QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE 2021

KILÓMETROSlogo

Carreira Solidaria - Quilómetros de Solidariedade

O 28 de xaneiro de 2021, co gallo do Día Mundial da Paz, o noso alumnado traballou nunha unidade didáctica sobre a necesidade de ser solidarios cos iguais que viven en situacións máis desfavorecidas. Procurou patrocinadores solidarios e recaudou cartos para participar neste proxecto educativo, deportivo e solidario "pola supervivencia e o desenvolvemento. Xuntos corremos para loitar contra a neumonía e a desnutrición infantil", as doazóns serán ingrasadas na conta de Save the Children como axuda humanitaria para curar a neumonía infantil na República Democrática do Congo.

CARREIRA SOLIDARIA 2021  https://youtu.be/5JSZNz2t3WM

ÁLBUM DA CARREIRA  https://photos.app.goo.gl/MrFkkfW24PC8RUmt9

Parabéns a todo o alumnado pola súa participación.  Parabéns tamén ao profesorado do departamento de Educación Física que fixo posible esta carreira solidaria.

 

 

PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

Publicada no DOG  a Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato (ligazón á orde).

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e o 8 de febreiro.

 

 

 

DELF B1 / DELF B2. France Éducation International

Noraboa ao alumnado que superou as probas do DELF, nivel B1 e B2

 

Temos un 100% de aprobados

 

Parabéns ao Departamento de Francés polo seu traballo co alumnado

25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Unha sociedade futura na que non se teña que falar de violencia e desigualdades parte dunhas raíces sólidas baseadas na educación.   As nosas nenas e os nosos nenos medrarán nun tronco forte co apoio colectivo dos iguais, formando unha rede que ramificará, florecerá, fructificará e xermolará nesa sociedade de igualdade, tolerancia e respecto.

Este curso parte do claustro do instituto participa no Plan Proxecta Donas de Si. Unha das primeiras actividades que fixemos foi dar a coñecer o problema da violencia de xénero co gallo do día  25 de novembro. Elaboramos uns bonecos de tea cos que rodeamos unha das árbores do patio do instituto, que serviu de marco ou photocall coa intención de facer visible e representar a forza e o poder de todos os nenos e nenas na loita contra esta lacra social.

Podes ver mais fotos no enlace     https://photos.app.goo.gl/jNQP3zTQ3z378V3b8

Podes ver un video no enlace        https://youtu.be/dTK4_7MA50c

 

A violencia nas TIC

Distribución de máscaras entre o alumnado

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

enlace ao DOG

Artigo 6. Alumnado exento de presentar solicitude

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

Campaña Nadal 2020

Colaboración da Comunidade Educativa do IES Xesús Ferro Couselo con Protección Civil de Ourense

                                      Voluntariado de Ourense

      Protección Civil  

                  

Este ano 2020 e co lema POR UN NADAL FELIZ PARA TODOS 40 Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Ourense colaborarán co Banco De Alimentos De Ourense na campaña de recollida de alimentos.

 

 

O obxetivo fundamental da campaña é a de colaborar na axuda os máis desfavorecidos nun ano e unhas datas tan especiais marcadas pola situación sanitaria do COVID19.

                                                

Curtametraxe de terror

A pesar da situación condicionada pola pandemia, no instituto queremos compartir con toda a comunidade educativa a nosa celebración particular do Samaín 2020.

Gozade desta pequena curtametraxe de terror protagonizada polo profesorado do Ferro.

https://youtu.be/St1BLlrCmVc

 

COMUNICACIÓN IMPORTANTE

No seguinte comunicado, informamos a todas as familias das modificacións dos servizos complementarios de comedor e transporte, e do horario definitivo do centro para o curso 2020-2021.

Ligazón

Horario do centro

Distribuir contido