DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

No Día das Letras Galegas, Radio Ponte Sevilla inaugura este 17 de maio de 2020 as súas emisións cun programa dedicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor homenaxeado este ano. No día grande da lingua e da cultura galegas, desde o IES Ferro Couselo de Ourense queremos lembrar a figura e a obra do autor coa lectura de distintas mostras da súa produción literaria.  Dirixidos novamente pola profesora Ana, varios profesores e profesoras do instituto dan voz á obra de Carvalho Calero.

https://youtu.be/ogohEvCUOD8