Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Premios e traballos

Volta ás clases: 9 de xaneiro

09/01/2023 08:45
Europe/Madrid

Remate das vacacións escolares de Nadal

Volta ás clases

Luns, 9 de xaneiro de 2023

Únete aos retos do Camiño de Santiago. Aplicación STRAVA

 Este ano contamos no instituto cun proxecto centrado no Camiño de Santiago que ademais de buscar un achegamento cultural tamén propón un fomento de estilos de vida saudables a través de camiñadas, carreiras e saídas en bicicleta. 

  

EN QUE CONSISTE?

Lanzaranse 3 retos progresivos ao longo do curso baseados na consecución de distancias marcadas onde alumnos/as, profesores/as e familiares poderán tentar alcanzar estas metas, competindo a maiores por subiren ao pódium de cada reto.

1º RETO

Desde o 19 de decembro até o 19 de febreiro. Deberemos alcanzar unha distancia de 50km percorridos.

2º RETO

Desde o 20 de febreiro até o 10 de abril. Deberemos alcanzar unha distancia de 50km percorridos.

3º RETO

Desde o 11 de abril até o 18 de xuño. Deberemos alcanzar unha distancia de 70km percorridos.

Cómpre salientarmos que aínda que lográsemos alcanzar a distancia do reto antes da súa finalización, sempre podemos tentar aumentar a nosa quilometraxe e competir por ser os máis activos do IES Mugardos.

Estes 3 retos virán acompañados de información cultural achega do Camiño Inglés. Deste xeito descubriremos lugares descoñecidos a visitar durante este proceso.

 + INFORMACIÓN:
        Consulta a documentación e comeza o reto!!!

 

Recollida de alimentos non perecedeiros (Cáritas)

 

Campaña de recollida de alimentos non percedeiros

DATAS: do 5 ao 19 de decembro

LUGAR: mesas situadas na entrada do IES de Mugardos

 

 

Resultados das eleccións ao Consello Escolar (2022)

Estes son os resultados das eleccións ao Consello Escolar celebradas este martes, 29 de novembro.

PAIS, NAIS, TITORES LEGAIS
Candidaturas electas Rocío García Fontán
Suplentes

Eduardo Lorenzo Cabezón

 

ALUMNADO
Candidaturas electas Marta Casteleiro Rivera
Antía Martínez Romero
Suplentes

Alonso Amenedo Pérez

Íker Fernández Casal

Noemí Abeal Payo

Carolina García Hermida

Eneas Pérez Cruz

Óscar Pita Freire

Anxo Silvén Montes

 

PROFESORADO
Candidaturas electas Begoña Gómez Díaz
Micaela Rei Castro
Monse Arza Rodríguez
Suplentes

Juan José Guillín Fraga

Isabel Calvo Díaz

  

Poderanse presentar reclamacións por un prazo de quince días  perante o Xefe Territorial da Consellería de Educación.

 

 

Cadidaturas (Consello Escolar, 2022)

 

Profesorado

 

Alumnado

 

Familias

     

Taller de LETTERING (Biblioteca) - Mércores, 2.º recreo)

23/11/2022 15:44
Europe/Madrid

Campionato escolar de remoergómetro

Ao longo da mañá do martes, 8 de novembro, o pavillón do instituto acolleu o primeiro campionato de remo-ergómetro organizado polo Club do Mar para todos os centros educativos do concello de Mugardos. O alumnado participou por niveis educativos, desde terceiro de primaria ata cuarto de secundaria.

Asemade, estanse a disputar durante os recreos as probas dos Xogos Olímpicos.

Samaín 2022

Este ano é terrorífico: temos monstros nas catedrais, cabazas peregrinas, cemiterios de peregrinos e a visita da Santa Compaña 

    
 

Monstros nas catedrais                                        

O Camiño de Santiago conta con innumerables construccións románicas nas que escultura e pintura cumprían dúas funcións: decorar e instruir. Nun mundo cheo de analfabetos a imaxe cumpre un rol básico: é o xeito de transmitir as ensinanzas da Igrexa, indicando aos fieis cal é o camiño a seguir para acadar a salvación. Aos visitantes de igrexas e catedrais lembrábaselles con imaxes máis ou menos terroríficas a volta de Cristo á Terra e o xuizo que fará a vivos e mortos, os castigos reservados aos pecadores e os horrores do inferno 

  
 

Cabazas peregrinas 

As gañadoras do concurso foron Nuria D. e Mishelle C. Presentaron unhas cabazas que chegaron a Compostela despois de facer o camiño inglés máis dificultoso que ninguén poida imaxinar. Un camiño cheo de desgrazas e desventuras que deixaron a súa pegada nestas pobres cabazas.

 

 

Cemiterios de peregrinos

Na Idade Media o Camiño de Santiago era moi perigoso e moitos peregrinos morreron antes de chegar a Compostela. O alumnado de 3 ESO analiza eses perigos e sitúa no mapa antigos cemiterios nos que moitos peregrinos descansan para siempre.

 
 
Fonte: Lecturamos

VEREDICTO DO XURADO NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Parabéns a todos os participantes no I certame de fotografía científica no IES de Mugardos porque ao final a calidade do material presentado foi moi salientable. No arquivo que se achega atoparades o veredicto máis polo miúdo e tamén varias imaxes que cómpre salientar aínda que non puidesen conseguir o premio, pero que dun xeito ou outro lograron o obxectivo principal na fotografía, que é transmitir.

Non obstante aquí tedes os gañadores:

Alejandro Cartelle pola hipnotizante captura da irreversibilidade a través dun proceso de combustión, digno da mellores portadas do suplemento dominical.

 

E Sandra Romero polo traballo fotográfico feito nunha magnífica colección de instantáneas, entre as que salientamos este perigoso e perfecto traxe de xeo feito a medida para unha inocente planta:

 

 

FOTOGRAFÍA CIENTÍFICA

Desta volta entre o departamento de Física e Química e o de Plástica puxemos ao alumnado de 3ºESO a buscar coas súas cámaras un novo punto de vista sobre o que acontace ao noso arredor. A ciencia, a través das súas manifestacións cotiás, envolve todas as nosas accións e ás veces somos quen de captalas e inmortalizalas. Deixamos que sexades vos os que valoredes se acadaron este obxectivo ou non. Eu coido que sí. As dúas mellores fotografías terán un pequeno agasallo como recoñecemento á súa perspicacia científica ou calidade técnica. No arquivo que se xunta podedes velas todas en detalle.

Entroido, 2022

25/02/2022 10:45
25/02/2022 14:25
Europe/Madrid

2.º BAC - FuAX: Finanzas para mortais

16/02/2022 11:35
16/02/2022 13:00
Europe/Madrid
       

Alumnado de Fundamentos da Administración e Xestión (FuAX)

Mércores 9 e 16 de febreiro

11:35 - 13:00 horas

 Este programa ten por obxecto fomentar o emprendemento e a cultura financeira no sistema educativo como motores da innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Esta actuación está encadrada no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo Eduemprende.

 

Aula de Plástica

  

PING PONG LEAGUE (Recreos activos)

31/01/2022 00:00
26/03/2022 00:00
Europe/Madrid

PILABOT: Recicla con enerxia!!!

26/01/2022 00:00
15/03/2022 00:00
Europe/Madrid

O noso centro participa na terceira edición do concurso de recollida de pilas e acumuladores portátiles. 

Cada alumno/a ten dereito a unha pequena caixa de cartón na que poderán traer as pilas. Na entrada do instituto temos un bidón sinalizado para baleirar o material que traian da casa. 

Máis información en https://pilabot.gal/

 

Scape Room

21/12/2021 10:45
21/12/2021 14:20
Europe/Madrid

QUÍMICA NA COCIÑA NO IES de MUGARDOS

O martes 23 de Novembro retomamos os bos costumes prepandémicos e levamos a cabo (coas medidas de aireación e máscara obrigadas) unha actividade colectiva co alumnado de 3ºESO. Tratábase de elaborar uns biscoitos...pero dita elaboración implicaba un traballo previo de busca bibliográfica de receitas e orzamentos do material e ingredientes necesarios. O traballo do martes consistiu en elaborar a mestura que debía encher os moldes axeitados, que despois moi amablemente a panadería do concello Os Corzás lle deu a temperatura correcta nos seus fornos para obter uns produtos socialmente aproveitables, que vós mesmos podedes comprobar nas imaxes que acompañan a este reseña.

 

 

 

 

 

O Traballo de grupo foi moi bo, organizado e eficaz

 

 

 

 

 

E claro ao final todos contentos polo resultado...que hoxe foi valorado tanto en estética (presentación) como en sabor por parte de representantes de alumnos e profesores. Porque ao final isto contaba para nota ;-) 

 

Ruta cicloturista (4.º ESO)

 

    

 O pasado venres 26 de marzo, o grupo de 4º ESO B realizou unha ruta en bicicleta pola contorna, coa idea de percorrer as paraxes máis vistosas que temos a carón de nós. O percorrido polo Faro, o Castelo da Palma, O Mirador da Bailadora e Roibeiras deulles aos rapaces participantes a oportunidade de poñer a proba tanto as súas habilidades coma a súa resistencia, xa que houbo para todos.

 Tivemos a grande sorte de vernos acompañados dunhas boas raiolas de sol e da tranquilidade da mañá. A natureza consigue moitas veces o que os docentes non acadamos entre catro paredes, que é devolverlles a tranquilidade! Voltamos felices.

Entroido

Como non podía ser doutra maneira neste Entroido tiñamos que traballar, si ou si, sobre as máscaras. Máscaras tribais, máscaras do Entroido, máscaras funerarias, máscaras teatrais, máscaras da Peste Negra, máscaras venecianas, máscaras no cinema. 
Sobre todas elas traballou o alumnado de todos os niveis facendo unha investigación que se plasmou nestas máscaras, e que deixa moi claro o potencial artístico que hai neste centro. Todas estas máscaras optan a premio, nas distintas categorías, no Concurso convocado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística.

+info: Lecturamos

Carta abierta a mi alumnado

Entrega de premios dos campionatos de fútbol e xincana

Xincana
do magosto
   

Fútbol sala
feminino

   

Fútbol sala
masculino

Programa radiofónico "Convivir en Igualdade" (Radio Galega)

http://www.crtvg.es/podcast_rg/0086/0086_20161222010000.mp3
A partir do minuto 6

Sesión radiofónica gravada no instituto o 13 de decembro e emitido no programa "Convivir en Igualdade do día 22 de decembro para dar a coñecer o Proxecto Deportivo de Centro. Contou coa participación de gran parte da comunidade educativa, entidades deportivas e municipais. Unha hora estupenda de radio para compartir.

Distribuir contido