COMUNICACIÓN IMPORTANTE

No seguinte comunicado, informamos a todas as familias das modificacións dos servizos complementarios de comedor e transporte, e do horario definitivo do centro para o curso 2020-2021.

Ligazón

Horario do centro

INFORMACIÓN

Protocolo COVID-19  e listas de alumnado por curso e grupo premendo na icona COVID-19

FONDO LIBROS 2020-2021

Información sobre  reparto de libros do fondo solidario para as persoas beneficiarias:

Publicadas as listas no taboleiro de entrada do Instituto  (14 de setembro 2020, 09:30 horas)

 

Artigo 13 bis. Publicación de actos

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade da listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario.

Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

LISTADO DE LIBROS PARA O CURSO 2020-2021

NOTA:  no listado de libros de 1º ESO, onde aparece unha referencia para o libro de Educación Física, debería poñer "Falar co profesor/a en setembro".  Non mercar ese libro.  Está descatalogado.

Preme no enlace para ver o listado.  Non acuda ao centro a solicitar a lista.  O centro non fai fotocopias.

Enlace

Actualizado 14 de xuño 2020

MATRÍCULA PARA O CURSO 2020-2021

 

Prazo ordinario de matrícula:  do 1 ao 10 de xullo.  Entrega de documentación no centro, de 9:00-14:00 horas

Seleccione o curso no que se vai matricular o alumno/a e siga as instrucións.  Lembre que non é preciso acudir ao centro a solicitar os impresos de matrícula. No instituto non se facilitan os formularios nin se poden facer fotocopias. Todo o necesario está nos seguintes enlaces:

Instrucións e impresos de matrícula para

1º ESO   impresos de matrícula     

2º ESO   impresos de matrícula  

3º ESO   impresos de matrícula     

4º ESO   impresos de matrícula   

1º BACHARELATO   impresos de matrícula      impreso de opcións de matrícula

2º BACHARELATO  impresos de matrícula      impreso de opcións de matrícula

 

Comedor escolar para alumnado de ESO

Procedemento de autodeclaración das tarifas pola utilización do comedor escolar.

De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 132/2013 as familias dos comensais admitidos provisionalmente ao comedor entregarán o modelo-impreso de autodeclaración de prezos públicos recollido no Anexo II, autodeclaracións que deberán ser entregadas nos centros cubertas en todos os seus extremos ata o 11/09/2020.

Impreso de autodeclaración

 

TRABALLO PARA O ALUMNADO. MEDIDAS EXTRAORDINARIAS COVID-19

Horarios 2º bacharelato: clases ABAU

TRABALLO PARA O ALUMNADO

MEDIDAS EXTRAORDINARIAS POLO CORONAVIRUS

Estimados pais, nais e alumnado. Nesta páxina poderedes atopar información sobre as distintas materias e as tarefas a realizar durante os vindeiros días. A información estará dispoñible a medida que o profesorado a inclúa no seu departamento. Incluímos enlaces directos aos mesmos para facilitar o acceso. Fai clic na materia para acceder as tarefas correspondentes ao teu curso.

O profesorado xa lle indicou ao seu alumnado o modo de comunicación directa con eles (e-mail, aula virtual e outros).

INGLÉS

PLÁSTICA

CIENCIAS

ECONOMÍA

FILOSOFÍA

FÍSICA QUÍMICA

RELIXIÓN

FRANCÉS

MATEMÁTICAS

MÚSICA

TECNOLOXÍA

XEOGRAFÍA HISTORIA

E. FÍSICA

LINGUA GALEGA

LENGUA ESPAÑOLA

LATÍN

 ORIENTACIÓN 

E-MAIL do IES FERRO COUSELO:  ies.ferro.couselo@edu.xunta.es

 Teféfono de atención por parte dun membro do equipo directivo:

988252000

Móvil: 662523554 / 692628585

Adaptación dos criterios de promoción e titulación curso 2019-2020

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO CURSO 2020-2021

Antes de continuar, lea a "INFORMACIÓN IMPORTANTE" nesta páxina. (Novo: 27 maio 2020)

Pola situación sanitaria actual, e para evitar a presencia innecesaria de persoas no centro, non acuda ao mesmo a buscar a solicitude. Utilice os enlaces que aquí se mostran. 

Se vai presentar a documentación persoalmente no propio centro, acuda ao mesmo só cando teña cuberta toda a documentación solicitada (ANEXOS debidamente cubertos, fotocopias requeridas, e calquera outra documentación)  O centro non fai fotocopias.

ORDE do 12 de maio de 2020 (DOG 96, 12 de maio 2020)       Plazo de presentación: 20/05/2020 - 19/06/2020

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Enlace á FONDOLIBROS

Enlace ao DOG

Enlace á sede electrónica

SOLICITUDE

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

No Día das Letras Galegas, Radio Ponte Sevilla inaugura este 17 de maio de 2020 as súas emisións cun programa dedicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor homenaxeado este ano. No día grande da lingua e da cultura galegas, desde o IES Ferro Couselo de Ourense queremos lembrar a figura e a obra do autor coa lectura de distintas mostras da súa produción literaria.  Dirixidos novamente pola profesora Ana, varios profesores e profesoras do instituto dan voz á obra de Carvalho Calero.

https://youtu.be/ogohEvCUOD8

AVISO. ADMISIÓN ALUMNADO

Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma dende o 11 de maio ata o 18 de maio.

O alumnado matriculado no centro e que continue sus estudos no mesmo, NON TEN que facer a solicitude. Quen ten que facer a solicitude?: alumnado que solicita plaza escolar por primera vez, alumnado que desea cambiar de centro e alumnado que quiere continuar estudios en un centro de adscripción cuando el número de plazas disponibles es inferior a la demanda. Toda a información está dispoñible nos documentos adxuntos.

Datas do procedemento de admisión e matrícula curso 2020-2021

Instrucións proceso de admisión maio 2020

Enlace Anexo II         Enlace anexo II bis

23 DE ABRIL DE 2020 DÍA DO LIBRO

O profesorado do Ferro conmemora o día do libro 2020 coa lectura compartida destes dous textos clásicos da literatura galega e castelá.  O texto de Rosalía de Castro e o texto de Calderón presentan as dúbidas e a tristeza dos seus protagonistas ante unha situación de illamento e incerteza.  Nas últimas semanas, todos estamos a vivir algo parecido.

Rosalía de Castro: Adiós ríos, adiós fontes.        https://youtu.be/viEjYe1d6EQ

Calderón de la Barca: La vida es sueño.             https://youtu.be/14FxJ2Hri8E

Distribuir contido