao aire libre, os libros convertéronse en poderosas ferramentas para combater o illamento, para reforzar lazos entre persoas, para expandir os nosos horizontes, ao tempo que estimulaban as nosas mentes e a nosa creatividade. 

 

Durante o mes de Abril e durante todo o ano, é vital celebrar a importancia da lectura, fomentar o crecemento como lectores dos nosos nenos e nenas, promover entre o alumnado o amor pola lectura.  Non hai mellor vacina para as nosas mentes que a lectura dun bo libro.

Actividades do día do libro 2021:

https://laboresvarios.blogspot.com/2021/04/dia-do-libro-2021-i.html

https://laboresvarios.blogspot.com/2021/04/dia-do-libro-2021-ii.html

 

A Orixe do Día do Libro remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Tamén nun 23 de abril naceron – ou morreron – outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural.  No noso centro temos esta exposición para conmemorar o día.

Saint Patrick's Day

Dezasete de marzo de 2021: no instituto celebramos o día de San Patricio, patrón de Irlanda. Os rapaces e rapazas vestiron de verde ou trouxeron un trébol da sorte como di a tradición, pero adémais deixaron plasmadas as súas mensaxes expresando os motivos polos que se sinten afortunados. “May your day be touched with a bit of Irish luck, brightened by a song in your heart and warmed with smiles by the people you love” Happy St. Patrick’s day!!

                             

Outras imaxes

FACEMOS AS MALETAS

Os días 9 e 12 de marzo realizamos a actividade "FACEMOS AS MALETAS! ", organizada polo departamento de Xeografía e Historia para 1⁰ da ESO.
Un percorrido guiado interactivo polo castro de San Cibrao de Las no que foi Montse a especialista encargada de explicarlles detalladamente a "cidá" a vista de paxaro, por medio de videos realizados con drones, así como a demostración de como facían lume cunha técnica castrexa e, incluso mostrou unha réplica da ara votiva que da nome á citania de San Cibrao de Las.
Foi Unha actividade moi interesante e proveitosa para o alumnado de 1⁰ da ESO xa que estamos estudiando nestes intres a cultura castrexa de Galicia.

Outras fotos da actividade:  ligazón

Masterclass Virtual de Física de Partículas

Participación na Masterclass virtual de Física de Partículas.

Setenta estudantes do último curso de bacharelato de 28 centros de Galicia participaron o 11 de marzo de 2021 na Masterclass virtual “Física de Partículas coas mans” organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), en colaboración coa Sociedade Europea de Física, o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) e Fermilab (Laboratorio Nacional Fermi), e promovida polo Grupo Internacional de Divulgación de Física de Partículas (IPPOG). Cabe destacar que a participación feminina foi dun 47%.

 En representación do IES Ferro Couselo participaron Rebeca Baliña Rodríguez e Sara González Vázquez. Debido á situación sanitaria, esta edición levouse a cabo dende o centro educativo.

Tras a benvida do director do IGFAE, Carlos Salgado, a clase maxistral consistiu nunha introdución á Física de Partículas por parte do director executivo asociado e investigador do IGFAE, Néstor Armesto, e nunha charla sobre detectores de partículas  a cargo do investigador predoutoral Marcos Romero. A continuación tivo lugar unha sesión práctica por ordenador na que se identificaron eventos ‒colisións de partículas subatómicas‒ empregando datos reais do experimento CMS do Gran Colisionador de Hadróns (LHC) do CERN.

 Pola tarde, os estudantes puxeron en común os resultados do exercicio práctico e conectáronse por videoconferencia co CERN para discutilos con outros centros europeos que organizan simultaneamente unha xornada idéntica.

Imaxe: Selección de participantes e membros da organización durante a benvida á masterclass. Crédito: IGFAE

 

 

8 de Marzo: Día Internacional da Muller

O 8M celebramos o Día Internacional da Muller para reivindicar os nosos dereitos.

Esta é a nosa homenaxe a todas aquelas mulleres, forza do pobo, que loitan no día a día contra a vida.

Mulleres valentes que buscan un futuro e o seu lugar na Historia.

https://youtu.be/NhqReVRRzLM

Preme na seguinte ligazón para ver mais imaxes das distintas actividades levadas a cabo no centro para conmemorar esta data do 8 de marzo:  ligazón

Somos un pobo de mulleres:  

Velaquí algunhas das mulleres das nosas vidas.

 Mulleres do pasado e do presente que nos axudan a conquistar o futuro.

https://youtu.be/AH37EpaUtUs

 

PROCESO DE RESERVA E ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-2022

Nos arquivos adxuntos se inclúe información sobre os procesos de reserva e admisión para o vindeiro curso 2021-2022.  Todo o alumnado que formalizou a solicitude de praza no período de reserva do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro está admitido. Non hai vacantes en ningún curso.

CALENDARIO DE ADMISIÓN 2021-2022

SOLICITUDE DE ADMISIÓN 2021-2022

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

PREPARANDO O ENTROIDO

Durante as semanas previas á celebración do entroido no instituto, o profesorado participante nas actividades ensaiou distintas coreografías para que todo saíse perfecto. Nestes vídeos podedes ver o resultado deses ensaios.

https://youtu.be/qEke6VSjTm0

https://youtu.be/2tyEL5s8-NM

https://youtu.be/q0nXxk8ftZU

FESTIVAL ENTROIDO 2021

Este ano celebrouse un Festival de ENTROIDO (tempos covid-19) no IES Xesús Ferro Couselo.  O alumnado, seguindo a normativa sanitaria, tiña que vir disfrazado de casa e baixou por quendas ao polideportivo, cumprindo en todo momento a normativa COVID-19 do centro educativo.  O departamento de Educación Física, en colaboración co profesorado pertencente ao Plan Proxecta Escola Verde, organizou un concurso de comparsas nas que o alumnado podía participar de maneira individual ou colectiva co obxectivo de conseguir a mellor clasificación posible entre todas as representacións, e así gañar puntos para o concurso anual “Aula verde “ que se está levando a cabo neste curso.   Un xurado composto por profesorado, pais e nais será o encargado de facer a votación por correo electrónico despois de ver os vídeos gravados de cada unha das coreografías e representacións.   Na valoración de cada grupo se terán en conta os seguintes aspectos: posta en escena, creatividade e orixinalidade dos disfraces, esforzo invertido, uso do galego na representación e reutilización de materiais para a confección do disfrace.     No Concurso participaron un total de 16 comparsas e a festa estivo garantizada.

      COMPARSAS QUE PARTICIPAN NO CONCURSO           

COMPARSAS FORA DE CONCURSO           

1º ESO A : CIRCO JR

https://youtu.be/FGnpzFts5Ew

1º ESO B : BOY FRIEND

https://youtu.be/T5y6VJ9B96g

1º ESO B : EL CONGO

https://youtu.be/xrNM4GVlx8A

 

1º ESO C : LOS FLOW BACANO

https://youtu.be/Jtr-K6RW2GQ

 

2º ESO A : SOY UNA TAZA

https://youtu.be/oV-snOuaKTA

2º ESO B: GT

https://youtu.be/DLcGcvBxqKA

2º ESO B: LOS ESPAÑOLES

https://youtu.be/QLTt835BYEc

2º ESO C: LOS MANUEL ENRIQUE

https://youtu.be/Kvsv4zSThg8

2º ESO C: M&M

https://youtu.be/lbxEIjkhuJY

2º ESO D : BOXEO

https://youtu.be/DbU-Qmvq_ns

3º ESO A : A BAILAR!

https://youtu.be/FipEK3TwLgU

3º ESO B : ROCKOLA

https://youtu.be/uGG06K6M5ao

3º ESO C : OS BERTOLOS

https://youtu.be/-KOrA7XOnLA

3º ESO D : PAM

https://youtu.be/R_UTbTe2NeA

3º ESO D : Feel special ( TWICE)

https://youtu.be/RN4Em5iKq5k

4º ESO B : DECONSÉ

https://youtu.be/Phx-fl1Q2c4

 

           1º ESO A : MALABARES

https://youtu.be/Fy_fZ404wFU

3º ESO C : OS BERTOLOS  (con profesores)  https://youtu.be/tdrOFnSxUGg

PROFESORADO AMONG US

https://youtu.be/lpLAfUJmlnc

PROFESORADO AMONG US(2)

https://youtu.be/tdO0tK-SXhA

PROFESORADO AMONG US RECREO

https://youtu.be/wyu-i0RAYYE

 

entroido

 

MOITAS GRAZAS a todo o profesorado polo seu compromiso e implicación e destacar a boa participación e o EXCELENTE comportamento do alumnado ao longo de toda a xornada.

 

 

 

ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS DO 11 DE FEBREIRO (DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA)

                                                     cartel                  11

O departamento de Ciencias do IES Xesús Ferro Couselo, únese á iniciativa 11 de febrero. Iniciativa lanzada por un grupo de investigadoras e comunicadoras científicas co obxectivo de ofrecer ás nosas adolescentes espellos nos que verse reflectidas de maneira profesional, fuxindo dos esperiotipos que asocian as ciencias ao xénero masculino.

As actividades consistiron en :

  • Elaboración por parte do alumnado da ESO de pósters sobre astrónomas de distintos momentos históricos.

  • Catro video-charlas impartidas por mulleres de distintos campos da ciencias, visibilizando así a súa labor e resaltando a importancia do sexo femenino na ciencia. Participa o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO e alumnado das materias de Bioloxía e Xeoloxía, Anatomía aplicada e Cultura Científica de 1º de bacharelato.

 A temática variou, dende a microbioloxía, os virus, cancro, ata as matemáticas e a física:

  • Venres 5 de febrero: Microbioloxía e resistencia a antibióticos. Impartida por as profesoras Julia Carballo Rodríguez e Mª José Pérez Álvarez, da Facultade de Ciencias no Campus de Ourense, da Universidade de Vigo.

  • Luns 8 de febreiro:  Virus e Cancro.  Impartida pola investigadora do Centro de Investigación en Medicina Molecular y Enfermedades Crónicas (CIMUS) Carmen Rivas, membro da Asociación Española de Investigación sobre el Cáncer.

 

Dentro da iniciativa RECOÑÉCEAS, la ciencias es femenina:

  • Martes 9 de febreiro: Matemáticas aplicadas a la vida diaria. Impartida por Victoria Otero, catedrática de matemáticas e experta en matemáticas aplicadas ao son.

  • Mércores 10 de febrero: Agujeros negros. Impartida por Isabel Suárez. Grado en Física e maestría en física nuclear pola USC.CIENCIA EN FEMININO

 

ENLACE A ISSUU: https://issuu.com/ferrocouselo/docs/resumo_actividades_11f

As actividades cérranse o xoves 11 de Febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, cun photocall realizado no departamento de ciencias en colaboración coa profesora Ana Mª López Cruz. Na sesión de fotografías participan tanto alumnado como o profesorado, retratándose como mulleres en distintas profesións do ámbito de ciencias.

Photocall na entrada do instituto:  preme no enlace para ver mais imaxes. https://photos.app.goo.gl/inxbCdgJJuDAsMmz9

 

Distribuir contido